Nacín, alló por el ano 1964, núa pequena aldea del Concello de Boal chamada Roxíos, nas ribeiras del Navia. Fun á escola rural unitária de Prelo, unde nos educaron en que falar el noso idioma era falar mal.
Se non me equivoco, nel ano 1973 fixeron a concentración escolar á capital del Concello e máis de lo mesmo. Xa que nun deixaban que falásemos el noso gallego, un día deume por falar castellano nel recreo. Úa nena de Rozadas, que debía tar chía, díxome: -¡Xa bastou! ¡Fala ben!. Quedoume acordanza daquel instante. Prohibían sí, pero inda era el noso idioma.
Úa cousa é evidente, nese galego de Asturias aprendín os valores máis importantes, os que reciben dos meus padres. Inculcáronme tamén ser tan asturianos como el resto dos asturianos (en igualdá de condiciois) e que pertenecíamos a úa Asturias lluitadora e reivindicativa. Pero a democracia, a transición e el proceso autonómico que chegaron us anos despós nada cambiaron pra os asturianos nel tema de deretos llingüísticos.
Nos anos 80 fun estudiar a carreira de Dereto a Uvieo. Eu naquellas pensaba que falaba “chapurreau” ou todo lo máis bable occidental pois nel Estatuto de Autonomía del Principado nin se fixera mención al galego de Asturias. Na Universidá fixen amigos vinculados coa reivindicación del bable (se decía entonces) ou asturiano que tampouco sabían que existía el galego en Asturias e empecei a reivindicar a mía fala escribindo colaboraciois en prensa. Entrei en contacto con xente -coa que llougo fundaríamos a Mesa prá Defensa del Galego de Asturias, a MDGA-, e así entereime de que el meu idioma era úa variante del galego. Empecei a entender.
A MDGA foi transcendental prá nosa cultura: as revista A Freita, O Espello, Britonia, as primeiras Normas Ortográficas e Morfolóxicas del Galego de Asturias, el primeiro Curso de Extensión Universitaria da Universidá de Uviéu sobre el noso galego, úas Xornadas en Grandas sobre a figura de Dámaso Alonso, etc. Provocouse casi úa crisis institucional absurda entras administraciois autonómicas asturiana e galega. Dende aquel movimento asociativo afirmábamos a evidencia lingüística; entendíamos, era el único xeito de ferse valer. Os medios de comunicación e as instituciois recebíronnos intentando estigmatizarnos e convertir un movimento cultural nun movimento político, cousa que a MDGA nunca foi.
Despós de muitas liortas conseguiuse que a “Lei 1/1998, de 23 de marzo de Uso e Promoción del asturiano” desenvolvera el Estatuto reconocendo que existía en Asturias el “gallego-asturiano” e que debería ter a “mesma protección que el bable mediante regulación especial”.
“El Principado fexo esa concesión” pró deulle as competencias sobre este galego á Academia de la Llingua Asturiana (ALLA). Quedaba desde xeito contradecido el espíritu da “regulación especial” prevista na Lei 1/1998, pois a Academia dun idioma asumía competencias sobre úa fala que pertenecía e sigue perteneciendo al dominio lingüístico doutro idioma, del grupo galaicoportugués, e, desde el Principado, débanse como búas úas normas pra esa fala que la separaban del resto de fala da mesa lingua.
A Academia da Lingua Asturiana foi collendo cada vez máis prerrogativas: creou úa Secretaría Llingüística del Navia-Eo, editar úa revista, otorga diplomas, organiza cursos de gallego-asturiano en Cangas de Narcea (!), impuer úa normativa asturianista ou desgaleguizante e deixar caer que el que falamos nun é galego. Un despropósito. De feito hai en Asturias úa oficialidá non oficial que dice que se a gaita que tocas asemella galega hai que cambiala.
Os máximos responsables encargados de cuidar el galego propio de Asturias defenden posiciois incoherentes e levan máis de trinta anos cúa política que implica un exterminio cultural e lingüístico das terras Navia-Eo, vetando aos que pensan diferente. El idioma nun ten presencia digna nas escolas, nun hai libros de texto, nun tá nel sistema xudicial, nun aparece na documentación oficial, nin na televisión pública, guárdanlo núa revista que publican úa vez al ano e que esconden nas bibliotecas. Tan procurando que a nosa fala sía cousa de poetas e filólogos. Tán roubándonos a llingua.
A mía patria sigue sendo esa comarca de llouxados mouros unde nacín, porque Asturias nun se comporta (desgraciadamente) como tal patria, nun lo é porque nun respeta a nosa cultura nin as leis que la tutelan. Non nos atende nin nos quere atender. Solo reclamamos poder sentirnos na nosa casa.
A miúdo na mía vida diaria, en Donostia, daquén me dice, al ougüir el me acento: –¡Eres gallego!- Eu explico. –Sou asturiano, dúa comarca na que falamos úa variedá del galego”. Dígolo cun inmenso orgullo. El que me pregunta ten razois pra pensar que sou galego, non hai falta de respeto nin desconsideración; ese é el meu acento, el galego, porque galega é a mía fala, el meu idioma materno.
A Asturias poderosa á que muitos aspiramos ten dous idiomas propios. A Asturias que queren os actuales gobernantes de Oviedo non é a mesma que necesitamos os habitantes da terra Eo-Navia.
A historia nun ta escrita. Hai xente nova e competente que pode que nalgún momento decida recuperar lo que é de todos. El tempo deste xeito socio-cultural-político-totalitario de ver Asturias e España pode estar chegando al sou fin pero nun lo ven vir.
El tempo dos que reivindicamos os nosos dereitos culturales, el momento dun Eo-Navia que mostre a súa fortaleza cultural, e dúa Asturias plural xa ta chamando á porta.
Quique Roxíos.
Enrique González Alvarez 1,2
1Poeta en galego de Asturias coel pseudónimo de Quique Roxíos
2Membro da executiva de Asociación Axuntar
Gústame esa chamada á porta… a ver se se abre dúa vez.