Quique Roxíos, poeta e dinamizador cultural del Eo-Navia, orixinario de Boal, leu este ano el pregón da Feira del libro de Ribadeo., “Letras no campo”.
El pregón é un canto ás portas que abren a cultura e os libros e sitúa a Ribadeo como lugar de encontro, como un campo nel que se seman as letras. Nel fai un repaso por as súas vivencias, os sous encontros literarios e califica estas LETRAS NO CAMPO como “úa ventá aberta al mundo, úa ponte que une, un campo de cultivo, un faro que invita a entrar nun porto protexido del que partir con certezas e con ilusión”.
Vamos xa coel pregón completo, lido por Anxo de Madanela xa que este ano Quique non pudo acudir persoalmente:
Búas tardes a todos e todas, gracias por estar aquí e benvidos. Quero dar as gracias al Concello de Ribadeo, á súa corporación, al sou alcalde, Daniel Vega e á concelleira de Cultura Begoña Sanjurjo. Tamén aos funcionarios que me atenderon, especialmente a Neves Paz e al equipo que organiza estas Letras no Campo. Gracias a todos/as os que tades aquí e a todos e todas os que lo fain posible.
A min concedéronme a honra de ser el encargado de ler el pregón que abre as Letras no Campo deste ano 2024. É a primeira vez vou ter el previlexio de fer algo que implica tanta responsabilidade e espero estar á altura del honor recibido.
A relevancia cultural de Ribadeo non ten duda e pode verse reflexada en varios exemplos que destacan esta vila como lugar de tradición literaria:
Son muitos os autores e autoras locales, entre elos algún mui destacado, como é el caso de Luz Pozo, única autora galega proposta pral premio Nobel.
Ribadeo e contorna é espacio literario frecuente en obras de autores que non tein relación con el, como en Os do mar, de Paca Paz; en Contas de buxo, de Raquel Fernández; nel Poema “Augas Santas” de Jesús María Trashorras; nel poemario As Catedrais, portas do misterio, de Xosé Otero Canto, etc. Ribadense era el polígrafo da talla de Dionisio Gamallo Fierros. De Ribadeo é tamén el autor del primeiro texto de ciencia ficción en español, Agustín Mª Acevedo, médico nacido aquí en 1806, que escribiu Unha tempada no máis belo dos planetas. Sou padre era de Tapia, e, como médico atendeu úa epidemia de tifus en Santalla de Ozcos. Anticipou 15 anos as técnicas de Xulio Verne, e os sous personaxes viaxaron en globo al planeta Saturno. Francisco Nemesio Lanza Álvarez, Paco Lanza, periodista e escritor, ben coñecido como autor de Ribadeo Antiguo, Falan os de Ribadeo ou Dos mil nombres gallegos, e que tamén traduciu e adoptou en Arxentina textos de Mark Twain ao castelán. Ademais meritoria é a atención que Ribadeo lle presta a autores e autoras del occidente de Asturias; úa proba é que me propoxesen ser pregoeiro, e que antes que eu lo fose Belén Rico Prieto, quizais algún máis.
A Feira do libro desta vila é tamén parte desa importancia cultural de Ribadeo. El nome da feira, “Letras no Campo”, ten a súa orixe nel topónimo del lugar unde tamos. Campo é, según a RAG, úa superfie de terra, máis ou menos plana, onde non hai viviendas e que, en xeral, pode dedicarse al cultivo. Pero núa segunda acepción da RAG, campo tamén pode seu un terreo que NON se dedica al cultivo, úa terra unde nace herba. Por tanto a palabra campo pode referirse a un lugar que ten úas característica e que se dedica, ou non, al cultivo. Das dúas formas sigue sendo un campo. Ribadeo escolleu un prisma pra mirar este lugar, foi el de convertilo nun campo, núas lleiras nas que lo que se sema é a cultura, el amor polos libros e a creación literaria, polas “Letras”. Ribadeo convertíu este Campo núa horta aberta á divulgación, aos misterios, ás historias que viven nos libros, úa ponte que nos permite descubrir, viaxar, imaxinar e coñecer el mundo nel que vivimos, cruzar fronteiras, superar límites. Estas casetas chías de “Letras” representan úa ventá aberta al saber. Ribadeo é todo él un prisma, un cristal de color azul de mar e chen de optimismo coel que mirar el universo, un lugar que ten el poder de reflectir a luz, de expandilla e de ser quen de inspirar a creación. Non lo digo por decir, eu son testigo de que esta villa é un lugar de encontro, de libertá, de compartir e de aprender e de que, ademais, ten un cariño especial pola beira asturiana del Eo, como demostra el feito de que eu teña aquí, e que xa en anos anteriores me precederan outros pregoneiros da zona, como é el caso de Belén Rico Prieto, a “Rosalía de Castro” da Veiga.
Eu tamén teño, como a palabra campo, polo menos dúas acepciois de min mesmo, sou dúas persoas. Son Enrique González Álvarez, un neno que hai 59 anos naceu nunha aldea del Concello de Boal. Pero sou tamén outra cousa: un divulgador, un personaxe que escolleu e que preferiu un color pral sou cristal. Dalgún xeito sinto preferencia por amenar e intentar semar, coas palabras nosas, un futuro; por manter un llume prendido, el da cultura da que somos depositarios. El fin que me move é apuxar pra que non se perda el idioma que nos legaron os nosos antepasados. El invitado hoxe aquí non é el neno que naceu en Roxíos; creo que el invitado é ese personaxe nel que me convertín, ese Quique Roxíos utópico dun país unde el idioma galego propio que se fala en Asturias teña el lugar que lle corresponde aos idiomas maternos. Entendo a poesía como arma de construción, como ferramenta de certa rebeldía, porque el idioma, como me dixo un día el amigo e poeta Xuan Bello, “é el ser, é a casa unde vivimos”. E sen el meu idioma eu non sería eu, deixaría de ser quen fun. E pra que este Quique Roxíos chegase a ser úa realidá, as vivenzas mías en Ribadeo foron importantes.
Algúas persoas abandonan el idioma coa intención de ser millores, de prosperar. Dudo que lo consigan gracias a ese abandono. Conseguiránlo por outras circunstancias- pero creo que, precisamente, como nos iluminou Constantino Kavafis, el viaxe á nosa Ítaca ten sempre úa volta, un reencontro coas propias orixes, como decían os vellos: “el corvo que nace na pena, morre na pena”.
Vivín en Mallorca, Cataluña, Ovieu, Cantabria e agora en Astigarraga, Gipuzcoa. Resido e residín nese Estado español plural non monolingüe, un Estado con idiomas propios e oficiales nun importante número de Comunidades Autónomas. Nese meu viaxe a Ítaca cada vez que encontro un falante de galego coel que poder “barullar” un pedacín, regreso, pise a terra que pise, á mía auténtica patria, volvo a ser quen fun, regreso á mía casa das ribeiras del Navia e sigo avanzado nel meu camín de regreso.
Condo nacín ignorábase nas terras eonaviegas a dignidá idiomática, os textos medievales del século XII e posteriores del Mosteiro de Santa María de Vilanova de Ozcos, e que gracias a ese idioma que falábamos, as nosas palabras articulaban dun xeito único e especial úa cultura universal da que éramos depositarios. Agora somos cada vez máis os que sabemos que as nosas palabras señardá, andulía, llume, cerzo, ameicer, avola, terra, vello, ou camín non significan lo mesmo pronunciadas noutras linguas. Enseñárannos a minusvalorarnos pero tamos en reconstrución, e inda que seña difícil, el llume sigue prendido. Inda que haxa intereses en contra, é innegable, según as certezas cientìficas comumente admitidas, que en Asturias el galego tamén é un idioma propio.
Condo acabei a enseñanza básica e el bachiller fun a Uvieo cursar COU e estudiar a carrera de Dereito. Eran os anos post franquistas, al pouco aprobouse el Estatuto de Autonomía de Asturias, e a Universidá era un fervedeiro de ideoloxías, de cousas novas, de ilusión por un mundo máis xusto e por a idea de crear úa Asturias que reivindicase a súa historia e el sou ser. Nel estatuto aprobado nel 1981 recoñeceron que en Asturias existía un idioma que se chamaba bable. Nada se dixo da nosa fala, el gallego-asturiano ou el galego de Asturias, que foi recoñecido máis de 15 anos despós núa lei da Xunta del Principado, en 1998. Na Universidá coñecín a membros destacados da historia da reivindicación del idioma asturiano: Xuan Bello, sen duda el poeta-escritor en asturiano, vivo, máis importante; a que foi Conselleira de Cultura e Política Lingüística na lexislatura pasada e tamén poeta, Berta Piñán; el empresario, político e escritor Ignacio Iglesias, que publicou el primeiro periódico íntegramente en asturiano: Les Noticies. Tamén coñecín a Antón García, escritor e empresario, fundador de Ediciones Trabe e que foi responsable de política lingüística. Con aquellos defensores del asturiano aprendín úa serie de valores, de principios, e coas lecturas e estudios descubrín que había dereitos lingüísticos, que figuraban na Constitución. Naquelos tempos participei na creación da primeira organización cívica que reivindicou el gallego de Asturias, a Mesa prá Defensa del Galego de Asturias, e tuven noticia dos traballos dun ribadense de adopción, del que fora Presidente de RAE, poeta de xeneración del 27, Premio Miguel de Cervantes 1978: el escritor, crítico literario e filólogo Dámaso Alonso. Dámaso Alonso pasou a súa infancia entre as dúas ribeiras del Eo e dixo, núa entrevista en TVE que se consideraba galego de adopción polo cariño que sentía por Ribadeo, e polo cariño que Ribadeo lle amostrara. Nesa entrevista explica que el idioma galego chega asta as ribeiras del Río Navia. De Ribadeo era sou pai e na zona de Castropol e dos Ozcos tía familares. Nos traballos deste dialectólogo aparecen as nosas palabras binteiro, enxebre, xuno, xullín, celergas, telergas, engalar, ozca, de sotaque, gabita, estiar. E estudiando esas palabras recolle costumes e tradiciois de Prelo, Armal, Rozadas, de Santalla, Samartín e Vilanova de Ozcos, de Castropol, de Ibias, de Coaña, de Navia, de Punticella, A Caridá, A Bobia, Taramundi, Santiso, Oneta, Castrillón, etc. El Glotónimo gallego-asturiano foi utilizado como denominación por ese investigador nos sous traballos e por eso adquiriu un prestixio. É triste que as autoridades lingüísticas e políticas del Principado, supostamente progresistas queran enterrar debaxo dun nome inventado e prexuicioso, el de “eonaviego”, a filiación da nosa lingua.
Actualmente sigo na lluita coa asociación da que sou membro, Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias. El pasado 17 de maio, día das Letras Galegas, interpuxemos úa demanda contencioso-administrativa pra que el Tribunal Superior de Xusticia de Asturias pare ese despropósito de ocultar el nome legal del noso galego baixo ese paraugas dos prexuízos e del negacionismo que chaman “eonaviego”.
Dalgún xeito, Dámaso Alonso e os sous traballos científicos marcaran a mía vida. Pero volvendo al argumento de que Ribadeo escolleu ser un campo de semar cultura, un lugar de encontro e enrequecimento, teño que decir que xa van pra seis as ocasiois nas que participei aquí en actos culturales. Recordo con cariño as xornadas organizadas nel 2008 pola Universidade de Vigo en colaboración coel Concello de Ribadeo e coa Asociación Cultural Santiso del Eo, coordinadas polo profesor Henrique Costas, cúa conferencia inaugural del profesor de Ribadeo Suso Fernández Acevedo, que versou sobre a historia da prosa del Eo-Navia, sobre a que publicou a escolma A Herdade que nós temos. Nese espacio coñecín a muitos poetas e dinamizadores culturales del Eo-Navia: Angel Prieto Souto, que fora Presidente asociación cultural Santiso del Eo; á autora da primeira novela en galego de Asturias, Aurora García Rivas; a extraordinaria poeta de Santiso de Ozcos, Lucía Iglesias; a Belén Rico Prieto, a importante escritora da Veiga; a Eva Moreda, etc. Pero tamén a xente nova ligada á Universidade de Vigo, que se foron convertido en persoas relevantes nel cuidado del idioma galego: Xavier Xil Xardón, Anxo Ratel, Silvia Penas, Isaac Xubin, ou Anxo Angueira, hoxe Presidente da Fundación Rosalía de Castro, que taban naquela Escola Fermín Penzol. Eu son un humilde poeta, e mencionar esas persoas coas que coincidín, apenas úas horas, ten como obxectivo destacar cómo Ribadeo é ese lugar luminoso e de portas abertas, esa lleira de semar as letras que representa mui ben esta Feira no Campo que aquí inaguramos autro ano, na súa X edición. Aquela Escola Fermín Penzol colle el nome dun bibliófilo e defensor del idioma e da cultura gallega, enterrado no cemiterio de Castropol. Naquelos días compartimos vivencias que perviven nel meu recordo: vimos úa representación da Casa de Benarda Alba, pola escola de teatro de Ribadeo. Non esqueizamos que Federico Gacia Lorca tamén pasou por Ribadeo coa súa proposta de renovación teatral, La Barraca -úa aposta de teatro universitario ambulante-, e que Lorca visitou en Castropol a Vicente Loriente, el que fora creador da Biblioteca Popular Circulante desa localidade. Naquela Escola Fermín Penzol de Ribadeo, houbo conferencias -de Rita Bugallo, de Carlos X. Varela Aenlle, etc, música tradicional, visitamos el museo del Pan de Santa Eufemia en Vilanova de Ozcos, fomos a un magosto nos Teixois en Taramundi, e houbo úa homenaxe no cemiterio de Castropol a Fermín Luís Fernández Penzol-Labandeira. Teño que recordar que nel mesmo cemiteiro ta enterrado Miguel García Teijeiro, natural de Barres, escritor e periodista asturiano nomeado académico da Real Academia Galega e que nas Figueiras convocan, ou convocaban, un Premio Literario co seu nome, do que teño a fortuna de ser o ganador na súa primeira edición. Noutra ocasión fun invitado a participar nos “Ventos Poéticos” que organizou el Concello e se celebraron nel Teatro de Ribadeo, tamén en 2018. Naquel encontro, presentado e dirixido pola Premio Nacional de Poesía e grandísima poeta Yolanda Castaño, compartín espacio e lectura de poesía xunta a Olga Novo, que nos fexo esturruxar el pelello, coel poeta asturiano Xuan Bello, que nos levou al universo de Paniceiros e con Elisabete Marques, de Portugal que nos enamorou coa fragancia delicada dos sous versos. Tamén sei que hai actividades literarias organizadas por a Agrupación cultural Francisco Lanza, e que nos balcois da Villa se colgaron poemas de Celia Castro, Alba López, Paloma Diaz, Carmen Rodriguez, Rosa María Saborido, Silvia Murias, Moisés Cima, Alberto Calvín Corredoira, Cristobal Ruitiña, Miguel Rodriguez Monteavaro, Héctor Acevo, Manuel Iglesias Varela, etc. Noutra ocasión xunta al periodista, profesor e poeta de Santiso de Abres, Héctor Acebo participei núa charla sobre el galego de Asturias nun acto nel que numeroso público dixo disfrutar da vitalidá del galego nestas terras fronteirizas. Ademais, nel 50 aniversario da fundación da Agrupación cultural Francisco Lanza, coel artigo “Maos que non dades” participei na súa revista especial e dixen que Ribadeo dá, e dá muito, por eso merece el éxito que ten, el ser úa porta aberta, úa ponte que une Galicia coel mundo. El acto máis relevante para min, como humilde escritor, foi a presentación nesta Feira do libro de Ribadeo, nesas Letras no Campo del ano 2018, del poemario Personaxe descoñecido, que inclúe os poemas cos que ganei el Certame de Poesía Anduriña Voandeira das Casas Rexionales de Euskadi. Ese libro conta coel prólogo doutro ribadense de adopción, porque xa se sabe que os de Ribadeo, como os de Bilbao nacén unde lles peta, Suso Fernández Acevedo, que me compañou naquela presentación. Suso é Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, profesor de Lingua Galega no IES Dionisio Ramallo. Este amigo meu é bon coñecedor da literatura galega feita en Asturias e por asturianos e asturianas, da literatura galega del outra ourella del Eo. De Ribadeo por adopción, tamén é Farruco Graña, o escritor e activista cultural, presidente da Agrupación Cultural Franco Lanza, escritor entre outras obras de Badaladas de Anllóns. É profesor de filosofía en Tapia de Casariego, o que lle axuda a manter vínculos extraordinarios nas dúas beiras da Ría. É emocionante pensar que núa das casetas daquela feira de 2018 estaba Pablo Quintana, natural de Vilanova de Ozcos e titular da Editorial Canela, que este ano tamén participa nas Letras do Campo-. A súa editorial debería de ser declarada de interese cultural prá comarca del Eo-Navia e das terras de Burón. Non podo ser imparcial, pero os sous libros son obras de arte, obxectos de colección e material dun valor cultural, diría que histórico. Non perdades a oportunidade de visitar el sou estand. Sei que non hai muito acaba de editar un poemario de Alberto Calvín Corredoira, el poeta de Taramundi -“Alberto de Puchas”-. Presentei el libro aquí, nel parque de San Francisco. Sei por Pablo Quintana, que el meu libro tuvo naquel ano un comprador especial, el que fora Presidente da Real Academia de Asturias de Xurisprudencia e Ex-Director del RIDEA (Real Instituto de Estudios Asturianos), reputado abogado de Castropol e bibliófilo, José Luís Pérez de Castro. Naquel acto de Presentación del meu poemario Anxo da Madanela, outro ribadense, leu un dos dous poemas meus, que tanto él como Dores F. Abel (outra ribadense de adopción) leran -fía non muito tempo- nel Parlamento Europeo. Us ribandeses levaron un Poema de Quique Roxíos a Bruselas. Pode pedirse máis? Aquí coñecín a Pablo Trabadelo Villabrille, un poeta da Veiga, que renova a poesía trendo aires provocadores á literatura en galego feita por asturianos e que la pon na vanguardia con versos que son tamén úa chamada de atención ante as inxusticias que contemplamos sen ser, muitas vesces, conscientes. Temas como a velleira e os silencios acomodaticios tán nos sous versos Del poemario A Navalla, teño a honra de ser el autor del prólogo.
Ribadeo, e estas Letras do Campo son úa ventá aberta al mundo, úa ponte que une, un campo de cultivo, un faro que invita a entrar nun porto protexido del que partir con certezas e con ilusión.
Hoxe por circunstancias tristes non podo tar aquí, pero na voz del amigo Anxo, como asturiano de fala galega que sou, dígovos gracias e Puxa Ribadeo!
Quedan inauguradas as X Letras do Campo de Ribadeo.
Pra escuitar a Quique Roxíos, entra na ligazón:
Gustoume muito el tou pregón, Quique. É úa visión mui guapa da cultura, de Ribadeo como centro de unión e das Letras no Campo como semente.