Traineras, trainerillas e bateles

Os deportes tradicionales son tamén un elemento del Patrimonio cultural del Eo-Navia que felizmente se mantén mui vivo. Por eso nesta entrada podedes ler acerca del remo en embarcaciois de banco fixo (traineras, trainerillas e bateles) que tanto arraigo ten nas nosas rías.

El remo de banco fixo (traineras, trainerillas e bateles) ten muito arraigo na comarca eonaviega. Como deporte popular tradicional que é, tá relacionado con dúas actividades que nun tempo foron propias das nosas rías: el barcaxe e a pesca en botes de madeira movidos a remo.

Tanto as embarcaciois que se dedicaban al transporte de pasaxeiros, mercancías e gado entre os portos da ría (barcaxe) como as que faenaban dentro e fóra dela, competían en ocasiois por ser as primeiras en arribar, pra obter así prestixio sobre a competencia ou, nel caso das embarcaciois pesqueiras, conseguir precios algo mellores.

Na ría del Eo/ ría de Ribadeo, a prensa comarcal faise eco na primeira década del s. XX de competiciois deportivas entre embarcaciois que tían lugar durante as festas patronales das localidades ribeireñas.  As embarcaciois que se utilizaban eran as mismas que se usaban pral traballo, reglamentándose previamente por escrito as características (tamaño, peso…) das que poderían competir entre sí. Os remeiros eran maioritariamente homes, pero non exclusivamente, pois xa en 1918 cuatro remeiras ganaron nas Figueiras úa preciosa copa que luce nas vitrinas del Club de Mar de Castropol. 

Primeira trainera femenina de Castropol

Tipos de embarcaciois

Tal e como lo conocemos actualmente, el remo tradicional en banco fixo practícase en tres tipos de embarcaciois federativamente reglamentadas:

Bateles: 4 remeiros-as e 1 patrón ou patrona

Trainerillas: 6 remeiros-as e 1 patrón ou patrona

Traineras: 13 remeiros-as e 1 patrón ou patrona

Un deporte tradicional mui vivo

A práctica desde deporte, que na Península Ibérica é propio da cornisa cantábrica e da costa atlántica galega, foi adaptándose al paso del tempo, mantendo úa forte implantación a nivel popular nos portos pesqueiros del norte e noroeste. As regatas máis vistosas e que arrastran un maior número de espectadores e participantes son as de traineras, destacando a nivel estatal a “Bandera de La Concha” que se celebra (desde desde 1879 en categoría masculina e desde 2008 femenina) en San Sebastián, e a nivel comarcal a “Bandera Princesa de Asturias” que se disputa desde 1984 en Castropol.

Os clubes de remo federados que existiron -e nalgún caso siguen activos- nos concellos del Eo-Navia son Remeros del Eo (A Veiga), Club de Mar (Castropol), Remeros de Navia, Club de Remo Cabo San Agustín y La Unión de Medal (Coaña).

El Club de Mar de Castropol

El Club de Mar de Castropol fundouse en 1949, sendo el de máis longa traxectoria de todos os que nel Eo-Navia practican el remo tradicional. Al establecerse como club e poder federarse, empezou a participar nas distintas modalidades e categorías das competiciois oficiales.

Aparte de lo estrictamente deportivo, a vertiente social destas competiciois resulta mui interesante. Movilizaron á xente a nivel local e comarcal, despertando el entusiasmo dos familiares das tripulaciois e dos vecíos e vecías,  tanto nas localidades participantes como fóra delas. Condo se empezou a acudir a regatas en Avilés, Luanco, Galicia, Cantabria, País Vasco… había algo de épico nel feito de poñer el ombro pra acompañar al equipo en camioneta, autocar ou como se podía, por aquelas carreteras que parecían interminables, tendo que fer el viaxe de volta al acabar, muitas veces pra ir directamente  traballar al día seguinte. Eso sí: condo se volvía con medallas, a benvida da xente da vila -einda en pé esperando, ás tantas da mañá- seguramente fía esqueicer os momentos máis duros, sustituindolos por outros difíciles de olvidar.

Al principio, el Club de Mar contaba solo con bateles propios, aumentando progresivamente coel tempo a súa dotación. En 1971 ardeu el barracón nel que guardaban embarcaciois e material, pero  socios e remeiros foron capaces de superar el golpe mantendo a  súa brillante traxectoria. De feito, en 1977 ampliou as súas actividades al remo olímpico (embarcaciois de banco móvil https://es.wikipedia.org/wiki/Remo_ol%C3%ADmpico ).

Condo celebrou os sous 50 anos, este Club contabilizaba un total de 20 medallas de ouro, 30 de plata e 28 de bronce ganadas en campeonatos de España por as súas tripulaciois tanto masculinas (trainerillas, bateles e remo olímpico) como femeninas (bateles e remo olímpico), ás que agora habería que sumar as conseguidas  desde entonces.  Destaca tamén a clasificación obtida repetidas veces por os sous remeiros-as prá participación en competiciois internacionales de remo olímpico, incluidos campeonatos del mundo, así como a presencia nos xogos olímpicos de Barcelona,  Atlanta e Sidney.

El carácter non urbano nin industrial da nosa comarca, con población en descenso, pouco numerosa e dispersa, dálles maior valor relativo aos éxitos conseguidos, entre os cuales el feito de manter a traxectoria a través de tempos tan cambiantes é xa un triunfo en si mismo.

En 2022 el Club de Mar conta por primeira vez con úa trainera femenina (13 remeiras e úa patrona), que competirá na Liga Galega de Traíñas como xa lo ven fendo desde hai anos a trainera masculina del Club.

Longa vida e muitos éxitos al noso remo!

http://xn--xornaldamaria-tkb.gal/sociedade/3649-cen-anos-de-remo-feminino-en-castropol/

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *