Os calieiros ou caleiros

Calieiro da Veiga de Ouria (Boal). Foto de Bergoña Martín

Dentro del Patrimonio cultural atopamos exemplos de arqueoloxía industrial que tein un gran valor pra conocer as actividades económicas e sociales que existiron nel Eo-Navia desde el S. XVIII asta a metá del XX: Os calieiros ou caleiros.

Eran fornos, coa forma dun tronco de cono, unde se calcinaba a pedra caliza, pra obter cal vivo, hidróxido de calcio, que despós se utilizaba como abono, como morteiro na construción, en industrias tintoreiras, na purificación de auguas, nel curtido de peles ou como desinfectante. Tampouco podemos esqueicer el sou uso medicinal na época: matar os bacilos del tifus e del cólera e usarse en preparados prá garganta e a pel, como antiséptico contra as plagas e como inhibidora da putrefacción das auguas.
A súa construción tá datada basicamente nel S. XIX, inda que algús son del S. XVIII (como el conxunto de calieiros de Punta de Taraxe, en Vilavedelle (Castropol), unde chegaron a existir asta 23), quedando practicamente abandonados a mediados del S. XX coa chegada masiva del cemento.
Ubicábanse en lugares próximos ás canteiras de pedra caliza, abundantes na zona, pra non ter que desprazarse mui lonxe debido al enorme peso das pedras que se debían transportar. Funcionaban por lo xeral na época del vrao porque era preciso asegurar el bon tempo coel fin de que condo se iniciase el proceso el forno non se apagase polas inclemencias climatolóxicas.
Habitualmente eran propiedá de varias casas que los usaban pra consumo propio e venta inmediata. Pero algúas veces usábanse en réximen de alquiler, a cambio normalmente dun pago en especie, como muitos dos molíos.
Era común ver a úa serie de persoas que, aparte das súas rutinas diarias nos traballos del campo, desempeñaban este oficio; inda que tamén había persoas especializadas, verdadeiros artesanos del cal.

El proceso que se seguía prá obtención del cal podía durar asta tres días e era el seguinte:
Primeiro íbase al monte coller a bouza (toxos vellos e leña) e llevábase asta a entrada del calieiro, onde se amontuaba. Había que coller a pedra caliza das canteiras e levalla ás inmediaciois del forno, pra cocella e extraerlle el cal.
Nel forno preparábase el llar, coas pedras calizas transportadas asta allí formando úa bóveda que tía úa entrada. As pedras máis grandes colocábanse na base rodeando el interior del forno, tían forma regular e chamábanse arquilleiras ou chamadeiras. As máis pequenas colocábanse nas partes de menos calor. A pedra que cerraba a bóveda chamábase clavo. A pedra caliza que sobresalía por enriba del forno en forma de cono, tía el nome de colmo. El colmo rematábase con úas pedras en forma de cruz que, decían, servían pra mandar lonxe os malos espíritus. Condo a bóveda taba rematada, queimábase a bouza e prendíaselle lume. Pra atizar usábanse us paos de madeira en forma de forca, as chuzas. Condo se avivaba el lume e se removían as brasas, facíase cus paus largos, de asta de 4 ou 5 metros, as reidoiras, porque a temperatura que alcanzaba el forno era mui elevada (mínimo 900º C constantes pra que el carbonato de calcio se liberara del dióxido de carbono e pasase a ser óxido de cal). As persoas encargadas tían que ter en conta que antes de encender el forno, debían preparar onde quedar a dormir e comer porque, úa vez encendido, el traballo non podía parar asta que se obtía el cal e se tapaba el forno.
Condo acababa el proceso, a pedra tía que enfríar durante outros 4 ou 5 días. E el colmo da bóveda había que cubrilo con tarrois pra evitar que entrase a chuvia durante el proceso final.
Despós solo había que descargar el calieiro e distribuir el cal pra todos os sous usos que, como xa comentamos, eran muitos e variados.
Algús dos calieiros que se conservan (en distinto estado) na nosa Comarca, son os seguintes: cuatro na Veiga de Ouria: el Pequeno, El Grande e el de A Furada na zona chamada As Penas (carreteira de Ouria) e outro -particular- na finca dos apartamentos El Llago; un en Rozadas; un nas Figueiras; outro na Veiga; dous nel Franco; un en Taramundi; tres en Castropol, concretamente un delos tá situado na Ría, nel Turullón de Salías (aquí reciben el nome de caleiros).

Turullón de Salías (Castropol)

Se queredes ver el inventario feito por el Principado, nel que hai muitas “ausencias”, pinchade aquí).
A chegada de novos produtos -como el cemento e el xeso- e a industrialización fixeron que nos anos 60 del S.XX el oficio de calieiro tocara al sou fin.

Nel Concello de Boal tamén podemos ver outro edificio relacionado con este patrimonio industrial e etnográfico: el CASQUEIRO. Asta finales del S. XIX existiu na zona da Veiga de Ouria un edificio pral curtido de peles, mui próximo e relacionado coel calieiro, xa que as peles se introducían en augua e cal pra ampliar a súa porosidá, quitar el sebo e corroer os pelos das mismas. Hoi, desgraciadamente, solo queda en pé úa parede e el almacén denominado casqueiro (chamado así porque se utilizaba a corteza dos árboles, a casca, pral curtido). Pero esta xa é outra historia…

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *