Palabra de abril: auga

Nel dicionario de Varela Aenlle recóllense dúas acepciois: AUGA E AUGUA.

auga. V. augua (Taramundi, Santiso de Abres, Castropol, Tapia de Casarego, Vilanova de Ozcos, San Martín de Ozcos, Coaña). // A auga corrente nun matou a xente. Refrán que explica que a auga se pode beber cando a atopas no campo, pero non a estancada. // A auga de San
Xuan, tolle viño e non (fai) pan
. Refrán que explica que a chuvia de xuño estraga os cultivos (Santiso de Abres). // Auga de mediodía, auga pra todo el día. Refrán que indica que se chove ao
mediodía choverá todo o día. // Como auga de maio. O que se desexa moito e é ben recibido (Coaña). // San Isidro Labrador quita a (el) auga e (i) pon o (el) sol. Refrán que alude a que por
Santo Isidro Labrador (15 de maio) deixa de chover e cambia o estado do tempo (Santiso de Abres).

augua. s. f. Líquido incoloro, transparente, insípido e inodoro, formado por osíxeno e hidróxeno. 2. Auguada dun hórreo ou panera (Verducedo); nave. 3. Auguada dunha casa. 4. Chuvia. // A dúas, tres ou cuatro auguas. Número de auguadas dunha casa. // Augua a mediodía, augua pra todo el día. V. Auga de mediodía, auga pra todo el día. // Al augua. Ao aire libre cando chove. // Augua acalendada (calendada). Auga para o rego distribuída por quendas. // Augua das prindas. Auga que se pasa cunha prinda (Villaión). // Augua de socorro. Auga que se poñía na cabeza dos recentemente nacidos por parte da parteira dicindo as mesmas palabras que un cura: “Yo te bautizo en el nombre del Padre, del Hijo y del Espíritu Santo, amén” para que quedase bendito ante a santidade. // Augua fría i pan calente, calentura(s) de repente. Refrán que indica que os alimentos de diferente temperatura son indixestos e poden producir febre. // Ás cuatro auguas.
Referido a unha persoa, que é á pata chá. 2. Dise da persoa maleducada (Tapia de Casarego). // Como augua. Nunha cantidade grande (Boal). // Con augua que pasou nun mole el molín. Dito que alude que xa é tarde para lamentarse por unha cousa que non se fixo. // El augua corriente nun mata a xente. Refrán que explica o tipo de auga que se debe beber cando un está no campo. // El augua nel eiro i el sol nel aira. Refrán que considera o que é beneficioso para as colleitas. // Facer (fer, faer) augua. Dise da embarcación na que se introduce a auga por un furado do casco. // Ir ás auguas. Ir tomar augas medicinais a un balneario. // Llávalo uha gota de augua. Dise da persoa de bo aspecto. 2. Aplícase á persoa que non está morena. 3. Dise do animal gordo e co pelo brillante (Boal). // Meter en augua. Chover. // Nun chegar el augua al sal. Ter problemas económicos. // Nun chegar el sal al augua. Gastar máis do que se ten (Boal). // Nun cocer na primeira augua. Ser vello. // San Isidro Labrador quita el augua i pon el sol. Refrán que alude a que nesa data (15 de maio) deixa de chover pola intercesión do santo. // Volverse en augua. Quedar unha cousa en nada. // Volverse todo augua. V. volverse en augua.

A auga cubre úa porcentaxe importante (71 %) da superficie del planeta Terra. A maior parte del planeta componse de auga salada, que se atopa en mares e océanos. A auga dulce atópase en ríos, arroios, lagos, lagúas, humedales e augas subterráneas. A auga desempeña un papel biolóxico importante e todas as formas de vida conocidas dependen dela.

El dereto humano á agua e al saneamento (DHAS) foi reconocido como pola Asamblea General de las Naciones Unidas el 28 de xullín de 2010. Sin embargo, nese mesmo ano estimábase en 884 millois el número de persoas sin acceso á agua potable, e en máis de 2 600 000 000 as persoas sin saneamento básico. Tamén se calculaba que us 1,5 millois de nenos menores de 5 anos falecían anualmente como consecuencia da carencia de auga! Úa tremenda tristeza e úa enorme vergonza.

ETIMOLOXÍA: Provén del latín ACQUAM.

SIMBOLOXÍA:

  • A auga adoita ser vista como un símbolo de vida, renovación e limpeza.
  • Pode representar emociois como a alegría, a tristeza, el medo ou a rabia.
  • Tamén se usa pra representar el ciclo da vida e a morte.
  • É un símbolo de transformación xa que pode adoptar muitas formas: líquida, sólida e gaseosa.
  • Nalgúas culturas crese que ten poderes espirituales que poden traer curación e protección.
  • Durante séculos, a auga utilizouse nos rituales pra purificar a alma e el corpo.
  • Tamén se pode ver como metáfora de cambio…,

En toda a literatura galega da Idade Media, nas cantigas de amigo, as mulleres iban lavarse á fonte, sendo esta símbolo da sensualidade femenina e tamén da vida. Para Pero Meogo, el cervo era el elemento masculino que “revolvía” -movía- el auga, con claras connotaciois sexuales, como vemos nesta preciosa cantiga de amigo deste autor:

Levouss'a louçana, levouss'a velida, 
vai lavar cabelos na fontana fria. 
Leda dos amores, dos amores leda. 
Levouss'a velida, levouss'a louçana, 
vai lavar cabelos na fria fontana. 
Leda dos amores, dos amores leda. 
Vai lavar cabelos na fontana fria, 
passou seu amigo que Ihi ben queria. 
Leda dos amores, dos amores leda. 
Vai lavar cabelos na fria fontana, 
passou seu amigo que a muit'amava. 
Leda dos amores, dos amores leda. 
Passa seu amigo que Ihi ben queria, 
o cervo do monte a augua volvia. 
Leda dos amores, dos amores leda. 
Passa seu amigo que a muit'amava, 
o cervo do monte volvia a augua. 
Leda dos amores, dos amores leda. 

Na nosa tradición, escuitamos falar en lugares como Brañamaior ou nos Mazos da FLOR DA AUGA, a que se colle al raiar el sol, al ameicer del día de San Xuan, das fontes ou del mar e que representa el renacer, a volta al comenzo e a purificación.

En Brañamaior levan un binteiro recollido na víspera á fonte. El primeiro que chegaba deixaba allí el ramo de binteiro e collía a “flor del augua”. Nos Mazos a “flor del augua” sirve pra amasar pan sen formento. Tamén servía esa augua pra peinarse, lavarse, curar enfermedades dos ollos ou da pel ou prás vacas enfermas.

Mañanciña de San Xoán – anda a auga namorada

e estando Nosa Señora – collendo na flor da auga,

desta maneira dicía, – desta maneira falaba:

— Cal será, cal, a doncela – que veña hoxe a catala?

(Cantiga popular recollida por Marcial Valladares).

Inda que xa na tradición popular aparezan mesturadas, hai razois pra pensar que a flor da auga de san Xoán, non fei referencia á primeira acepción de flor (“parte da planta formada por follas de vivas cores, xeralmente de cheiro agradable, onde tán os órganos reprodutores”) senón á terceira acepción: “substancia que se forma na superficie de certos líquidos producida pola transformación destos” e tamén á cuarta acepción: “lo millor, a parte máis apreciada dúa cousa ou dun conxunto”.

Esta suposición vén referendada polos testemuños atopados en todo el norte da Península Ibérica, como son os cantos éuscaros Uraren gaina (Nata da auga) e Ur gaiena (auga del alto) ou da Rioxa (Espuma de San Juan) e de Extremadura (Cogollo del agua).

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *