Úa novedá editorial que celebramos

“A míña familia, por me dar unha mao e suxeitar coa outra unha paleta para pintar os meus días de todas as cores cando máis negros parecen. Á miña mai, Esther, por me mostrar que a vida non é un camín de rosas, pero ela sempre sabe como plantar as flores que resultan máis bonitas e resplandecen con máis ledicia. Ao meu pai, José Ángel, por me ensinar que unhas boas notas académicas poden abrir muita portas, pero que, cunha boa educaión, non hai fronteiras. Á miña irmá, Eva, por ser o meu principal exemplo a seguir e por me demostrar que se pode ser a máis pequena á vez que se posúe o corazón máis grande. Grazas por serdes o compás da miña vida, sen vós eu non sería quen son. “

Con estas palabras, Sara Rodríguez González, presenta e dedica el sou DICIONARIO DO GALEGO DO BIERZO (UniVigo).

Sara Rodríguez Fernández naceu en Carracedelo (O Bierzo) nel 2000. Estudiou Tradución e interpretación (español-inglés) na Universidá de Vigo e ten un máster en Tradución Editorial na Universidá de Valencia. Nel sou instituto de Cacabelos tuvo a oportunidá de escoller as materias que se impartían en galego, como Ciencias Sociais na ESO e Lingua e Cultura galegas nel BAC, lo que claramente impulsou e axudou a que na universidá quixese deixar a súa pegada na fala da súa terra: el galego que se usa na comarca. E así naceu este dicionario que conta con 15000 entradas de dezasete concellos: Arganza, Barxas, Borrés, Cacabelos, Camponaraia, Candín, Carracedelo, Carucedo, Corullón, Oencia, Ponte de Domingos Flórez, Toural dos Vaos, Trabadelo, Valboa, A Veiga de Espiñareda, Veiga de Valcarce e Vilafranca, así como algúas pedanías dos concellos de Fabeiro Peranzais e Ponferrada.

El dicionario contén definiciois, sinónimos e variantes e castelanismos (marcados cun asterisco).

Todo este traballo -apuntan os editores- pudo ferse porque el galego del Bierzo ta teoricamente recoñecido nel Estatuto de Autonomía de Castela e León (inda que non goza da cooficialidá que ten el galego en Galicia desde hai 40 anos) e porque, a pesar da tímida introdución del galego Estándar nas escolas del Bierzo, as falas galegas destas comarcas poderán seguir evolucionando e cambiando al largo del tempo porque el maior peligro que existe é a súa substitución lingüística por el castelán.

Sara Rodríguez González dá as gracias nel sou dicionario a muitas persoas (aquelas anónimas que continúan a falar el galego dos sous pais e das súas mais; aos seus e súas informantes; ás persoas que se dedican a investigar -en particular á Escola de Gaitas de Vilafranca-; a toda a xente que segue a elaborar obras; ás persoas maiores que nos ensinan que debemos ser conscientes das nosas orixes; a Galicia e al Bierzo por lle daren úa das que considera as súas maiores riquezas: a fala berciana e a lingua galega; al prosesor Xosé Henrique Costas, por acompañala; á Univigo e al sou director Jorge Luis Bueno Alonso; e (sic) “a todas as persoas que lle proporcionaron apoio, amor e felicidade para poder ver o fruito final. Fundamentalmente á miña familia por me ofrecer o terreo, por labrar e regar a terra, por me axudar a recoller o fruito e por me coidar e amparar mentres experimentaba cada chuvia, xeada e sarabia para, ao final, apreciar a luz e a calor do sol e as cores do arco da vella.”

Desde el Eo-Navia dámosche as gracias tamén a ti, Sara, por esta preciosa aportación a esa lingua que compartimos.

Vexamos algúas palabras del Dicionario do galego do Bierzo:

Arrepío. s.m. Estremecemento causado polo frío, polo medo ou polo noxo.

Enviortar. v.tr. Enredar, entretecer, enmarañar ou atar dúas cousas mediante un viorto.

Repenicar. v.tr. Tocar repetidamente unha campá ou un instrumento de percusión.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *