Paxarín de papo amarelo é un libro de poemas que nos regala Xoán Babarro (que podedes ler completo pinchando nel título e tamén escoitar algún Poema recitado por Edita Nogueira pinchando nel altavoz).
El paxarín de papo amarelo é el nome que se lle dá al paporrubio, paporroibo, papo colorado, papo rubio, ferreirín… na nosa zona (petirrojo en castelán), un paxarín que ten os ollos e el pico negros e un tono avermellado nel peito. El sou nome científico é ERITHACUS RUBECULA (diminutivo de RUBEUS, rubio, colorado).
E que nos conta Xoán Babarro neste librín de 60 páxinas?
Erguerse Levántase á alba con chifros e chelos e esperta cos chirlos durmidos paxelos, decora con soles toxeiros… –imperios– e vén a contarche noticias…, misterios... –E a ti quen cho dixo? –Papín Amarelo. –Que máis che contou? –Se les este libro, xa podes sabelo.
Entre outras cousas descríbenos un chucho; fala da curuxa “que fai as compras on line desde as alturas”; del magosto de Rato Pérez; del Pirata Pésigo que “aló por Trelles mercou un campo…”; das folerpas que son “asteriscos nas altas cimas”; da lingua materna: “Materna, paterna, /filial, fraternal… /A nosa lingua /é fenomenal!“; de tres poetas da terra: “Calvín trobaba en Pardiñas,/Antolín en Piantón,/Benxamín daba sentido/ás linfas de Miñagón”; del xogo da oca: “De Navia a Navia,/tiro, porque me sobra labia”; das amoras maduras que son caramelos; das App das nubes…
Que gran libro de poemas pra seren lidos nas escolas del Eo-Navia e aprender topónimos, lendas, autores, contos, palabras e historias!
Paxarín de papo amarelo bordado en cartulina por Begoña Martín
Aquí ta el libro completo, bordado.
É tan bonito que merecía algo que lle dese color e vida.
Oxalá lle guste al autor! E a todas as persoas que entredes na nosa web.
Noraboa.
Unha pequena xoia pra levar ás inexistentes aulas infantiles onde deberían poder re-linguarse os nosos pequenaxos, hoi des-linguados porque ese forno escolar, vaiche boa, non ta pra bolos patrimoniales. Hai que enfornar de novo.
Un tesouro máis do incansable Babarro!
Parabéns!
Que cousa tan preciosa, palabras e imaxes! E qué ganas de telo axina nas maos, feito libro como úa obra así se merece.
Os poemas y os bordados. Increible traballo que toca todos os sentidos
Pingback: Palabra de xuño: estalón/estallón – axuntar.eu