Colleita de opiniois: Dos Pais da Patria al Úa, Grande, Libre. Úas reflexiois en torno al Día das Letras Asturianas.

Por moisés cima fernández

Dos pais da patria al “Úa, Grande, Libre”

Sendo eu un nenín chegou á mía casa úa moneda dun peso dominicano de maos dun tío que tuvera por aló de lúa de mel. Penso que debeu ser a primeira moeda estranxeira que tuven, naquelos tempos nos que aínda pagábamos en pesetas. Despois acabei “heredando” úa pequena colección de moedas (vaia, os meus padres déranme a colección de moedas que elos foran amañando e querían que eu, interesado nas antigüedades e as curiosidades, recollera esa colección que teño guardada con muito cariño). A cousa é que aquela moeda dun peso dominicano tía núa cara el escudo da República Dominicana, coel sou lema Dios, Patria, Libertad, e nel outra cara el rostro de Duarte, coel lema, penso que ben pomposo, Padre de la Patria.

El concepto de Pai da Patria é un concepto que sempre me chamou muito el atención. A patria, como un todo indisoluble, indiscutible, inmatizable, ten us pais (case nunca ten mais, ha ser por eso que se chama patria e non matria) que graciosamente déronnos aos probes mortales, a patria, realidá encelsa que ha enchernos de orgullo a todos nós, sous fillos, que lle debemos devoción incondicional.

Os pais da patria non son humanos, son seres semidivinos caracterizados polas máis grandes virtudes. Que naide diga que un pai da patria roubou, enganou, escravizou ou asasinou aos disidentes políticos, porque elos, como Deus, son incuestionables, e cuestionalos leva consigo un pecado mortal e el sou xusto castigo. E esto é asina prás patrias grandes e prás pequenas, prás patrias oficiales, ou prás que aspiran a ser oficiales, asina en cualquera parte del mundo.

Anguano fainse os 50 anos del nacemento de Conceyu Bable e a esta efeméride lle dedican, el Academia de la Llingua Asturiana e el Goberno del Principado de Asturias, el Día das Letras Asturianas. Como asturianista e como defensor da lingua asturiana que tamén soi, non podo puer ningún pero a que tan importante efeméride como é el Día das Letras Asturianas se dedique a úa asociación que fexo ben de cousas polo asturiano. Ningún pero al feito en sí, que outra cousa é el discurso con tufo pater patriæ que lo acompaña. Con todo, penso que, sen quitarlle importancia a Conceyu Bable, houbo tamén outras organizaciois que traballaron pola lingua asturiana, como el Conceyu d’Asturies en Madrid, que esto é daqué que non desprestixia pra nada a Conceyu Bable, pero é que estaba ben non caer en adanismos, esencialismos e discursos de pais da patria. E é que pra certos sectores del asturianismo (non pra todos, posiblemente non prá maioría, pero si praos que están mellor posicionados), Conceyu Bable e, en particular, algús dos sous membros, son auténticos Pais da Patria. Algús, namais, porque outros membros de Conceyu Bable (que foi úa organización na que militaron ben de persoas distintas) non chegaron a ser merecedores desa condición de pater patriæ. Falo de militantes históricos que defenden abertamente (dende el ámbio da Filoloxía, da música e a cultura, da Etnografía e el Floclore…), que nel Eo-Navia se fala galego, aínda que non forman parte dos grandes discursos nos medios de comunicación.

Polo que, en torno a algúas persoas e algúas instituciois, hai certos sectores del asturianismo que quixeron contruir a figura de Pai da Patria, e non escolleron os mellores exponentes, xa que acabaron escollendo exponentes que deron un salto da reivindicación lingüística a discursos políticos que eu non podo compartir no máis mínimo, que poden resumirse naquelo de un pueblu, una llingua, una nación (que nos recorda a outro lema parecido…). Un poblo, el asturiano, úa lingua, a asturiana… E, aínda que históricos de Conceyu Bable afirmaron, mesmo nas Fueyes Informatives daquela organización, que había úa parte de Asturias onde non se falaba asturiano, senón galego (Cano, 1985), aquel discurso reduccionista e negacionista estableceuse como oficial praos que serían os fundadores del Academia de la Llingua Asturiana (que honran anguano a Conceyu Bable ou a úa parte del mesmo, pois algo me diz que non todos os que foron van estar invitados aos actos, non sei, especulo).

Celébrase el Día das Letras Asturianas e desde as Asturias galegofalantes podemos tomar tres actitudes. Podemos entender que as Letras Asturianas son aquelas que se escriben en asturiano-leonés (non se conmemora, por puer un caso, aos asturianos que escriben en castellano), e que por tanto non tein que ver con nós. Podemos ver a xornada dende certa distancia, pero con certo interés, el día que celebran os nosos paisanos asturianofalantes e que, dende fóra lles felicitamos. Podemos ver a xornada como un día de reivindicación lingüística prás dúas linguas de Asturias. Eu entendo que non podemos mirar prá xornada como daqué allén a nós, por un lado porque temos úa celebración, el Día de Les Lletres Asturianes (primeiro venres de maio, se non coincide coel Primeiro de Maio, que entós cámbiase al segundo venres de maio) e a Semana de les Lletres Asturianes (a mesma semana), que, non esqueizamos, tanto el ALLA como el Goberno asturiano presentan tamén como Día das Lletras Asturianas e Semana das Lletras Asturianas (en “eonaviego”). Neste sentido podemos entender que el Día das Letras Asturianas ha ser el día das letras nese idioma (e nel participan tamén asturianofalantes de León, aínda que desde as intituciois lingüísticas asturianas se maltrata un pouco a aquelos falantes e convértese núa celebración exclusivamente asturiana). Por outro lado, historicamente, este día diferenciouse un pouco doutros similares (del Día das Letras Galegas, por puer el caso), al celebrarse as letras dun idioma que non ten a consideración de oficial, sendo a reclamación de oficialidá úa pedra angular da efeméride. Historiacamente el Día das Letras Asturianas comenzaba na Estación del Norte (RENFE/FEVE) de Uviéu, núa manifestación que convoca a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA), que acababa nel Teatro Campoamor xusto a tempo pra que os manifestantes entrasen en masa al acto convocado pola Academia de la Llingua Asturiana. Mesmo nel ano 2004 nel que el acto académico se celebrou na Casa da Cultura de Avilés (se non recordo mal, aquel ano versou sobre el Fueru d’Avilés), a XDLA trasladou a esta cidá a manifestación. Dende vai us cuantos anos a manifestación traspasouse al sábado, deixando de nutrir el acto académico (e que cadaquén saque as conclusiois que quira deste feito pra nada baladí). Nesta manifestación a XDLA sempre falou en favor da oficialidá da lingua asturiana e del galego-asturiano (este é el Glotónimo que aínda siguen usando hoi), mesmo nas últimas ediciois defendeuse a oficialidá das dúas linguas en todo el territorio asturiano, frente al discurso del ALLA e del Principado del “asturiano en Asturias e el galego-asturiano nel sou ámbito”.

Como ciudadanos e ciudadanas de Asturias as reivindicaciois lingüísticas que se faigan nel Principado non nos son pra nada alleas, e el Día das Letras (el sábado, pra min, máis que el venres, consagrado el divorcio entre a celebración académica e a reivindicación social), é un día nel que, sen duda, temos que ter presencia, máis que nada, porque se non puemos a nosa voz, outros han puela por nós (como podemos ver neste mesmo cartel coel que el ALLA pretende conmemorar el Día das Letras Asturians usando a lingua galega (aínda que digan que non lo fain en lingua galega, galego é lo que é).

Sendo, como é, úa xornada onde conflúen a celebración da literatura escrita en asturiano-leonés e a reivindicación dos deretos lingüísticos dos asturianos e das asturianas, non deixa de ser significativo cómo, al hora de presentar este cartel al Eo-Navia, nin el ALLA nin el Goberno del Principado tuveron a ben coller algúa imaxe que tuvera algúa relación coel Eo-Navia, sendo que el mesmo Conceyu Bable entendeu que non se dirixía a esta parte de Asturias por ser de lingua galega (esto dicíanlo elos mesmos nas Fueyes Informatives, teño que insistir). Postos a asumir que el Día das Letras Asturianas ten úa extensión eonaviega, el Goberno del Principado de Asturias podería pensar en honrar á primeira organización en defensa dos deretos lingüísticos nel Eo-Navia, a Mesa pola Defensa del Galego de Asturias (MDGA), que fai este ano 35 anos de Historia, que tampouco é úa cousa menor, ou al sou precursor, el Grupo de Eilao. Polo menos na súa versión na lingua galega que negan sistematicamente, podería terse en conta… Pero como dicíamos al principio, hai quen alcanza el título de Pai da Patria, e quen non, e pral Goberno que ía traernos a oficialidá e os deretos lingüísticos… pois parece que deste lado del Frexulfe non hai Pais da Patria, nin naide a quen mereza a pena honrar. Supoño que pola mesma razón que consideran que temos que dar por bon el Glotónimo eonaviego en base a úas enquisas sociolingüísticas encargadas pola neutral Academia de la Llingua Asturiana e sen criterios metodolóxicos claros (a xulgar polas esplicaciois que el autor dera na Caridá ante un escuetísimo público militante).

Baxo este discurso deberon redactarse as recentes “Instruccióis relativas a os criterios llingüísticos pra usar nel ámbito del Administración del Principao d’Asturias y el sou sector público”, que establecen como obxectivo «fomentar a utilización del asturiano (y del gallego-asturiano ou eonaviego condo corresponda) nel Administración asturiana». Establecéndose que «ha procurarse que cualquera publicación que s’edite en casteyano y outra llingua estranxeira (inglés, francés, etc.) teña versión en asturiano. Aquellas que fagan referencia al territorio unde se fala eonaviego ou gallego-asturiano ha a procurarse que teñan igualmente versión nesta llingua» (esto é, aquelas cousas que señan xerales pra Asturias… non fai falta que estean en galego…), ou que «ha a promoverse qu’el software que se cree ou s’axeite pra uso del sector público tía dispoñible, ademáis d’en casteyano, en asturiano ou que pouco a pouco han a ir introducíndose mensaxes institucionales ou de servicio público billingües ou namáis en asturiano».

E é que todas estas medidas, no que tocan al galego de Asturias, poden traducirse en que «el gallego-asturiano ou eonaviego ha a ter un tratamento asomeñao, nel sou ámbito territorial y sempre que poda razonablemente aplicarse, al que determinan estos criterios pral asturiano», cuando non, pois nada.

Salen estas Instruccióis precisamente en plena Semana das Letras Asturianas, nun golpe de efecto publicitario aos que xa nos ten avezados el presidene Barbón, nus días onde se insiste en que Conceyu Bable foi úa organización da Transición, nun momento nel que España e Asturias cambiaban de paradigma político e lingüístico, pasando de aquela idea del castellano como lingua común de todos os españoles, que aínda sigue nel imaxinario de algús, e as linguas vernáculas como curiosidá a estudiar, a un sentido común, al menos na teoría, nel que as distintas linguas de España han ser un ben de todos e pra todos, los que las falan e los que non… Celebramos, como non pode ser doutro xeito, cualquer avance de deretos que se dea praos falantes de asturiano, celebrámoslo honestamente, e esto é algo que naide pode puer en tela de xuicio. El noso compromiso, el noso apoio, a nosa solidariedá cos falantes de asturiano (en Asturias, en León, en Zamora e en Miranda del Douro), son innegables. E dígolo como úa persoa que reside habitualmente en Uviéu e desarrolla boa parte da súa vida nesa lingua. Pero del mesmo xeito cabe reclamar el mesmo apoio, a mesma solidariedá, el mesmo compromiso de todo el movemento de reivindicación lingüística en Asturias, das nosas instituciois, del Goberno del Principado de Asturias, e de instituciois que non podemos considerar nosas (falo del ALLA), pero que non sendo nosas, sí son asturianas e ben poderían solidarizarse coel galego de Asturias. Este compromiso del que falo ben podía traducirse en el establecemento de instituciois lingüísticas propias, en que non haxa impedimentos pra que distintas organizaciois de distintas sensibilidades teñan voz e voto nos distintos órganos consultivos, esto é, un compromiso pra que el galego seña tamén úa lingua de Asturias, e non namais del sou ámbito, úa lingua coa que se poda, dentro e fóra das nosas fronteiras, sentir identificada Asturias toda, al pé del asturiano. Porque se na Transición e nel tardofranquismo (e aínda hoi, por desgracia) hai quen nega a realidá lingüística del asturiano, se nos venderon aquelo dos mil bables, de que non tía nada que ver el que se falaba en Cuideiru coel que se falaba en Mieres ou en Llanes… ou se hai quen establece que a única lingua de España, e polo tanto de Asturias, é el castellano e lo demais son lenguas vernáculas, lenguas regionales… non podemos desde esta reivindicación de Conceyu Bable, desde as instituciois asturianas, aneciar na idea de as mil falas, de as falas de transición, de que non ten nada que ver el que se fala en Santalla coel que se fala na Fonsagrada, na idea da lingua nel sou ámbito territorial, frente a outras que si son de todos e todas… 

Aquelo da Patria común de todos, cos sous Pais da Patria, non podemos reproducilo nós hoi. Non se pode, non é xusto, non é viable, e vai convertir a aquelos gloriosos Pais da Patria en aquelo que se supone que combatían. Que aquel un pueblu, una llingua, una nación non seña úa variante local daquel outro Una, Grande, Libre.

Pra acabar, vai pouco, en referencia ás Instruccióis mencionadas arriba, e ante as críticas dende el españolismo rancio (aquelos que non queren que nin asturiano nin galego señan normalizados), daquén escribíu: quien odia l’asturianu, odia Asturies. Compártolo, al 100%, e añado, quen odia el galego, odia Asturias, quen quer el eonaviego nel sou ámbito, quer meternos en ghettos.

Moisés Cima Fernández

Uviéu, 2 de maio de 2024

ADRIÁN BARBÓN: Te pongo algunos ejemplos, Rodrigo [da un enllaz]. El término eonaviego o fala eonaviega es el que utiliza la Academia de la Llingua Asturina y el preferido mayoritariamente por sus hablantes.Comoe ve, darréu de la intervención de Cuevas ―na que fai una apelación científica a la llingüística―, Barbón retruca con dos argume

Comparte

1 comentario en “Colleita de opiniois: Dos Pais da Patria al Úa, Grande, Libre. Úas reflexiois en torno al Día das Letras Asturianas.”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *