Pelis e máis pelis…

Esta é a terceira novedá deste ano (xunto a CONSELLOS LECTORES E MIRADA POÉTICA): CINE, úa nova categoría na nosa web. Aquí iremos subindo reseñas e/ou recomendaciois de pelis que nos gustaron. Xa sabedes, enviade a-s vosa-s por el correo (asociacion@axuntar.eu).

Comenzamos con esta:

El título sale de úa canción: “Perfect day”, escrita en 1972 por Lou Reed e que forma parte del sou disco Transformer.

Pero a diferencia da canción de Lou Reed, a peli usa el sou título en plural… porque non hai UN día perfecto, senón que todos os días del personaxe son, pra él, perfectos. A pesar del sou traballo (limpador de urinarios na capital máis poboada del mundo -Tokio-), Hirayama presenta contra un presente gris, úa mirada de esperanza. Condo remata el sou traballo -que realiza con sumo cuidado e detalle- se dedica ás súas pasiois: a lectura, a fotografía e as árbores. Hirayama vei rutinariamente os días festivos a úa librería na que a persoa que la atende lle fai úas marabillosas, breves e certeiras reseñas de cada libro que leva. Tamén se dedica a fotografiar, especialmente árbores, cada vez que fai úa parada nel sou traballo diario mentres come nel mesmo parque de sempre. E cuida todas as mañás, antes de salír pral sou traballo, dos bonsais que ten en tiestos cerca da ventá na súa habitación. Úa vida chea de rutinas pero tamén de ilusión. “Perfect Days es una celebración de la vida, con sus matices grises y oscuros”, palabras de Leandro Arteaga en Página 12 quen remata a súa preciosa reseña así: “En síntesis, toda Perfect Days es este intento de Hirayama/Wenders por capturar y compartir aquello que los japoneses, develará la película, denominan “komorebi”: el momento único donde luz y sombra conviven, gracias a las hojas que mece el viento.

Alex Montoya, crítico de cine, dice:  “con su ritmo pausado y contemplativo, su llamada a la belleza de las pequeñas cosas que nos atan a la verdadera esencia de la vida, su delicadeza en el fondo y en las formas, ‘Perfect Days’ es un abrazo“.

A banda sonora del filme é inmellorable. Os vellos cassettes de rock dos 60 e 70 de Hirayama soan todas as mañás, mentras conduce al sou traballo nel populoso barrio de Shibuya: The Animals, Patti Smith, Van Morrison, a Velvet, e, obviamente, a preciosa canción ‘Perfect Day’ de Lou Reed, que podedes escuitar aquí con letra en bilingüe (castelán e inglés).

Ficha Técnica

Dirección: Wim Wenders. Reparto: Kôji Yakusho, Arisa Nakano, Tokio Emoto, Yumi Asou, Sayuri Ishikawa, Tomokazu Miura. País: Japón. Fecha de estreno: 12-01-2024. Xénero: Drama. Guion: Takuma Takasaki, Wim Wenders. Duración: 124 min.

Aquí el trailer desta marabillosa película de Win Wenders.

O corno é úa película dramática de 2023 dirixida por Jaione Camborda e protagonizada por Janet Novás. É úa coprodución hispano-belga-portuguesa, rodada en galego. Ganou a Concha de oro á millor película de la 71.ª edición del Festival internacional de Cine de San Sebastián en 2023. Ambientada na Galicia del tardofranquismo (1971), a trama conta a situación de María, úa muller que se ve obligada a abandonar a Illa de Arousa e cruzar a fronteira a Portugal.

Jaione Camborda fala de maternidá e solidariedá femenina núa bonita película que exemplifica úa fuxida sen volta.

FICHA TÉCNICA:

Dirección: Jaione Camborda. Reparto: Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás, Diego Anido. País: España, Portugal, Bélxica. Ano: 2022. Fecha de estreno: 11-10-2023. Xénero: Drama. Guion: Jaione Camborda. Duración: 110 min.

Como naide millor cá propia directora pode falar desta película, podedes ler a entrevista que nos regalou el 5-12-23. Aquí vos deixamos con ela.

A “zona de interés” (“interessengebiet”, en alemán) é el término coel que as SS se referiron aos 40 kilómetros cuadrados que rodeaban el campo de concentración de Auschwitz.

Basada na novela de Martin Amis, A zona de interés é úa película sobre el HOLCAUSTO, pero tratada desde el punto de vista dos “actores” del horror, baixo el prisma da “normalidá” e por medio de suxestiois, lo que convirte el filme en algo espeluznante. Desde el inicio, con un fundido en negro durante us minutos acompañado da chirriante e tremenda banda sonora de Mica Levi, Glazer introdúcenos nel horror da historia que vivimos desde dúas perspectivas: el “fóra” del campo de exterminio (nunca se traspasan os sous muros) e el retrato hiperrealista.

Narra a vida de Rudolf Höss, comandante del campo de Auschwitz e a súa familia, a 200 metros das cámaras de gas. Un muro pra separar a traxedia da indiferencia. La cámara acompañan a experiencia dos captores durante el Holocausto, sen buscar nin a empatía nin regodears nel horror; solo escuitamos os ruídos del crematorio, os berros dos protagonistas, vemos el fumo e el lume salindo polas chimeneas, os xudíos traballando como criados na casa del comandante, el río nel que se bañan con cinzas e restos dos mortos… lo que fai a película aínda máis dura tremenda.

Aquí un resumo.

Corn Island (2014) transcurre núa rexión del Cáucaso (Abxasia/Xeorxia/Rusia…) mui tensionada por conflictos que la levaron á guerra despois da desmembración da URSS, e que einda continúan latentes.

É un film aparentemente simple pero mui potente, nel que se abordan cuestiois atemporales centrándose, paradoxicamente, nel paso del tempo, os ciclos da naturaleza e as diversas etapas da existencia humana.

Os protagonistas son un vello labrego abxasio e a súa neta adolescente, que condo a rapaza acaba el curso se trasladan á pequena isla formada aquela primavera por as terras de arrastre nel fronteirizo río Enguri. Alí constrúen úa cabana e labran, grao por grao, el meiz que esperan recoller antes de que as chuvias del outono arramplen coa isla. E alí van pasando os largos días e as cortas noites del vrao mentras  soldados xeorxianos ou rusos circulan por el río, alterando de distintos xeitos a súa vida cotidiana.

Non etiquetaría eu Corn Island como película bélica, einda que se escuita algún disparo e a tensión ta nel ambiente. Pra min é, sobre todo, un relato precioso, ás veces poético, sobre el discurrir da vida, contado con delicadeza desde el emblemático río Enguri.

Úa montaña remota dos Alpes. Un cadavre ensangrentado enriba da neve, un neno casi cego, úa muller (a acusada) firme e lúcida, peligrosamente antipática. Úa película de tribunales, centrada núa parella de escritores e nos aspectos máis escuros da súa relación.

Mui premiada, e al parecer ben acollida por el público, curiosamente non foi elixida pra representar a Francia nos Oscars 2024. Será tal vez porque a intelixencia, fondura, saber fer e delicadeza que puxeron nela a directora, os actores e actrices principales (excelente sobre todo  a protagonista, pero tamén el fillo, el fiscal…) revelan dun xeito incómodo –cabe supoñer mortificante pra muitos dos que deciden- a misoxinia que impregna el ámbito xudicial, médico e policial?  Porque el filme los revela, pero derrótalos con elegancia. El mundo del cine francés ven sendo tamén cuestionado neste sentido (#metoo), lo que lle daría á escolla úa especial lectura política.

Con Oscar á mellor película estranxeira ou sin él (qué máis da), cónto gana el cine, el arte, a xente, condo -como neste caso- a cultura reflexa a mirada das mulleres, esa mitá del mundo tan ausente asta agora na dirección cinematográfica e en tantos outros ámbitos. Cónto aportan e amplían a perspectiva os ollares diversos, qué búa cousa é  que por fin se abran paso outros xeitos de contar as historias.

Comparte

1 comentario en “Pelis e máis pelis…”

  1. Pingback: Libros e máis libros… – axuntar.eu

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *