Santi Somoza Pardo naceu na Veiga en 1951. Estudiou Maxisterio e Filoloxía en Uviéu. Colaborou na revista A Freita e é autor de textos en prosa e verso en libros colectivos, en galego, asturiano e castelán. Abrimos el ano con estos poemas sous:
Seis haikus, algús deles dedicados a Boal e outros aos libros e á poesía:
6PROMOHAIKUS6
Leo lemos len os ollos como pratos Afora chove
Nin el poeta Quen sabe desa luz que lo ilumina
Páxina a páxina despertan os sentidos Fiollo fresco
Libros en Boal viaxes por todo el mundo El mel nel trobo
As follas brancas as letras como abellas Soñando historias
Esa caseta un cabazo de libros Vive outras vidas
E tamén con estos outros que él titula Os haikus da louxa:
Xa non conoce aquela voz que entonces lo arrolou tanto
Todos os días Suarón e Monxardín viaxando al Eo
Petaba a lúa nel espello da ría a cara oculta
Pola lameira os páxaros escriben Quen lo entendera!
Cara de neve Xigantes ou molíos? Pico da Bobia
Coa carretera xoga á ruleta rusa el xabaril
Feliz carballo que ten máis de cen anos e nun lo sabe
Menos el cuco nel monte de Silvela todo é silencio
Xunqueira fiel a marea vai e vén pero ela queda
Ondas concéntricas afogouse unha pedra El augua chora
Cantan as forxas da Galea á Puntía Quéixase el ferro
A mariposa píntalo de colores un pino verde
Aquel aroma del fiollo dos vraos que nun volveron
Balcón da Cal a Callarriba sube as fontes baxan
Solo fantasmas ecos dalgunhas voces tardes de pésigos
El vendaval peneirando nas follas Merman os días
Río das Trabizas un rumor de cuitelos baña Ferreira
Vestiuse el noiro dun peteiro de flores Suspira a nena
Vese nas gotas da rosada un reichín Qué presumido!
Pra ir á ría danlle a mao al Fondrigo Miou e Louteiro
Triunfo da luz as cerdeiras de brancco A primavera
Pingback: Temos escritores/as – axuntar.eu