Tesouros alados

Seguindo el interesantísimo libro Mariposas de Asturias, de Hugo Mortera Piorno (Goberno del Principado de Asturias/ KRK Ediciones, 2007), imos volar un pouco acompañando algúas das mariposas máis especiales da nosa terra.

As mariposas ou lepidópteros son insectos voladores, e de hábitos nocturnos na súa maioría (inda que as mariposas diurnas pasan menos desapercibidas, por lo que nos son máis conocidas). Durante a súa vida experimentan úa metamorfose que las leva del estado larvario (viermo) al estado adulto (imago ou mariposa). Os viermos son vexetarianos na súa inmensa maioría, lo que los fai vulnerables ante a redución da diversidá de especies de plantas e ante a expansión dos productos fitotóxicos.

Anque en Asturias existen distintas especies abundantes en todo el territorio, os hábitats que ofrecen maior variedá e mellores condiciois prá súa vida son maiormente as zonas montañosas del interior, menos humanizadas e con variaciois climáticas (en función da altitude, características xeolóxicas, etc.) que favorecen a presencia destos vistosos seres alados.

Nos bosques ben conservados atópanse mariposas arborícolas. Posiblemente a área máis relevante seña a del Bosque de Muniellos e zonas próximas (Parque Natural de las Fuentes del Narcea, Degaña e del Ibias), onde hai mariposas arborícolas como Apatura iris (ver páxina 130)  ou a rara Apatura ilia  (p.131), xunto con Limenitis camilla (p.132), así como Brenthis daphne (p.116), Thecla betulae (p.173), Thecla quercus (p.174) ou Laesopis roboris (p.175).

Nas serras occidentales de Asturias e na conca del Navia temos tesouros:

Erebia palarica

Nas serras occidentales de Asturias (Serra da Bovia, San Isidro, Penouta…) atópase a rarísima Erebia palarica (p.154), reliquia glaciar que é un endemismo del noroeste peninsular. Vive nelas tamén Erebia triaria (p.146), mui distinta da que habita na Cordilleira Cantábrica. Na Serra da Bovia atopamos ademais mariposas máis propias da cordilleira, como Melitaea parthenoides (p.129).

Melitaea parthenoides

A conca hidrográfica del río Navia supón úa excepción nel contexto asturiano, xa que as serras que la rodean proporcionan un abrigo de considerable importancia sobre os frentes húmidos, de forma que se dan úas condiciois climáticas de tipo submediterráneo que favorecen a presencia de mariposas tan excepcionales en Asturias como Pyronia cecilia (p.160),que vive en profundas gargantas dos municipios de Ibias e Pezós. Nesta misma conca del Navia aparecen mariposas que, podendo considerarse comuis nel ámbito ibérico, son mui escasas nel resto de Asturias, como Hipparchia statilinus (p.165) ou Brintesia circe (p.168).

Pyronia cecilia

-Del libro Mariposas de Asturias, de Hugo Mortera Piorno (Goberno del Principado de Asturias/ KRK Ediciones, 2007)-

Hipparchia statilinus

E, falando de mariposas, non podedes perder este enlace á preciosa historia de Maria Merian, a nena alemana que (aos seus trece anos, en 1660!) descubriu a metamorfose das mariposas, deixando úa importante obra con marabillosas ilustraciois relativas a estos insectos, aos que dedicou gran parte da súa vida.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *