
Topónimos que tein el sou orixe en nomes de persoa (antropónimos) ou derivados delos. Entre os antropónimos que dan lugar a topónimos pode diferenciarse entre:
-Epónimos ou termos de lugares procedentes dun antropónimo.
-Haxiónimos, topónimos que tein relación cos nomes dos santos.
-Teónimos, topónimos referidos aos nomes dos deuses.


Grupo de persoas dun mesmo orixen xeográfico, da mesma etnia ou relixión que se instalan nun lugar distinto al sou orixinario por motivos de diversa índole. Colonización é tamén un término empleado pola bioxeografía para describir a relación de población ou ocupación dun espacio por parte dun grupo de seres vivos, que poden ser tanto animales como plantas ou microorganismos, que pasan a poblar un lugar nel cual antes non se topaban (vid. COLONIA). A colonización, en historia, se refiere a todo aquel feito ou proceso histórico nel cual un Estado extranxeiro, polo xeneral úa potencia económica e militar que chamaremos metrópoli, ocupa un territorio alleo, que chamaremos colonia, alonxado das súas fronteiras coa finalidá de explotar os seus recursos económicos e dominalo política, militar e culturalmente. Como tal, a colonización pode ferse de maneira violenta, condo implica el sometimento pola forza da población local, ou pacífica, condo os habitantes non opoin resistencia algúa ou condo non existen, en efecto, habitantes na zona.


Conxunto limitado de elementos relativos a úa mesma materia, que se elixen pra realizar un estudio e serven de base pra úa investigación ou traballo.

Relacionado ou relativo á demografía, estudio estadístico das poblaciois humanas, el sou estado e distribución nun momento determinado ou a súa evolución histórica. Tasa da población humana núa rexión ou país determinados.
DESENVOLVEMENTO: crecemento, expansión. É sinónimo de evolución e relaciónase coel proceso de cambio e crecemento dúa situación, individuo ou obxeto determinado. Al falar de desenvolvemento podemos referirnos a diferentes aspectos: al desenvolvemento humano, económico, ou sostible. EL DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE é un concepto que nace nel século XX como alternativa al concepto de desenvolvemento habitual, facendo énfase na reconciliación entre el bienestar económico, os recursos naturales e a sociedá, non comprometendo a posibilidá de vida nel planeta, nin a calidá de vida da especie humana. A súa definición formalizouse por primeira vez nel documento conocido como Informe Brundtland, elaborado en 1987 por úa comisión de distintas naciois encabezada pola doctora Gro Harlem Brundtland, daquela primeira ministra de Noruega. Nese informe defínese o desevolvemento sostible como aquel que satisfai as necesidás del presente sin comprometer as necesidás das futuras xeneraciois.
Rama da lingüística que se encarga del estudio das variedades dialectales. Todas as variantes xeográficas ou diatópicas dúa lingua son úa riqueza que debemos conservar e, inda que non se recollan na escrita ou na variedade culta porque sería imposible recollelas todas, hai que recuperalas e mantelas na lingua falada. Daquén debe falar de acordo coas características da súa zona e estar orgulloso-a delas, pero debe tenderse a ter úa norma Estándar, común (prá lingua escrita, prá educación, nos medios de comunicación), porque a normativización axuda á normalización.
Que divulgan, divulgadores, que publican, extenden e poin al alcance del público algo.
Del lat. ELENCHUS, e este del grego ἔλεγχος, ten as seguintes acepciois:
1. Catálogo, índice, relación, argumento.
2. Lista ordenada que rexistra todos os elementos dun conxunto.
3. Conxunto de actores que constitúen úa compañía teatral ou que actúan núa obra.
4. Conxunto de persoas destacadas que traballan núa misma tarefa ou constitúen un grupo ou equipo.
El término Estándar ten el sou orixen etimolóxico nel vocablo inglés "standard". El concepto úsase para nomar aquello que pode tomarse como referencia, patrón ou modelo. El Estándar lingüístico é a variedá máis difundida e entendida por todos os falantes dúa lingua e é a forma usada na educación, nos usos oficiales, na lingua escrita e nos medios de comunicación. El Estándar permite cohesionar el territorio porque normativizar é normalizar. A variedá Estándar debe ser conocida, compartida e aceptada pola comunidá lingüística para cumplir os seus cometidos, xa que el sou obxetivo é convertirse núa variedá superadora da diversidá, úa lingua común utilitaria.

A palabra estigmatizar provén del grego e está relacionada coa palabra latina STIGMA, “picadura, marca con ferro candente”. Por extensión significa quitar valor ou mérito a úa persoa. SIN. Afrentado, infamado, demonizado.

En lingüística, denomínase Etimoloxía popular al método pseudocientífico de explicar as oríxes das palabras que se basa fundamentalmente en crencias e tradiciois populares, utilizando as similitudes con voces parecidas ou homófonas e así tratando de buscar as relaciois entre os sous significados. El Diccionario de la lengua española da Real Academia Española da a seguinte definición: Interpretación espontánea que se da vulgarmente a úa palabra relacionándoa con outra de distinta orixe. A toponimia é tal vez úa das ramas del saber que máis se da para a inventiva e é frecuente toparnos con multitud de lendas, historias e contos que enlazan tal ou cuál topónimo a úa orise mui allonxada da realidá, inda que a veces, as historias toponímicas tein parte de razón...
Delito de incautación del patrimonio histórico, arqueolóxico e artístico. Apropiación de algo que pertenece a outra persoa, de forma violenta ou inxusta.


Relacionado coa filoloxía. Etimolóxicamente, a palabra filoloxía é de orixen grega, composta polo sufixo “philos” que significa “amor”, e “logos”, “palabra”. É el termo xeneral que designa el estudio das linguas naturales (as que están basadas nun sistema de signos sonoros, e algúas tamén en signos xestuales) e contraponse ás linguas planificadas ou construidas (como el esperanto). Abarca tanto á Ciencia del Lenguaxe ou Lingüística (Lingüística histórica, Lingüística teórico-descriptiva e Lingüística aplicada), como á Ciencia da literatura (Historia da literatura, Teoría da literatura e Crítica literaria)

El Fonosimbolismo é a evocación de sensacións non auditivas a través da expresividade dos fonemas. Conséguese por medio das aliteraciois, é dicir, polas repeticiois intencionales de sons vocálicos ou consonánticos. Hai distintos tipos de Fonosimbolismo:
1. Visual: Se aliterarmos ou repetidos as vocais O e U, estos dous fonemas posteriores ou velares achégannos á sensación de escuridade, al medo e aos elementos nocturnos (“O lobo/ os ollos/ o lombo do lobo/ Baixa o lobo polo ollo do bosco…”). Pola contra, se repetimos as vocais A e E, estas vogais central e palatal transmiten un efecto de brancura e claridade (“Mañás de xeada!/ despertar co día á ventana”).
2. Táctil: Se repetimos o fonema vocálico anterior ou palatal I, percibimos a sensación de algo picudo, puntiagudo, que pincha (“No bicarelo do bico do brelo/ canta o paxariño/ no mesmiño bicarelo do bico do brelo”).
3. Cinético ou de movemento: Prodúcese al aliterar un fonema consonántico comoel N e a sensación é de movemento. (“Como quen anaina un neno”).
Refírese al territorio de fala galega. Estados galegófonos ou lusófonos son hoxe Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor Leste; as rexións máis significativas son Goa, na India, e Macau, na China. A Galegofonía abrangue, así, 4 continentes. Dentro de España, son territorios galegófonos: Galicia, e el occidente de Asturias, de León, de Zamora e el Val das Ellas en Cáceres.
El cabalo salvaxe de monte, tamén conocido como garrano (Equus ferus atlanticus), é un animal ancestral que soporta os rigores del inverno gracias a úa espesa pelaxe. É máis baxo, con extremidades máis cortas. Inda hai manadas nel Norte de Portugal, zonas de Pontevedra, A Coruña e Lugo, e nel extremo occidental de Asturias. Presentan rasgos peculiares que comparten con outros cabalos del noroeste de Europa, os chamados “ponis celtas”.




As linguas que se falan núa gran parte de Europa pertenecen a un tronco común, á familia lingüística chamada “indoeuropea”, que se extende tamén por el norte da India, Pakistán e Asia Central. As tres linguas indoeuropeas máis antigas que se conocen son el grego micénico, el hitita -no que hoi é Turquía- e el sánscrito -del norte da India-.
Algús lingüistas reconocen as seguintes ramas indoeuropeas: albanesa, anatolia, armenia, báltica, céltica, xermánica, grega, índica, irania, itálica (de onde derivou el latín, madre das linguas romances -catalán, francés, galego, italiano, portugués, rumano, sardo…-).





Glotónimo en galego, usado en Ibias pra referirse á fraga de Muniellos.


El Neofalantismo é un movemento social de persoas que adoptan úa práctica consciente de defensa e activismo a favor das linguas minorizadas, mediante el sou uso, a súa reivindicación e a súa dignificación. Nel dase úa condición especial: o desprazamento da lingua materna por úa lingua aprendida na socialización e que ten polo xeral un menor prestixio social e úa situación Sociolingüística regresiva.
A normalización dúa lingua é un proceso dinámico gradual de carácter sociocultural nel que esa lingua tá núa situación non desexada de partida e chega a adquirir úa situación de plenitude que é percibida como natural. Este proceso comprende dúas fases: a normativización e a extensión social. A normativización é un proceso de establecemento de normas lingüísticas que ten por obxecto fer de úa lingua un instrumento axeitado para a comunicación. Pra conseguir a normativización debe contarse (ou crearse) con úa ortografía, úa gramática normativa e un dicionario normativo. Esta tarea tará a cargo de especialistas, normalmente congregados núa academia ou institución semellante. Por extensión social entendemos a posta en marcha, realizada polos poderes políticos, dun proceso sociocultural coa finalidá de restablecer el uso social, en todos os ámbitos e contextos, del idioma amenazado.
Del gr. τόπος tópos 'lugar' e -ωνυμία -ōnymía, der. de ὄνομα ónoma 'nome'.
1. f. Conxunto dos nomes propios de lugar dun país ou de úa rexión.
2. f. Ling. Rama da onomástica que estudia el orixe dos nomes propios de lugar, así como el significado dos sous étimos.
Que sirve de paradigma e pode presentarse como exemplo ou modelo. El paradigma é úa imaxen, úa visión, un esquema, úa perspectiva dun momento determinado. As grandes revoluciois tein roto os paradigmas das súas épocas, obligándonos a pensar dúa maneira diferente sobre aquello que asta ese momento pensábamos como resolto e comprendido.
Polo xeneral, trátase de participios que sufren úa merma ou recorte nel morfema e dan lugar a novos adxectivos.
El concepto de Patrimonio cultural designa a herencia, material ou inmaterial, recibida por úa comunidá dada, pra ser disfrutada e protexida por as xeneraciois presentes e tamén pra ser transmitida, á súa vez, ás xeneraciois que virán.



Un Poema (del latín POĒMA, e este del grego ποίημα, «creación») é úa obra pertencente al XÉNERO LÍRICO OU POÉTICO, tradicionalmente de certa extensión, xeralmente en verso, teña ou non os recursos poéticos clásicos da métrica, ritmo e rima. Tamén hai poemas en prosa (prosa poética). Un Poema longo pode dividirse en cantos, e un breve en estrofas. Un conxunto de poemas é un poemario (libro de poemas ou recompilación de poemas). Poden agruparse en antoloxías e poden ferse competencias de poemas (xogos florales). A súa característica máis definitoria é que os poemas solen expresar os sentimientos del autor e empréganse nelos os chamados recursos literarios (fónicos, morfosintácticos e léxicos: aliteraciois, anáforas, metáforas…).



El término Sociolingüística aparece por primeira vez en 1952 nel título dun traballo de H. C. Currie, filósofo americano, e comenza realmente a adquirir importancia cos traballos de William Labov na década de 1960. Estudia a lingua en relación coa sociedá e el sou obxetivo de análise é a influencia que tein núa lingua os factores derivados das diversas situaciois de uso, tales como a edá, el sexo, el orixen étnico, a clase social, el tipo de educación recibida polos interlocutores e a relación que hai entre ellos ou el tempo e lugar en que se produce a comunicación lingüística.

Son sufixos que crean sustantivos que definen conxuntos completos: -ería, -erío: librería; -ario: acuario; -eda: arboleda; -ada: bandada; -ado: alumnado.
Proceso sociolingüístico que dura varias xeneraciois, mediante el cual se abandona a lingua A (lingua materna, considerada polo xeral de menor prestixio) en favor da lingua B (a outra lingua, considerada de maior prestixio). El proceso de Sustitución lingüística caracterízase por el abandono interxeneracional de úa lingua en favor de outra.


Mamífero carnívoro plantígrado da familia dos úrsidos, de gran tamaño, pelo abundante e mesto, orellas cortas e focín largo, del que existen varias especies. É un animal totémico, dos máis antiguos, en muitas mitoloxías: na celta, na inuit, na viquinga, en Grecia e Roma...



Na tradición dialectolóxica hispánica, considéranse dominios lingüísticos románicos os seguintes:
- El dominio lingüístico galego-portugués.
- El dominio lingüístico asturleonés.
- El dominio lingüístico castellano.
- El dominio lingüístico aragonés.
- El dominio lingüístico catalán.

As linguas son ventás a través das cuales os humanos poin el universo en palabras.