25-N: Non queda outra!

Desgraciadamente un ano máis non queda outra que falar del 25 de novembre: día mundial contra a violencia machista. Desgraciadamente, porque este ano hai xa 52 mulleres asesinadas (todas con nome e apellidos; coel sou traballo; con úa vida propia; mais de fillos e fillas -ou non-; con posibles animalíos compañeirxs de vida; con ilusiois; con amigxs que as botarán de menos; con lecturas por ler e películas por disfrutar; con ganas de conocer outros mundos, de viaxar, de disfrutar paisaxes e postas de sol…) según as estatísticas del Ministerio de Igualdá.

As cifras van en aumento: úa muller máis neste 2023 que en todo el ano 2022, el dato máis alto desde 2015.

Principales datos sobre a violencia de xénero 2023.

Os rapaces de 16 a 21 anos, os menos concienciados coa violencia de xénero.

-Aquí hai propostas didácticas pra os Centros educativos.

-Casi 300.000 servilletas contra a violencia de xénero na comarca Oscos Eo.

Boal también luita contra a Violencia de Xénero.

El 016 atende todas as vítimas de violencia machista as 24 horas del día e en 53 idiomas diferentes, al igual que el correo 016-online@igualdad.gob.es; tamén se presta atención mediante WhatsApp a través del número 600000016, e os menores poden dirixirse al teléfono da Fundación ANAR 900 20 20 10 (anónimo e confidencial e non deixa rastro na factura, pero sí hai que borralo del rexistro de chamadas).

Considérase violencia machista contra as mulleres: a violencia na parella ou exparella, a intrafamiliar, a violencia sexual, el feminicidio, a trata de mulleres e nenas, a explotación sexual femenina, a mutilación xenital femenina, os matrimonios forzosos e outras prácticas tradicionales perxudiciales, a violencia perpetrada ou tolerada por os poderes públicos, el acoso, a violencia política de xénero, así como cualquer outra forma de violencia que lesione ou seña susceptible de lesionar a dignidá, a integridá ou a libertá das mulleres e nenas.

E como a música desperta emociois e é un instrumento eficaz pra comunicar e utilizar en terapias, el Ministerio de Igualdá destaca úa lista de canciois que tratan á muller de úa maneira igualitaria e respectuosa. 

A lista é esta:

  • Merece la pena, La Sonrisa de Julia.
  • Déjala que baile, Alejandro Sanz, Melendi y Arkano.
  • No vales más que yo, La Oreja de Van Gogh.
  • La puerta violeta, Rozalén.
  • Lo malo, Ana Guerra y Aitana.
  • Se acabaron las lágrimas, Huecco.
  • Que Nadie, Manu Carrasco y Malú.
  • María se bebe las calles, Pasión Vega.
  • Salir Corriendo, Amaral.
  • Sin miedo, Eria Mayo.
  • Malo, Bebe.
  • Paraules silenciades, El diluvi.
  • Me toca, Maluks.
  • I tu, sols tu, El Diluvi.
  • Ja no fa mal, La fúmiga & Samantha.
  • Espremedors, La Fúmiga.
  • L’Aposta, La Fúmiga i Maluks.
  • Me Moles, Pepet i Marieta.
  • La gent que estimo, Oques Grasses i Rita Payès.
  • Tendresa Insubmisa, de El Diluvi.
  • En Guerra, de Mafalda.
  • 016 ¿Quién eres tú?, de Paco Damas.

El Ministerio de Igualdá anima a todas as persoas que quiran propoñer úa nova canción prá lista a enviala por correo electrónico a: sensibilización-DGVG@msssi.es.

Aquí tedes úa playlist mui interesante que podedes escuitar en bucle. Hai canciois de Rozalén, Efecto Mariposa, Cristina del Valle, Christina Aguilera, Bebe, Boikot, El Barrio…

Aquí, en galego, podedes ler el Libro do mal amor: haikus contra a violencia de xénero.

Aquí as estatísicas del Ministerio de Igualdad actualizadas, desde 2003.

CONDO REMATARÁ ESTA TOLEMIA?

-Aos dous días de subir este post, el 27 de novembre despertamos con dous novos casos de violencia machista en España. As vítimas: úa muller, Tatiana Beatriz, e a súa filla de cinco anos (lo que se conoce como “violencia vicaria”) atopadas asesinadas nel barrio de Carabanchel (Madrid). A violencia vicaria exércese sobre a muller e é a expresión máis cruel da violencia machista. El fillo ou filla é utilizado de maneira instrumental coel único obxectivo de fer daño al auténtico obxectivo da violencia: a muller. Este caso é el segundo asesinato por violencia vicaria deste ano e el número 50 desde que hai cómputos (2003).

El 28 morría úa muller que se atopaba en coma, despós de que a súa parella a estrangulara en Madrid.

-El día 29 de novembre, un novo asesinato machista. Esta vez en Sagunt (Valencia). Un home asesina, degollándola, á súa parella -de 34 anos- e a súa filla cae por a ventá supostamente al pedir socorro. Permanece hospitalizada en estado grave.

-Ademais, tamén este día 29, úa muller en coma tras un intento de asesinato por a súa parella en Tenerife, e un menor tamén afectado por el incendio provocado.

-El día 1 de decembro a Guarda Civil investiga como un caso de violencia de xénero el asesinato de úa octoxenaria e el suicidio posterior del sou marido núa vivenda de Sigüeiro, nel Concello coruñés de Oroso. Ta confirmada a día de hoxe (2 de decembro) a hipótese de que el home -de 88 anos- matou á muller -de 80- cun arma branca e que despós se suicidou na súa vivenda.

Elia, Eva María, Hayate, Belén, Natalia, Elisabeth, Paloma, Caterina, Beatriz, María del Carmen, Anne Marie, Violeta, María Encarnación, Rebecca, María, Arantxa, Lourdes, Paula, Maialen, Ana, Lida, Vanesa, Francy, Zhen Jiang, Kirsty, Salwa, Ilham, Carmen Cortés, Carla, Elena, Erica Vanessa, Zhour, Evarista, Juani, Soledad, Encarnación, Encarni, Charo, Raquel, Rosa, Maricel, Rosa María, Sandra, Suzan Ann, Nicola Lupu, Hanane, Laura, Miguela, Sandra, Paqui, Carolina, Leticia, Tatiana Beatriz, Fátima y Encarnación son as 55 víctimas mortales da violencia machista confirmadas asta el 4 de decembre de 2022.

Actualizamos datos. E, por desgracia, este ano 2024 son escalofriantes. Nel que vei de ano asta a fecha (11-4), xa hai 7 menores asesinados por violencia vicaria e 9 mulleres.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *