Libros e máis libros…

Comenzamos el 2024 con novedades na web, con novas categorías: CONSELLOS LECTORES, MIRADA POÉTICA e CINE.

Esta entrada é pra compartir lecturas. Enviádenos os títulos dos libros que tades a ler e que vos gustan, os que xa lestes e vos gustaron, os que pensades ler porque daquén volos recomendou. E contádenos de qué vei cada libro, escribide algúa frase del, resumide el sou argumento, todo lo que querades contar. Eso de falar de libros e recomendalos ta muito ben.

“Detrás das autorías firmadas como “Anónimo”, tou segura que tán casi sempre mulleres” (Virginia Wolf).

Pra escribir, as mulleres -decía a autora- necesitan ter úa habitación propia (ademais, claro, de ter os sous propios ingresos). Non se pode escribir nun lugar de paso, núa sala compartida, nin con interrupciois constantes. Por eso a afirmación de que “as obras de Shakespeare nunca poderían ter sido escritas por úa muller”, tein úa clara explicación: ningúa muller, naquela época, nas anteriores e -desgraciadamente- tamén noutras posteriores, podía dedicarse a escribir de maneira tranquila e con dedicación exclusiva. El sistema patriarcal non lo permitía e eso era porque, según a autora, “el home non necesitaba que a muller se sentise inferior, senón que era él quen necesitaba sentirse superior”. Con estas palabras e outras muitas teorías, VIrginia Wolf explícanos a relación entre a muller e a literatura.

Nel ensaio, Woolf escribe sobre muitas da escritoras que se conoceron asta a fecha e examina lo publicado por varias autoras como Aphra Behn, Jane Austen, as ermás Brontë, Anne Finch, a condesa de Winchilsea, George Eliot e outras máis.

Esta a segunda recomendación:

Este libro é unha marabilllosa descuberta dun mundo extraordinario:  A outra xente. As persoas non humanas que habitan en Galicia. O pobo que non aparece no censo electoral. A outra xente galega vive ceibe, salvaxe, fala ao seu xeito, como os«rumosos» do Himno galego, e práctico moitas veces a resistencia fronte a violencia catastral, a depredación. Este é un libro, dalgunha maneira, sagrado, imprescindíbel. Un libro para salvar a realidade, para loitar contra a des-extinción.

MANUEL RIVAS

Leamos un anaco:

Espera, cóntoche unha cousa preciosa sobre os vagalumes?… O primeiro é que son escaravellos… O segundo é que só as femias producen esa luz. Por que? Porque ellas non voan, só voan os machos que, como son escaravellos, levan as súas ás dobradas e gardadas debaixo dunhas portiñas que teñen nas costas… Desdóbranas e ábrenas e voan para saír polo noite en busca das femias. Por iso ellas acenden a súa luz, para que os seus noivos as atopen!.. E elas avísanas coa súa luz! Estamos aquí! Estamos aquí! …

E por qué había máis antes?…

Por culpa en parte da iluminación artificial… En cada vez máis partes están a desaparecer porque acoden cara a elas, equivocados. Vanse cara a esas outras luces… E claro, os noivos non se poden atopar.”

Foto de Pixabay

“Suzanne Simard descubriu que as árbores dun bosque se comunican entre si, sobre todo, entre unha árbore madura e os seus fillos. A ecóloga forestal canadense identificou as «árbores nais», aquelas que actúan como núcleos dunha rede de micorrizas por cuxos micelios vai e vén información (sinais bioquímicas e eléctricas) entre exemplares de diferentes especies. Deste xeito as árbores poden saudarse, avisarse e cooperar entre especies, intercambiando nutrientes e carbono. Coñezo esta para min novidosa teoría das árbores nai (2018) nas páxinas d´A outra xente (Luzes, 2022), o abraiante libro do ornitólogo e comunicador ambiental coruñés Antonio Sandoval Rey. Un deses poucos libros arca, polo tanto marabilloso e perdurable, sobre a vida e os costumes de persoas non humanas que habitan na terra nosa, dende vagalumes e lavercas a toxos e andoriñas, dende baleas e falcóns a gaivotas patiamarelas e polbos, dende bidueiros e cirrios a paporroibos e vacalouras… Páxinas de beleza desbordada, escritas con extraordinario talento narrativo, con descricións moi detalladas, froito de horas pacientes de observación e de lecturas contextualizadas na literatura clásica que permiten perfilar o retrato desoutra xente que fala ao seu xeito e padece os efectos da emerxencia climática. Un libro literario de non ficción, que amosa a necesidade de superar as fronteiras de xénero na actual oferta editorial, xa que sendo un dos mellores títulos publicados en galego o pasado ano, pode ser considerado entre os mellores de narrativa, mais tamén entre os mellores de ensaio ou investigación. Unha obra, ademais, de carácter político, que achega argumentos e, sobre todo, azos para loitar contra esa pantasma que percorre a nosa época: «a pantasma do curto prazo», recuperando, como tamén fai o sabio Sandoval, a primeira liña de The History Manifesto (2014) de Jo Guldi e David Armitage. Recomendo moi vivamente A outra xente, unha ollada fonda, sosegada, fermosa, necesaria contra a des-extinción”.

Publicado en Nós diario: 09/08/2023

Manuel Rivas impulsa -xunto coel autor deste libro, el ornitólogo coruñés Antonio Sandoval-, el Manifesto da outra xente, un chamamento público que reclama “abrir paso a un decrecemento” en defensa da naturaleza e dos animales e que ta firmado por un centenar de persoas del mundo da cultura, el periodismo, a educación, a xusticia e el ambientalismo científico en toda España.

El manifesto difúndese en catalán, castellano, euskera, galego, asturiano, aragonés e leonés.

“Chegou el momento de pensar en ampliar os deretos da Outra Xente e estender de forma universal leis que a defendan frente a toda forma de ecocidio”. 

Foto de Pixabay

Manifesto da Outra Xente (En galego)

Vivimos un tempo de emerxencia planetaria. Cómpre poñer fin á guerra contra a natureza. Poñer fin aos procesos de extinción. Acabar cos asasinatos ecolóxicos en masa contra a Outra Xente.

É hora de descolonizar e desescravizar a nosa mente. O respecto á Outra Xente, á natureza, é tamén a nosa emancipación. Sen a biodiversidade non haberá lugar para o ser humano.

Fronte ao fanatismo da sobreexplotación ilimitada debemos abrir paso a un decrecemento, entendido como unha nova abundancia. Abundancia no benestar con e coa natureza. Temos que renaturalizármonos para reencantarnos coa nai terra.

Chegou o intre de pensar en ampliar os dereitos da outra xente e espallar de xeito universal leis que a defendan fronte a todo tipo de ecocidio.

Hai que actuar. O primeiro paso, a primeira revolución, é comezar a escoitar as voces da Outra Xente.

***

Manifest de l’Altra Gent (En català)

***

Beste Jandearen manifestua (En euskera)

***

Manifestu de la otra xente (En asturianu)

***

Manifiesto de l’Atra Chent (En aragonés)

***

Manifiestu de la Outra Xente (En llionés)

***

Manifiesto de la Otra Gente (En castellano)

Estas recomendaciois son de Rosa Riopedre:

Texto de referencia da renovación da novela de postguerra. 

Fresca e directa; búsqueda da identidá, descripciois amplias de feitos reales ou ficticios, de ambientes, de sensaciois, de lo cotián… observando todo minuciosamente.

É a primeira novela femenina moderna en España.

Autorreflexión da protagonista: “Unos seres nacen para vivir, otros para trabajar, otros para mirar la vida. Yo tenia un pequeño ruin papel de espectadora. Imposible salirme de él. Imposible liberarme (..)”

Imprescindible.

Úa casa sin secretos chía de feridas, fisuras, socavois e mentiras. Fálase de cómo a familia se mantén con autoritarismo, silencio… En definitiva, chía de feridas.

A impostura é algo que ocurre frecuentemente e que cada un debemos resolver. 

Mestría ten Sara Mesa.

Lo imperfecto das relaciois madre-fillo. Relato crudo, intenso, emotivo. El abandono e a reconciliación. 

El descubrimento de Tatiana Tibuleac impresionoume.

Camino Pérez Martín anímanos a ler este libro:

Wolfgang Korn (Lünen, Alemania, 1958) estudiou Historia, Ciencias Políticas e Xornalismo. Actualmente vive en Hannover e colabora como xornalista pra revistas e periódicos como Geo e Die Zeit.

El libro viaxa por diferentes países, seguindo el recorrido dun forro polar desde el orixen del material que lle dá vida, deténdose en cada parada pra comentar conflitos asociados a esta cadea globalizada de produción: explotación, contaminación, migración… e mñostranos, non solo as desigualdades existentes nel noso mundo sinón as consecuencias das nosas actuaciois diarias.

Natalia Jardón recomenda este:

Este libro corto gustoume muito. Lino hai us dez anos, ou seña que xa choveu… pero recordo que describe a vida dun pobre irlandés nun poblo inventado, pero failo en clave humorística-sarcástica e funciona. Pareceume mui agudo.

É interesante tamén porque foi escrita en gaélico e traducida al español directamente por Antonio Rivero Taravillo, sen pasar por el inglés.

Moisés Cima recoméndanos que leamos este libro con esta reseña que nos introduce nel universo galego-portugués, nas historias paralelas de bos e malos, nas dos abandoados por os deuses e na transgresión das normas oficiales:

Úa novela na nosa lingua, a lingua galega ou galego-portuguesa, que se fala de Villouril a Minas Gerais, de Verducedo a Cabinda, de Luiña a Maputo, escrita por un dos máis importantes autores na nosa lingua, alí onde a nosa lingua ten outro nome e outra grafía.

Caim é úa historia alternativa á Historia oficial, úa sorte de libro bíblico apócrifo onde Caín, el malo malo máis malo por antonomasia, conta a súa versión dos feitos. Caim preséntanos un Edén sen pecado orixinal, onde el pecado é el conocemento. Onde un ermao pastor que dá el que ten a Deus é el privilexiado frente a un ermao labrego que, dando el mellor que ten, é despreciado. Un Caín atemporal que, como viaxeiro del tempo, viaxa marcado coa súa marca del pecado, a marca del asasín, aínda que como él mesmo lle recorda a Deus, matou a úa sola persoa mentres que el Creador matou a milleiros. Un Caín que viaxa nel tempo pra deter el innecesario sacrificio de Isaac, al que el sou pai, fanático, está disposto a matar por satisfacer el desmedido ego del Creador, pero é quen a deterlo, sendo confundido por Abraham con un ánxel enviado polo mesmo que pretendía un holocausto homicida. Un Caín que recolle a heredá insumisa de Lilith e, como desterrado sen patria, vai polo mundo intentando parar as guerras e homicidios que se fain en nome de Deus. Un Caín que nos fai reflexionar sobre a relatividá del ben e del mal e, sobre todo, sobre os relatos oficiales sobre bos e malos. Un Caín que non é un héroe, senón un home, e como home, dános a conocer a súa, a nosa, humanidá.

Como diz a sinopse da cuidada edición de Caminho:

Pela fé, Abel ofreceu a Deus um sacrifício melhor do que Caim. Por causa da sua fe, Deus considerou-o seu amigo e aceitou con agrado as suas ofertas. E é pela fe que Abel, embora tenha morrido, ainda fala (Hebreus, 11-4)

Pero nestas follas é Caín quen fala, e vaia se fala, e nel sou falar topamos as voces de todos os desterrados, aquelos aos que Deus abandonou nestas terras ermás al leste del Edén.

José Luís Graña recoméndanos este:

Serie de ocorrencias realmente enxeñosas moi adecuadas para divertirse lendo. Mágoa que conteña bastantes erros, incomprensibles nunha escritora desta traxectoria e nunha editorial como Galaxia.

E tamén este (un texto propio) nun acto de vaidade -como él mesmo nos dice-:

Conxunto de narracións breves reveladoras do mundo interior dos adolescentes destinadas, nomeadamente, ao público xuvenil, mais moi aproveitables para docentes e pais-nais con alumnado e fillos nesta idade.

Rosa Riopedre envíanos outra suxerencia lectora:

Hai un pequeno-gran libro de Miguel Delibes, publicado en 1979, que reflexiona sobre a naturaleza… e cómo a sociedá lle dá as costas ( en pos de outras merdas). Foi el sou discurso de ingreso na Real Academia Española en 1975. Acordeime del al ler e reler el “Manifest d’Altra Gent”, que é corto e contundente, non ten desperdicio. E el libro de Delibes tampouco.

Temos úa recomendación de Paloma García:

Hai un librín mui breve pero fascinante, de esos que sería ben que lese “todo el mundo”: The Sense of Wonder, de Rachel Carson, escrito en 1956 e publicado postumamente en 1965. Eu linlo non hai muito núa edición española da Editorial Encuentro, titulada El sentido del asombro. Existe tamén úa versión en galego, O sentido do abraio, de Catro Ventos Editora, pero parece ser que ta descatalogada. Aclaro que me pareceu fascinante a pesar de lo descuidada que é nel sou estilo a tradución que chegou ás mías maos. A misma editorial (Encuentro) sacou tamén úa edición ilustrada na que espero que corrixiran estas deficiencias que, con todo, non chegan a deturpar el potente mensaxe da autora.

Ese mensaxe -que Rachel Carson transmite dun xeito entusiasta e sensible, incluso poético- é a importancia de que nenos e nenas señan acompañados desde mui cedo pra achegarse á Naturaleza, e así ir descubrindo pouco a pouco as marabillas e os misterios, grandes e pequenos, que se multiplican alredor noso: saber de elos solo con pararnos, escuitar, mirar, ulir, tocar. De ei salirá un gusto por explorar, por ir sabendo máis, e un apego que se traducirá en amor por el entorno natural, un entorno que se aprecia e se valora porque  foi interiorizado como algo grandioso de lo que formamos parte.

A autora, Rachel Carson (1907-1964) foi úa bióloga estadounidense que en 1962 causara gran impacto coel sou libro Primavera silenciosa nel que alertaba sobre el peligro da contaminación producida por os pesticidas químicos. A difusión na TV das súas conclusiois, que ela defendeu con firmeza e brillantez, causoulle graves problemas personales. Foi atacada e difamada por parte dos grandes fabricantes de agrotóxicos, pero a súa denuncia serviu pra que se puxesen en marcha mecanismos públicos de control medioambiental (neste sentido, ta considerada como úa pioneira del movemento ecoloxista) e que se abandonara el uso del mortífero DDT.

A vida de Rachel Carson tuvo marcada por a súa pasión por a naturaleza. Nacida e criada núa granxa, ávida lectora, axina empezou a escribir historias sobre animales. As súas aptitudes leváronla a iniciar úa formación universitaria en literatura, pero máis tarde, esfoutada por úa profesora, optou por a zooloxía e posteriormente especializouse en bioloxía marina. A expansión da súa carreira neste ámbito viuse frustrada en parte al serlle denegado, por a súa condición de muller, traballar enrolada como investigadora nun buque oceanográfico. As dificultades económicas familiares condicionaron tamén os sous pasos académicos e profesionales, por eso se dedicou durante anos a redactar publicaciois divulgativas del departamento federal de caza e pesca. El sou libro máis impactante foi Primavera silenciosa, pero previamente publicara el precioso Bajo el viento oceánico e máis tarde El mar que nos rodea. Nos sous últimos anos adoptou al fillo de súa irmá falecida. É a este sobrín pequeno, Roger, al que acompañou transmitíndolle ese sentido del asombro, dun xeito que quixo compartir regalándonos este librín tan guapo que vos recomendo.

James Rhodes naceu en Londres en 1975. É un famoso concertista de piano e un gran innovador da música clásica que ofrece recitales por todo el mundo, féndolo dúa maneira mui especial porque non solo toca senón que intenta explicar as obras musicales e el porqué das súas interpretaciois.

Instrumental é un libro de memorias que xa podemos ler en galego, e precisamente porque el autor é un enamorado da nosa lingua. Hai pouco que tuiteou algo que fixo felices a todos a todos os que non cuspen sobre as linguas cooficiales del estado e aos que aplauden el lanzamento en galego del sou famoso e durísimo libro Instrumental. Rhodes quixo celebrar que xa se atope nas librerías na súa versión en galego, e fíxolo nun tuit explicándolo na nosa lingua: “Síntome moi emocionado e orgulloso“, dixo.

Rhodes xa leva tempo fomentando el debate e a visibilización alredor das violaciois infantiles, as enfermedades mentales e el suicidio, con charlas, conferencias e con libros como este.

Dedica el libro al sou fillo porque, dice, “Solo hai dúas cousas na vida que teño garantizadas: o amor que me inspira o meu fillo e o amor que me inspira a música”.

Estas son as palabras da contraportada:

“Violáronme aos seis anos. Internáronme nun psiquiátrico. Fun drogadito e alcohólico. Intentei suicidarme cinco veces. Perdín a custodia do meu fillo. Pero non vou falar diso. Vou falar de música. Porque Bach me salvou a vida. E eu amo a vida”.

Úa recomendación: al inicio de cada capítulo el autor escribe sobre úa obra musical: Prokófiev, el Trío pra piano nº2 en mi bemol de Schubert, A Chacona de Bach e Busony, Schumann… Entrade en Youtube e escuitade esas composiciois á vez que ledes.

Palabras e notas musicales: un dobre placer.

Seicho Matsumoto (1909-1992) comenzou a escribir aos 40 anos e despegou literariamente condo recibiu el premio Akutagawa por Historia del diario de Kokura en 1952. Ta considerado como un dos principales escritores xaponeses de novela negra. Podedes escuitar aquí el coloquio que tuvo lugar durante el festival BCNegra 2024 en torno á obra del autor e nel que participaron a súa tradutora, Marina Bornas, e os periodistas Antonio Lozano, Marta Marne e Carlos Salem.

Se vos gusta a novela negra, este libro, editado en 2021, é un clásico del “thriller” xaponés nel que Matsumoto nos conta a historia de Tsuneo Asai, xefe de área nel Ministerio de Agricultura e Silvicultura,. desde el momento en que recibe a noticia da súbita morte da súa muller nun barrio rico da ciudá de Tokio. Barrio nel que abondaban as casas de citas, un lugar del que Aiko nunca lle tiña falado, lo que fai aumentar día a día a súa obseción por conocer toda a verdá.

Con úa primeira mitá lenta, tranquila, repousada —un ritmo mui propio das letras niponas— Matsumoto non ten présa por chegar al punto álxido, al clímax da trama. Pero úa vez superado este punto, máis ou menos nel “ecuador” da novela, el autor atrápanos entre as súas páxinas asta chegar a final… nel que… cualquer cousa é posible…

Animádevos a lelo, non solo pola intriga que mantén -en especial a partir de que levemos el 50% leído- senón porque nel libro tamén hai outros temas: a crítica dúa sociedá mui xerarquizada, das convenciois, da mentira, da vinganza, del medo al escándalo, os daniños prexuicíos…

Todo un luxo que podamos ler en castellano este libro de Matsumoto, traducido de forma brillante e elegante -a decir dos entendidos- por Marina Bornas.

Comparado coel belga Simenon (creador del comisario Maigret) pola súas atmosferas e a capacidá pra fondear nel alma dos sous personaxes. Pero tamén cercano á novela negra inglesa pola atención hacia el detalle, al ambiente sombrío, á violencia soterrada… todo sen alonxarse del sou país nipón nel que contrasta lo local con lo global.

Acaba de publicarse El castelo de area, da que dicen é úa das súas novelas máis redondas e aplaudidas pola crítica (“Engancha desde a primeira á última páxina”).

Comparte

3 comentarios en “Libros e máis libros…”

    1. Pois algo así, sí. Un lugar de encontros lectores, onde poñer lo que tamos lendo -ou xa limos- e que nos gustou. Por eso taría ben escribir algo que “enganche” a outro-a-s e anime a ler. Que tal ta ese Cantar…?

  1. El de Saramago apetéceme muito. Non sei se será porque Ensaio sobre a cegueira foi un libro que me enganchou e Memorial do convento foi el primeiro que lin de Saramago. Pero creo que ese será el próximo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *