As nosas Estaxas
Fomento da lectura
Axuntar asumiu, dende el primeiro día da súa constitución, el fomento da lectura nel medio rural como úa iniciativa fundamental, non solo polo sou poder emancipador sinón tamén polo súa importancia de cara a preservar el Patrimonio cultural, a súa importancia na creación de redes de solidaridá comunitaria e a educación nos valores da libertá -como garantía da democracia- e da lluita contra os prexuicios.
Os dous proxectos fundamentales nos que traballamos son a constitución dúa Biblioteca Circulante de Axuntar e un programa de Intercambio de libros (“Bookcrossing “) en espacios escollidos del territorio de cada Concello.
Participa liberando libros e colaborando con Axuntar.
Toponimia
Os nossos antepasados quixeron puer un nome a cada pizca de terra porque así identificaban el sou territorio.
Un dos aspectos máis importantes da toponimia é a cantidá de información que guarda, desde qué tipo de vida levaban os nosos antergos, cómo vivían, en qué crían, el sou mundo espiritual, el sou tipo de organización social, a súa relación coa naturaleza, etc.
A toponimia forma parte dos elements culturales e de lo que a UNESCO chama Patrimonio inmaterial.
Cuidemos os nossos topónimos!
Bitácora. Teis algo que contar?
Faite suscriptor e participa das Estaxas e debates que, en exclusiva, femos dentro dun entorno que permite traballar en común, crear grupos de interés, enviar mensaxes públicas -ou privadas- e compartir información
A ese espacio chamámoslle Faladoiro, e ten el propósito de ser úa Polavila/polavilla permanente na rede.
Desas conversaciois saldrán os temas da Bitácora de Axuntar, unde iremos publicando todas as novas. Navega con nosoutros e axuda pra que medren a cultura e el rigor científico.
Patrimonio
Desde Axuntar queremos un Eo-Navia con desenvolvemento del sou Patrimonio cultural e aplicando criterios da economía sostible con respecto al patrimonio natural.
Traballaremos en concienciar da importancia dese patrimonio como valor de futuro e progreso.
Axuntar é cousa de todos/as
Publicamos el informes divulgativo I e el informe divulgativo II, organizamos charlas e debates, traballamos pra fomentar a lectura, protexer a toponimia que mostra e educa sobre as nosas orixes, procuramos fer del galego que falamos en Asturias un Patrimonio inmaterial significativo e un dereto lingüístico respectado.
Decisiois recentes del Ministerio de Cultura, del Congreso dos Deputados ou del Consello de Europa avalan os deretos das llinguas rexionales e minoritarias sen que as fronteiras administrativas supoñan ningún problema.
Consideramos que é necesario avanzar en consonancia coas regulaciois legales e tratados vigentes que regulan os idiomas minorizados en toda Europa, cuidar da riqueza del noso territorio evitando que se desenreice el noso xeito de ser nun mundo globalizado que sólo busca nas nosas montañas e ríos materias primas que extraer.
Non queremos ser un territorios sen masa social que poda protestar frente al Expolio e a aculturación. Somos muitos/as, mais dos que pensamos e aproveitando as redes sociales poderemos ter voz, us desde as máis pequenas aldeas, outros/as a muitos kilómetros de distancia.
Cuidar de lo noso é imprescindible. Por eso Axuntar é úa ferramenta necesaria núa Asturias que non atende como é debido al Eo-Navia nin el galego que falamos. Axúntate!