Escritores-as del Eo-Navia: Viqui Veiguela

Escritora nacida en San Andrés de Rabanedo (León) en 1979, viviu na Veiga desde os dous anos asta rematar el bacharelato. Estudiou Filoloxía eslava na Complutense de Madrid. Actualmente é profesora de castelán nel Instituto de Lingüística Aplicada e na Universidá de Humanidades, ambos estamentos de Varsovia. Pertenceu al GRUPO BILBAO, grupo de expresión poética en galego e desde Madrid. Este grupo, creado en 1996, nace coa presentación del libro O gato branco de Vicente Araguas na librería Sargadelos a réiz de úa conversa entre este autor, Xavier Frías e Fermín Bouza que tuveron como resultado os FALADOIROS, reuniois que cada sábado realizaban nel café Comercial de Madrid (Glorieta de Bilbao) os chamados “madrigalegos” (termo acuñado por Borobó, Raimundo García Domínguez, escritor e xornalista galego) .

Hai dúas etapas na historia del Grupo:

-1. Desde 1998 asta 2002, os de máximo esplendor.

-2. A partir de 2010 son os anos dourados da segunda etapa condo proliferan as homenaxes e os libros colectivos. Entre estos últimos, hai dous libros de microrrelatos e cuatro de poesía. Tamén nesta etapa se crea a Editorial Lastura, e renace a colección O Roibén, en 2012, tras anos de silencio. A actividá del Grupo desaparece en 2016.

Integrantes del Grupo Bilbao, según Xavier Frías e Luís Luna, son os seguintes autores:

1. Nacidos en Galicia e emigrados a Madrid: V. Araguas,Manuel Pereira. Fermín Bouza…

2. Fillos de galegxs que viviron ou non- en Galicia: Xosé Galán, Begoña Regueiro…

3. Fillos e fillas de galego-falantes de fóra de Galicia, é decir, eonaviegos -como los clasifica Luís Luna-: autores e autoras da comarca asturiana del Eo-Navia que adoptaron el galego como lingua de expresión: el propio Xavier Frías e Victoria Veiguela.

4. Alógrafos: un grupo condo menos curioso xa que pertenecen a él os que sin teren vinculación nin con Galicia nin coel galego, escriben nesta lingua, ou seña optaron por usar el galego como vehículo lingüístico propio. Tán nel el propio Luís Luna, Óscar Curieses, Susana González, Covadonga D´Lom… (foron denominados “A sétima”). Todos os alógrafos achegáronse á cultura e á lingua galega gracias á súa profesora de Lingua galega en Madrid, Ana Acuña.

5. Non alógrafo: Xosé Galán.

Ana Acuña dice que as características del Grupo Bilbao son estas:

-a defensa del idioma e a cultura galega

-el activismo cultural

-a amistá

-a recuperación de autores e autoras importantes da literatura galega

-a conciencia del sou papel na permanencia da cultura galega en Madrid

Que dá unidá a un grupo tan heteroxéneo? Os poetas son de distintas xeraciois, crean poesía mui diferente, non son dos mesmos lugares de nacemento nin a súa procedencia é a misma… É entós a LINGUA a que lles dá esa unidá? Begoña Regueiro dice que non parece ser este el nexo de unión; lo que parece é que a lingua é a parte visible de algo máis profundo: a identidá, entendendo identidá como “la suma de todas nuestras lealtades” (Maalouf).

Begoña Regueiro fai úa análise e reinterpreta el concepto de IDENTIDÁ, pasando por riba de conceptos como el de nación tal e como aparece nos dicionarios (“Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa”. RAG). Frente a esta definición, afírmase a falta de correspondencia entre os límites de NACIÓN-TERRITORIO-LINGUA e especialmente entre os mapas lingüísticos e os mapas políticos, como salienta Lambert: “Allí donde las fronteras políticas y lingüísticas no coinciden -y nunca coinciden-, el principio de las literaturas nacionales no funciona” e “lo que no puede ser representado por este paradigma ha sido olvidado, excluído o marginalizado” (2006: 120). Quizás por esto desde a Galicia institucional interior non se presta a debida atención a úa literatura en galego que se escapa das que considera as súas fronteiras? É aquí onde tamén deberíamos situar al Grupo Bilbao e a súa falta de reconocemento?

Begoña Regueiro remata el sou artigo explicando os conceptos de transculturalidá e hibridismo e poñéndolos en relación a este grupo literario e fala tamén de cómo é ser “madrigalego” e de traspasar as fronteiras de patria, nacionalidá e pertenencia a un Estado concreto.

José Lanbert: “Allí donde las fronteras políticas y lingüísticas no coinciden -y nunca coinciden-, el principio de las literaturas nacionales no funciona” e “lo que no puede ser representado por este paradigma ha sido olvidado.”

“O GRUPO BILBAO COMO MODELO DE TRANSCULTURALIDÁ E IDENTIDADE HÍBRIDA” (Begoña Regueiro, Madrygal 2015, 18, Núm. Especial 431-440).

OBRAS DE VICTORIA VEIGUELA:

Vai chover, as meigas voan baixiño (Historia iniciática sobre vacas que foron outras criaturas previamente, mais atoparon meigas brincalleiras...).

En 1998 nace a colección O Roibén*, cuadernos poéticos de 50 páxinas que foron a primeira experiencia editora del Grupo Bilbao. E é precisamente nesta colección na que Victoria Veiguela -xunto con Susana González, publica -nel ano 2000- Simbiose. Nel 2001 publica O ouvido e o calado. Os sous textos tamén foron recollidos na antoloxía En tránsito. Poesía galega en Madrid  (Edicións do Castro, 2001). Na editorial Lastura publicou el poemario Vendo pasar o mundo.

Luis Luna escribe esto sobre a súa poesía: “Victoria Veiguela crea unha poesía mui reflexiva, insire nunha tradición de poesía feminina de alta estética que reivindica para si un posto na literatura e un estrado desde o que falar. Veiguela, coas súas variantes dialectais eonaviegas, crea un ritmo forte e, asemade, unha voz intensamente persoal e profundamente coral”.

O meu nome agacha 
moitas mulleres.
Mulleres que fan versos
e que choran
e mulleres que berran
e ouvean á lúa.

Vicente Araguas dice dela: “Susana González e Victoria Veiguela publican Simbiose. Eu aposto por elas, escriban en galego, ou , caso de Susana, tamén en romanés. E é que vivimos tempos cosmopolitas. O que está moi ben”.

Carmen Mejía escribe sobre Victoria Veiguela lo seguinte: “… enfréntome á lectura crítica do poemario O ouvido e o calado e a primeira sensación que percibo é a da desorientación (…) Para min neste poemario Victoria Veiguela indaga desde o “eu” poético nas sensacións e sentimentos humanos, sempre desde o “desamor”. A poeta estrutura de maneira coidadosa as composicións e ubica, tanto espacialmente como temporalmente, o “eu” poético”:

(...)
No outro carto.
Aquí quedamos o tempo desorientado
dos que dormen sós,
eu e mailo viño.

*A colección O Roibén nace en 1998 e as primeiras obras que se publican dentro dela son dous cuadernos:

1. Carreiros. Mostra de poesía da Terra Eo-Navia en lingua galega, onde se recollen as obras de Adela Conde, Crisanto Veiguela e Xavier Frías.

2. Úa antoloxía: Comercial. Poesía Galega en Madrid, na que participan Araguas, Fermín Bouza, X. Frías, José Manuel Outeiro, Claudio Pato e Manuel Pereira (todos eles del Grupo Bilbao).

3. Publican tamén Xeitos de falar, antoloxía bilingüe galego-asturiana.

Neste vídeo Ana Cibeira lee poemas de Viki Veiguela na presentación da Antoloxía poética del Grupo Bilbao (ed. Amargord), en Aturuxo Tenda Galega (Vallehermoso 104, Madrid), na celebración das Letras Galegas 2012.

Luis Luna: “Veiguela, coas súas variantes dialectais eonaviegas, crea un ritmo forte e, asemade, unha voz intensamente persoal e profundamente coral”.

AQUÍ PODEDES LER ÚA ENTREVISTA QUE LLE FIXEMOS A VIKI VEIGUELA que ela contestou vía mail.

Comparte

1 comentario en “Escritores-as del Eo-Navia: Viqui Veiguela”

  1. Búa explicación: “Allí donde las fronteras políticas y lingüísticas no coinciden -y nunca coinciden-, el principio de las literaturas nacionales no funciona” e “lo que no puede ser representado por este paradigma ha sido olvidado, excluído o marginalizado”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *