As “píldoras” de Axuntar

Compartimos as nosas “píldoras”, toda úa serie que iremos poñendo nas nosas redes sociales. Son un conxunto de “remedios” que temos guardados nel noso “botiquín de primeiros auxilios” pra combatir as enfermedades da nosa lingua e todo aquelo que la ningunea e la desprestixia. Son tamén pequenos recordatorios de búas prácticas, sentimentos feitos palabras, deseos e, sobre todo, esperanzas.

Se a daquén se lle ocurre algúa “pildoría”… encataranos subila a esta entrada. Recordamos el noso correo: asociacion@axuntar.eu

Si el consenso científico (lingüistas, dialectólogxs, filólogxs) afirma que a lingua da nosa zona Eo-Navia é úa variante dialectal del galego propio del Bloque Oriental, el Glotónimo serio e riguroso prá nosa lingua é solo un: galego.

Por tanto, glotonimos varios e variopintos como: eonaviego, eonaviegu, fala, falía, chapurreado, chapurreao, galego asturiano, galego-asturiano… SOBRAN, inda que en Asturias se adopte el Glotónimo galego-asturiano como denominación “oficial”.

Se a lingua nos foi donada, despós de anos e anos de cuidados, de usala e de dárnosla sana e salva, con todas as súas preciosas palabras, os sous sonidos intactos, as súas construciois ben organizadas e con todo el amor e cariño con que nos foi entregada… quen somos nosoutrxs pra esqueicela, pra abandonala e pra non transmitila ás xeneraciois vindeiras?

A lingua del Eo-Navia pertenece al tronco lingüístico galego-portugués: dezaoito concellos asturianos e un galego (Negueira de Muñiz), forman parte del Bloque oriental da lingua galega, Área asturiana e os e as falantes desta variedá dialectal tein dereto a que se valore a súa lingua e a que se transmita dignamente.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *