Escritores-as del Eo-Navia: Héctor Acebo

Nacido en Santiso de Abres (1987), Héctor Acebo é doutor en Periodismo pola Universidá Complutense de Madrid. Emigrou a Bolivia nel 2018, onde é coordinador de investigaciois sociales e docente de Comunicación e Medios Dixitales na Universidá privada del Valle (Cochabamba). Escribiu el libro de poemas Camas de hierba -en castellano-, dirixiu e guionizou (con Sergio Céspedes) a serie dramática Alma desnuda (que pode verse integramente en Internet).

Desde 2006 mantén el blog “La llave de los campos”, onde publica en castelán e galego. Tamén fixo el prólogo del poemario Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés (Galaxia 2017), e el del libro-audio “Comuna del Barruzo” onde se inclúe “Nena Pisquela“, canción de Ugia Pedreira (música) e letra del propio Héctor Acebo. Como traductor del galego-portugués al castellano, participou nel volume colectivo As cantigas de Martín Codax (2018), editado por Xosé-Henrique Costas prá Universidá de Vigo.

Él mesmo comenta: “Cada vez atópome máis a gusto escribindo poesía na miña lingua vernácula; sí, sinto a necesidade de facer pronto un poemario en galego”. De feito ten un libro inda inédito en galego, Fuxitiva, onde ta el Poema dedicado al sou volo “Paco de Robaín”, recollido nel libro Literatura Galegoasturiana. Poesía, Prosa, Teatro, de Xoán Babarro, Suso Acevedo e Rita Bugallo e que tamén Axuntar recolle nel sou librín Escolma de poemas e microrrelatos del Eo-Navia e nel librín-sonoro que lo acompaña (Cd gravado por Edita Nogueira).

Aquí vos deixamos con algús versos dese precioso Poema (pra escoitalo, pinchade nel altavoz ou nel título del Poema):

PACO DE ROBAÍN
(...)
Ti ensináchesme 
o que ninguén me ensinara:
os pulos do monte Sartán, 
o camiño a Trasdacorda, 
o vello carballo da Granda...
Ti ensináchesme a botar en falta
ós que aínda non emigraron. 
Ti ensináchesme a dicir
a-iauga, a-ialma, e xamais 
esquecerei de que maneira
co merlo na mirada.
(...)

Acaba de publicar (2023) el libro El vuelo de la metáfora: Estudios de Poesía y Retórica, un libro nel que reúne dous artigos alredor da METÁFORA: el primeiro é úa aproximación á obra del poeta español Martínez Sarrión e el segundo analiza os tuits dos políticos bolivianos Evo Morales e Carlos Mesa.

Neste libro Héctor Acebo anota úas palabras del cineasta francés Robert Bresson:
La palabra más común, colocada en su lugar, de repente adquiere brillo. Tus imágenes deben brillar con ese resplandor.”

E con “ese resplandor” aparecen as súas palabras nos sous textos cheos de metáforas nel xornal coel que colabora, El Progreso de Lugo. Así que vamos con algún pra que disfrutedes coa súa lectura.

Aquí algún artigo del sou blog persoal “La llave de los campos”:

Aquí deixamos tres poemas que formaron parte da escolma A carriola do merlo, premiada nel Díaz Jácome, en Mondoñedo (2017).

A CARRIOLA DO MERLO 
Vin o merlo randearse na mazaira. 
Viña de cantar os seus amores 
no máis alto dos tellados. 
Vin o merlo randearse, 
 e imaxineina
misteriosa pero propicia. 
Vin o merlo. 
 “Mestre!”, berreille, 
e regaloume 
xermolos sen tempo. 
Fixeime no anel de ouro 
que rodea os seus ollos, 
facendo xogo co peteiro; 
daquela, comprendín: 
este paxariño é un visionario. 
Como se non ía erguer
esa fervenza de notas, 
unhas veces, irónico; e outras, aceso: 
lirio na cazalla, xistra na cortiña! 
Vin o merlo randearse na mazaira, 
volvín a Robaín, volvín a Inverness,
vin os meus tolos amores infantís,
vin unha mínima esperanza 
ó reparar na súa gorxa, 
que sempre está en puro voo, 
mesmo nos silencios. 

De Fuxitiva (2017), poemario inédito                    
KAVAFIS 
A delicia e o perfume da miña vida é a memoria desas horas 
en que atopei e retiven o pracer tal e como o    desexaba. 
Delicias e perfumes da miña vida, para min que odiei
os goces e os amores rutineiros.
Konstantinos Kavafis                                               

Eu aínda non atopei nin retiven 
o pracer tal e como o desexo; 
pero sempre odiei, igual ca ti, os goces 
e os amores rutineiros. 
As túas caricias están espidas,
as miñas levan luva. As túas engurras 
forxounas o vento, as miñas 
serán forxadas polas lentes. 
No teu bosque, hai aromas; 
no meu, refugallos. 
Na túa película, honrados homes 
defenden as Termópilas; 
na miña, moitos traicionan 
os amigos para saír na tele.
Eu aínda non atopei nin retiven 
o pracer tal e como o desexo. 
Dinme que teña paciencia, 
que aínda son un mozo
—xustamente da xeración 
dos teus heroes eróticos—. 
Gustaríalles domesticarme 
e que aprendera a pedir                                         
a piedade dun bico.
METÁFORAS COTIÁS 

Se estamos no certo ó suxerir que o noso sistema conceptual é en gran medida metafórico, a maneira en que pensamos, o que experimentamos e o que facemos cada      día tamén é en gran medida cousa de metáforas. 
Lakoff e Johnson 

Dime que non cometa metáfora, 
que “xa está ben de tanto enigma”, 
que lle estou “roubando horas de estudo”  
e mañá ten exame de Lingüística. 

Metaforiza 
                 (e non se dá conta) 
nunha entidade ó enigma. 
Metaforiza 
                 (e non se dá conta) 
ó tempo en diñeiro. 

                               Por suposto, 
tampouco se dá conta 
de que ela é unha metáfora 
adormentada.
Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *