El artículo 6 del Decreto 25/2024 establece que “la lengua asturiana es un patrimonio colectivo de Asturias. Axuntar pregunta por qué se priva al galego de Asturias desa importante condición.
Tras a recente remodelación del goberno, nel BOPA del pasado 19 de marzo, publicouse el Decreto 25/2024, de 15 de marzo, por el que se establecía a estrutura orgánica da Consejería de Cultura, Política Lingüística y Deporte, na que el nome legal foi sustituido en todos os casos por el ilegal Glotónimo “eonaviego“. Axuntar añade que ademais nalgúas partes dese decreto se omiten as referencias al gallego-asturiano, como nel caso del artículo 6, que establece que “la lengua asturiana es un patrimonio colectivo de Asturias”. “Ignoramos as razois que explican que el gallego-asturiano seña privado desa importante e xusta condición”, afirma Moisés Cima, presidente de Axuntar.
A Asociación prá normalización del galego de Asturias recorda tamén que, durante toda a lexislatura pasada, as autoridades lingüísticas de Asturias e a Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) veron fendo uso da expresión compartida “gallego-asturiano ou eonaviego”, dándolle prioridá a este segundo Glotónimo (eonaviego), que -subraian- non ta recollido na lei 1/1998.El fin último é ocultar a filiación lingüística del idioma.
Denuncian que ese Glotónimo “eonaviego” se xustifica en base a dúas enquisas sociolingüísticas “amañadas pola ALLA coel fin de sustituir el Glotónimo legal por outro que non incluíse a palabra “gallego”, pra ocultar a filiación lingüística e, de feito, violar a lei, evitando a denominación establecida legalmente por a Junta General del Principado/ Xunta Xeneral del Principado, é decir, por el poder lexislativo asturiano. Este prexuicio contra a galeguidá inherente á lingua galega que se fala en Asturias vén de lonxe”, e mencionan que hai xa casi dez anos a presidenta da ALLA, Ana Cano, declarou que el término gallego-asturiano era “pexorativo”. (El comercio, 20 de noviembre de 2005).
Nese sentido recordan que el propio responsable da III Encuesta Sociolingüística del Navia-Eo, Francisco Llera Ramo, reconoceu que lo que fixeron foi -ante a pregunta de qué lingua se fala na zona del Eo-Navia- agrupar nun solo ítem denominado “fala eonaviega” todas as respostas que mencionaban “fala” como referencia ás variantes propias dos concellos (“coañés, boalés”, etc.) e todas aquelas respostas distintas a gallego-asturiano ou asturiano, “creando a idea irreal de que este novo término era el Glotónimo preferido, pra referirse á súa lingua, de un sorprendente 65,5% das persoas enquisadas.”
Axuntar subraia que el nome gallego-asturiano xa foi utilizado por el que fora Presidente de la Real Academia Española, RAE, el escritor e filólogo de raíces galaico-asturianas Dámaso Alonso (palabra composta na que pra Dámaso Alonso el segundo término e´un xentilicio, é decir, explica que esa lingua galega se fala en Asturias) aunque desde a Asociación prefiren usar “galego” ou “galego de Asturias” pra evitar os intentos innecesarios de ocultar a filiación galego-portuguesa del idioma. Ademais el Glotónimo gallego-asturiano foi utilizado desde 1998 por as autoridades lingüísticas asturianas e aparece tamén nos estatutos da ALLA, nas campañas de Normalización lingüística e concursos literarios promovidos ou patrocinados nos últimos anos por el Gobierno de Asturias e a ALLA, e “incluso nas inefables reglas ortográficas que esa institución dá como “oficiales” e que separan a lingua del sou dominio lingüístico”. Añaden que tamén se utilizou nos cursos de formación del profesorado e, asta agora, en todos os textos xurídicos asturianos, e que é el Glotónimo que figura tamén nas Ordenanzas Municipales del Concello da Veiga, único Concello asturiano que ten úa ordenanza “pra el uso del gallego-asturiano”.
Destacan tamén que el Comité de Expertos de seguimento da Carta Europea de las Lenguas Regionales o Minoritarias vén reiterando desde hai anos a necesaria inclusión del nome “galego-asturiano” nel Estatuto de Autonomía de Asturias.
Moisés Cima asegura que “a insistencia en sustituir gallego-asturiano por eonaviego é un sombrío presaxio prá lingua del Eo-Navia, lingua que forma parte del Corpus lingüístico da lingua galega como demostran os importantes documentos medievales da Colección Diplomática del Monasterio de Santa María de Vilanova de Ozcos-” e insiste en que “eso supón un intento máis de consumar a conversión del galego de Asturias núa fala dialectal sen réiz lingüística, sen pasado e, lo que é peor, sen futuro.”
El idioma galego falado en Asturias é tan lingua de todos os asturianos como el bable/asturiano.
Axuntar pide que se sustitúa a denominación eonaviego por el agora oficial gallego-asturiano. “Está en xogo a dignidá idiomática del galego falado en Asturias, que é tan lingua de todos os asturianos como el bable/asturiano e que nos vincula al universo cultural galego-portugués e coa lusofonía, abrindo úas portas que non debemos pechar”, señala Moisés Cima. El presidente de Axuntar añade que “é un momento histórico prá lingua galega, a punto de desaparecer tras 40 anos del Estatuto de Autonomía de Asturias, e que xa transcurriron casi 25 desde que se aprobou a Lei 1/1998″.
Os nosos gobernantes non deben pasar á historia por comportamentos contrarios ás leis, irrespectuosos cos mandatos da Carta Europea de las Lenguas Regionales o Minoritarias [Art. 7.1 B) e el art. 7.1 e)] e por fer das fronteiras administrativas un problema que non lo é nin lo debería ser.”
Pingback: A forza da razón, por Natalia Jardón – axuntar.eu