Palabra de xuño: estalón/estallón

Fotografía de Begoña Martín

-Nel DICIONARIO DE VARELA AENLLE aparecen estos datos:

Planta herbácea bienal da familia das escrofulariáceas, de sesenta a cen centímetros de altura, con flores en forma de dedal de color púrpura (Digitalis purpurea). (pl. estalois/estallois, estoupois). Planta herbácea perenne, da familia das cariofiláceas, duns noventa centímetros de altura, coas follas elípticas ou lanceoladas, con flores brancas con cáliz moi inflado e froito en cápsula (Silene vulgaris). En Boal, Villallón, Eilao, Santalla de Ozcos recibe tamén el nome de calzois de (l) cuco. E en Boal tamén se chama calzón de cuquello.

Outros sinónimos son: balloco, baloco (Coaña, Boal, El Franco), estoupón (Tapia, Ibias, Villallón, Eilao, Santalla de Ozcos), tarrelo (Eilao).

-Nel DICIONARIO DA RAG denomínase estraloque. SINÓNIMOS: abeluriabalocoborletacroquededaleiraestalotemilicroquesanxoán, dixital.

E aparece definida así: substantivo masculino (Digitalis purpurea). Planta silvestre da familia das escrofulariáceas, de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata trinta centímetros de alto con numerosas flores con forma de alferga, coa corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello. Polo san Xoán hai moitos estraloques.

ETIMOLOXÍA:

El nome de Digitalis purpurea débese á forma e color das flores. El nome xenérico de Digitalis provén del latín DIGITUS, “dedo”, e PURPUREA, que significa “lila” ou “purpúrea”.

USOS MEDICINALES:

A flor dos estalois —cuxa forma, similar a un dedal, deu lugar al sou nome— e as súas follas contein úa poderosa toxina, a dixitalina, que afecta el funcionamento cardíaco. El sou principio activo foi empleado como medicación prá arritmia e outras deficiencias cardíacas desde finales del s. XVIII.

FRASES FEITAS:

Fervendo estoupois, “estar de mal humor”.

UN Poema:

Canto das visitadoras de flores

Chegaron os estoupois
polos socalcos de Ibias,
por Grandas... Os Gargalois...
Dedaleiras da alborada,
carapuchos de abellois,
milicroques, estraloques,
abelurias... mil pendois!
Ilusionados os montes,
alegres os corazois.
El autor desta preciosa poesía é Xoán Babarro, del sou libro de poemas inédito Un paxarín de papo amarelo, que podedes ler enteiro noutra entrada da nosa web (Un libro de versos pra nenas e nenos).

Grafitti nel Parque novo da Caridá feito por el Colectivo Chinelas.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *