Colleita de opiniois. Un elefante nel cuarto

Por Natalia Jardón

Un elefante nel cuarto

A propósito del exterminio amable del idioma galego en Asturias

Existe en inglés úa expresión que pode resultarnos útil al hora de explicar el clima de confusión xeneralizada que afecta á comunidá lingüística del Eo-Navia: trátase da frase elephant in the room ‘elefante na habitación’, usada metafóricamente pra describir situaciois nas que úa realidá evidente e incontrovertible é ignorada de maneira conscente, por ser esta socialmente incómoda, subversiva ou inoportuna.

Ditas situaciois lévannos a escenarios grotescos nos que el estudio da realidá por sí mesma cae nel descrédito, asediada por un relativismo que asume que el conocimento depende del punto de vista. Dado que sería mui difícil (nos termos que marca a ciencia) tratar de negar un feito tan evidente como pode ser a presencia dun elefante,  recúrrese nestos casos al cuestionamento sistemático da realidá, enfatizando a súa irrelevancia. Esta estratexia, que poderíamos denominar sofista por non aspirar á verdá senón á mera persuasión, alimenta un estado de “esquizofrenia social” que compele al ciudadao a vivir en contradicción.

Entremos agora nesa habitación chamada Asturias, decorada en diferentes estilos e con vistas al mar e á montaña: aí atopamos al elefante que a habita desde tempos inmemorables, el idioma galego. Observamos el sou caminar tranquilo e imperturbable pola habitación que sempre foi a súa casa, el sou lar, e sen a cual estaría orfo; non obstante, preguntémonos esto: que quedaría de Asturias sen el sou elefante?

El problema surxe condo os que tein a competencia (e a responsabilidá) de velar por el benestar del elefante se propoin acabar con él e con cualquer outro atisbo de diversidá na habitación. De aí que durante os últimos 30 anos se vera desenvolvendo úa política de “exterminio amable” da lingua galega en Asturias, lingua que representa a decenas de miles de asturianos.

Cuales son as características máis notables desta política de exterminio amable? Úa dellas é evitar chamar á realidá por el sou nome pra despoxala da súa identidá: así, se rexeita el uso del termo galego en favor de outros como eonaviego ou galego-asturiano, que en ningún caso estarán al nivel da “verdadeira” lingua de Asturias, el asturiano. Utilizar el termo galego supoiría reconocer a súa dignidá como parte del dominio lingüístico galego-portugués, e como membro dun legado histórico e cultural tan extenso (ou máis) que el del astur-leonés; por eso, négaselle el nome e colócase a pé de páxina.

Así chegamos á segunda característica, a invisibilización da lingua nas instituciois e medios autonómicos: invito al lector a pasear pola Xunta Xeneral, órgano que (se supón) representa a todos os asturianos, unde verá carteles bilingües en asturiano/castellano. Busque algo en galego e non lo atopará, del mesmo modo que non atopará un programa na TPA onde el presentador use el galego pra dirixirse aos vecíos dun poblo da Asturias central. Esto último non deixaría de ser meramente anecdótico se non ocorrese todos os días en sentido contrario: refírome al caso del presentador que visita Eo-Navia en asturiano. Por tanto, en Asturias hai un indigno desaxuste entre a realidá lingüística del territorio e el reconocemento da mesma a nivel mediático e institucional.

Úa terceira propiedá del exterminio amable é el control social da opinión e el señalamento del disidente: para eso  adúcense argumentos falaces basados en enquisas que apelan a sentimientos e identidades, máis allá da lingua, todo eso pra negar que el elefante existe e é. En vez de apreciar a riqueza lingüística da habitación, normalizando el feito de que el galego é tan propio de Asturias como lo poden ser el asturiano e el castellano, óptase por lanzar  aos galegofalantes a úa piscina de contradicción, na que compiten asturianidá e lingua. Aquellos que logran non caer al augua son acusados de galeguistas, palabra cuxo sentido orixinal (‘que ten amor ou aprecio por lo galego’) foi reemplazado en Asturias por outro de carácter nacionalista-irredentista que acentúa a confusión creada entre identidá e lingua. El mensaxe que se lanza á opinión pública é el seguinte: os que sostein que en Asturias se fala galego son os mesmos que reclaman que el territorio entre el Eo e el Navia forme parte de Galicia. E usté, querido cidadao? Chamaría galego á súa fala? É usté un traidor á patria?

Tras el tabú terminolóxico, a invisibilización institucional e mediática, e el control da opinión pública, aparece el ingrediente máis letal del exterminio amable: a sustitución. Pra continuar coa nosa metáfora, esto consistiría en fer crer á xente que lo que percibe de forma clara e distinta como un elefante en realidá é úa gaviota. Admítese que hai algo, pero non lo que el cidadao diría que hai. Este podería decir: “bon, eu penso que non hai duda de que é un elefante: esas orellas, a trompa, as patas, el tamaño, os berridos que dá”; pero de sopetón, vese golpeado por as tres primeiras partes del exterminio amable, arriba descritas; el pobre home incorpórase como pode recapacita: “quizá señan alucinaciois mías, lo del elefan… el paquidermo, perdón”; acto seguido aparece a voz da sustitución: “tranquilo, non tás completamente tolo. Sí que hai algo, pero míralo ben. É úa gaviota”; el home contesta pasmado: “non vexo que vole, nin que poña ovos, nin que teña plumas.

Será a mía percepción que me engaña, así que vou deixar todas as mías intuiciois de lado, e vou confiar cegamente nesta voz que me dice que é úa gaviota. Seguro que al final acabo véndola eu tamén”. triste como absurdo, verdá?

Pois esa é a realidá de Asturias, a realidá del galegofalante del Eo-Navia que percibe, por exemplo, que el sou o soa diferente condo fala del oso animal e del óso que forma el esqueleto. En vez de aceptar este feito como consecuencia natural de que el o en galego pode ser aberto ou cerrado, féiselle crer que lo que él percibe como o pode ser u, tratando así de acomodar el sou sistema de 7 vocales a outro de 5 que lle é alleo, el sistema asturleonés. As normas ortográficas vixentes, cociadas a principios dos 90 coel obxetivo de deslexitimar as propostas por a Mesa prá defensa del galego de Asturias (MDGA), contemplan ademais a sustitución del -ll- etimolóxico por el -y- propio del asturiano, así como a adopción de apóstrofes. Estas decisiois en torno á norma non son inocentes, senón que obedecen al propósito criminal de deformar el galego propio de Asturias asta que non seña xa reconocible, pra así poder arrebatarlle a súa dignidá e condición de lingua pertenecente al tronco galego-portugués. El afán de convertir al elefante en gaviota.

Natalia Jardón 1,2

1Centro de Estudios Avanzados en Lingüística Teórica (U. de Tromsø)

2Asociación Axuntar

Comparte

2 comentarios en “Colleita de opiniois. Un elefante nel cuarto”

  1. Pingback: Al faro – axuntar.eu

  2. Pingback: Al Faro – Axuntar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *