A forza da razón, por Natalia Jardón

Del pasado, presente e futuro del galego de Asturias falou a lingüista Natalia Jardón núa conferencia celebrada na Universidá de Vigo el pasado cuatro de abril..

Esta conferencia coincide coa campaña “Pararlles os pés” que Axuntar empezou coel exercimento del Dereito de Petición ante el Presidente del Principado hai us poucos días.

Tras a recente remodelación del goberno, nel BOPA del pasado 19 de marzo, publicouse el Decreto 25/2024, de 15 de marzo, por el que se establecía a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deporte, na que el nome legal foi sustituido en todos os casos por el ilegal Glotónimoeonaviego.

Por si esto fora pouco, ademais nalgúas partes dese decreto se omiten as referencias al gallego-asturiano, como nel caso del artículo 6, que establece que “la lengua asturiana es un patrimonio colectivo de Asturias”. “Ignoramos as razois que explican que el gallego-asturiano seña privado desa importante e xusta condición”, afirma Moisés Cima, presidente de Axuntar, nel escrito enviado a Presidencia.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.