As corripas

Gústanos muito andar por os bosques e os montes. Muitas veces atopamos antigas corripas, úa parte del noso Patrimonio cultural e da nosa historia. É por eso que vos traemos hoi esta entrada sobre esos lugares construídos pra gardar e conservar as castañas. Pero pra abrir boca, primeiro un pouco de historia

Os castañeiros (Castanea sativa)

Pensábase que os castañeiros chegaran nos tempos dos romanos, pro os últimos estudios confirman que son árboles autóctonos da Península Ibérica (García Antón, et al, 1990; Blanco et al, 1997). Análisis de polen que datan del Cuaternario, concretamente del Pleistoceno (Paleolítico arqueolóxico) confirman o anteriormente citado, pro foi na epoca romana condo se extendeu el sou cultivo, desarrollando inxertos e outros xeitos pra cultivallos.
Os castañeiros taban presentes en muitos sitos de Europa antes da útima glaciación (que comenzou fai 110.000 años e acabou nel 10.000 A.C) e coel frío a extensión féxose cada vez máis pequena. Un destos últimos refuxios tá na Península Ibérica, máis concretamente nel norte de España e Portugal. En Cáceres, Zamora, Salamanca, Burgos, Lugo e Asturias, entre outras provincias, hai restos de polen de máis de 2.000 anos de antigüedá.

Foto de Marta Méndez

Foi na Edad Media condo finalmente “explotou” el cultivo de castañas. Hai muitos documentos nos mosterios benedictinos e cirtercenses que falan sobre el cultivo da castaña nas súas diferentes variedades, máis rentable que os viñedos. As castañas, nel norte da península, éranche a fonte primordial de hidratos de carbono na alimentación humana. Por outro llado, a corteza e as follas usábanse en remedios naturales xa que tein propiedades astrinxentes (Castroviejo, 1986-2012). Nas zonas de montaña, unde non se podía llabrar tanto como noutras zonas máis favorables como os valles, éranche un pilar fundamental na dieta.
Máis tarde a pataca e el meiz que viron de Sudamérica foron pouco a pouco roubándolles el sito.

Actualmente, os castañeiros son árboles que poden atoparse en pequenos grupos ou masas ou tamén xuntos con outros árboles como carballos, abellaneiras, faias, bidureiras, pinos… Anque el orixe desta especie é natural, lo máis común é encontrallos como masas de orixe antrópico feitas por el ser humano. Os aproveitamentos dos castañeiros por parte del home son fundamentalmente pral cultivo das castañas e prá venta da madeira, xa que é úa madeira de muita calidá e medra rápido. En Asturias a masa principal de castañeiros ten un aproveitamento pra madeira, pro hai al menos 42 plantaciois dedicadas al cultivo de castañas.

Agora que xa falamos un pouquinín del orixe dos castañeiros e as castañas e da importancia destos pral ser humano a lo llargo da historia vamos al meollo desta entrada: as corripas.

Foto de Carlos Carballeira

Corripas e corripos

Si vas andando entre castañeiros (ou pinares e outros árboles e bouza que viron a sustituillos por acción antrópica) podes atopar inda antigas corripas. Nos tempos nos que a xente dos poblos traballaba máis de lo que podemos imaxinar os novos, érache ben importante dar coas maneiras pra conservar os alimentos el maior tempo posible. Era úa época sin neveiras, onde salar era úa búa maneira de conservar a comida, pro esto non servía pra todos os alimentos, así que había que inventar diferentes xeitos pra manter a comida nun bon estado. As castañas nel outono son un exemplo dello. Comíanse crudas, asadas, cocidas e na pota pra estofar (muitas veces non había patacas). Fíanse entós construciois circulares de pedra, como si fosen “castros en miniatura”, pra tal fin.

As corripas son parte del noso patrimonio etnográfico e da nosa paisaxe, úa faragulla pequena da nosa historia e dos nosos raigaños. Observándolas dámonos conta del gran traballo que había que fer antigamente pra poder comer e conservar os alimentos. Naquel tempo non se tiraba nada: as castañas ruías dábasenlles aos cochos; outras veces llevaban os cochos aos soutos pra que comesen as castañas que quedaran nel tarrén, porque non eran búas pra vender. Como diximos anteriormente, foron úa parte muito importante na alimentación das xentes de antes e hoi son un tesouro gastronómico que podemos comer de muitas formas diferentes. A vosoutros cúal é a que máis vos gusta?

As castañas tirábanse en outubro-novembro al tarrén con fustas. As que xa salían del ourizo, llevávanse prá casa mentras que as que quedaban dentro del metíanse na corripa. Despós tapábase el corripo (as castañas que xa tán dentro da corripa) con follas e bouza pra aislallas da humedá del monte e fer así que se secasen e se desfixesen dos ourizos. Podían terse ei metidas asta a primaveira e ir gastándolas según fixese falta. A corripa ten úa porta pequena na parte frontal, pra poder balleiralla.

Desde Axuntar, queremos contribuir a divulgar a importancia de conservar e valorar a etnografía e el noso Patrimonio cultural e natural , destacando a importancia dos bosques autóctonos, un dos grandes tesouros que temos: fonte de diversidá, espacio de flora, fauna e VIDA.

Si queredes ver parte de todo esto deixámosvos aquí úa ruta por Froseira, muito ben explicada por Les Fartures, que seguro que non vos defraudará e onde atoparedes algúa corripa nel entorno dun bosque precioso e úa cova con pinturas rupestres (A cova del demo).
https://www.lesfartures.com/2021/03/farturruta-cova-do-demo-comiendo-en.html

Esperamos que vos guste esta entrada que fala un pouquinín de naturaleza e gastronomía, úa mezcla que nos parece estupenda.
Muitas gracias ás persoas que nos deixaron utilizar algúas das imaxes deste texto.

Deixámosvos agora úa pequena adivía, sabédesla?

Alto me vexo nel meu lugarexo, que por úa risada perdín a mía niada”.

Referencias:
http://www.euforgen.org/species/castanea-sativa/
https://arbolesconhistoria.com/2020/09/18/castanos-autoctonos-llegaron-antes-romanos/
http://www.serida.org/publicacionesdetalle.php?id=6727#:~:text=Las%20variedades%20tradicionales%20de%20casta%C3%B1o,’%2C%20y%20’Vaquera’.
http://www.serida.org/publicacionesdetalle.php?id=6727#:~:text=Las%20variedades%20tradicionales%20de%20casta%C3%B1o,’%2C%20y%20’Vaquera’.
https://www.lesfartures.com/
Rubio A., 2009. 9260 Bosques de Castanea sativa. En: VV.AA., Bases ecológicas preliminares para la conservación de los tipos de hábitat de interés comunitario en España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino. 64 p
Castroviejo, S. (coord. gen.) 1986-2012. Flora iberica 1-8, 10-15, 17-18, 21. Real Jardín Botánico, CSIC.
GARCÍA-ANTÓN, M.; MORLA, C., SAINZ-OLLERO, H. (1990): Consideraciones sobre la presencia de algunos táxones relictos terciarios durante el Cuaternario en la Península Ibérica. Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural (Sección Biología), 86: 95-105

Comparte

1 comentario en “As corripas”

  1. Pingback: Tamos nel tempo de… – axuntar.eu

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *