El reino fungi

Os fungos

Patrimonio / Por Begoña Martin Acero / octubre 24, 2022

Xunto cos animales, vexetales, protoctistas e moneras, os fungos son un dos cinco reinos da naturaleza que engloban todas e cada úa das diferentes formas de vida que existen na Terra. El reino Fungi tá formado por organismos unicelulares e pluricelulares eucariotas cuxas células carecen de cloroplastos (a diferencia dos organismos del reino vexetal) e tein parede celular (a diferencia dos animales).

OS CINCO REINOS

Importancia dos fungos

Dentro dos ecosistemas naturales, os fungos xogan un papel fundamental nel correcto equilibrio das comunidades biolóxicas, xa que son os organismos descompoñedores por excelencia, permitindo así úa correcta reciclaxe e mantenimento da enerxía e elementos orgánicos e inorgánicos del ecosistema.

Pra descubrir todos os secretos del reino fungi, recomendamos que vexas el documental Fantastic Fungide 2019, dirigido por Louis Schwartzberg:

Clasificación dos fungos productores de setas:

A máis sinxela clasificación é esta:

  • 1.- BOLETALES: Comprenden principalmente setas que tein pé e sombreiro e el sou himenóforo (situado debaxo del sombreiro) tá formado por tubos e poros separables da carne del sombreiro.
  • 2.- AGARICALES: setas típicas con pé, sombreiro, himenóforo de láminas e carne fibrosa. Aquí entran as amanitas, os tricholomas, os cortinarios, os champiñois…
  • 3.- RUSSULALES: tein sombreiro e pé ben definidos, láminas baxo el sombreiro, pero a carne é esfaragullable, granulosa, de consistencia semellante á tiza húmeda. Inclúe os xéneros Russula e Lactarius. Este último presenta carne granulosa que libera un líquido (látex).
  • 4. APHILLOPHORALES: fungos con setas de formas mui diversas (de maza, consolas, ramas) e tamén de seta típica pero con himenóforos distintos a láminas (aguillois, pliegues, etc). As principales familias son as Cantareláceas (con pliegues en vez de láminas); as Hydnáceas (os hydnum e xéneros similares, con himenóforo de aguillois baxo el sombreiro); as Clavariáceas (con formas de coral ou ramías); os polyporales e corticiales (a maior parte tán sobre a madeira –lignícolas-, xeneralmente con formas de consolas, pezuñas ou costras leñosas e himenóforo de poros).
  • 5. GASTERALES: fungos nos que el himenio tá nel interior del carpóforo. Solen ter formas globulares, de esfera ou de pera, como os «peidos de lobo». Na madurez estas setas, que al principio tein úa carne branca, ábrense por un orificio máis ou menos regular expulsando un polvín rico en esporas. Outros gasterales menos abundantes tein formas diversas, como os Phallus e os Chlatrus, con formas fálicas, estrelladas, canceladas, etc. e olores mui desagradables.
  • 6. PEZIZÁCEAS: (Pezizas e xéneros similares con forma de copa ou orella).
  • 7. MORCHELLÁCEAS: (as chamadas colmenillas, con sombreiros en forma de panal ou esponxa).
  • 8. HELVELLÁCEAS: (con formas de silla de montar).
  • 9. TUBERÁCEAS: (subterráneas, entre as que se topan as famosas Trufas).

BENVIDO, OUTONO!

Aquí os nomes en galego, úa asignatura pendente… Daquén se anima? 🙂

Os fungos da nosa terra

A extensa xeografía del Principado, xunto cos seus variados hábitats: montaña, bosque, pradeiras, ribeiras…, fei que as setas aparezan por todas partes, anque existen zonas máis propicias prá recolección e con úa maior tradición micolóxica como a Montaña Central, en concreto el municipio de Mieres; na zona centro-oriental, el municipio de Piloña e todos os concellos periféricos da Sierra del Sueve; na  montaña occidental destacan Cangas del Narcea, os parques naturales de Redes e Somiedo ou el bosque de Muniellos; e xa na nosa terra Eo-Navia son de salientar os concellos altos del interior: Boal, Eilao e Os Ozcos, lugares especialmente ricos en fungos de toda claseonde podemos atopar:

– Nos pinares próximos á ría de Navia aparece a Tricholoma equestre, máis conocida como “seta dos caballeros” (porque foi mui apreciada na antigüedá e reservada pra os nobles), considerada en tempos pasados como bon comestible, inda que nos últimos anos relacionan el sou consumo, prolongado e en cantidá, con casos de rabdomiolise (lesiois na musculatura que poden producir a morte). Ten un sombreiro de 10 cm. de diámetro amarelado, con escamas pardo-oliva e con librillas. É algo viscosa en tempo húmedo. Láminas libres, de color amarelo limón. Pé amarelo con tintes pardos. Carne compacta, de suave color amarela, con sabor e olor suaves.

-Na zona de Penouta, en Boal, núa gran mancha de pino silvestre, podemos atopar bastante variedá de setas:

Amanitasspissa, panterina, muscaria, rubescens e a mortal Amanita phaloides.

Amanita muscaria

Amanita muscaria

Lactarius, por exemplo el deliciosus (“níscalo”)  e Russulas de diversas especies. As Russulas son todo un mundo, a maior parte sen valor culinario, inda que algúas se utilizan como condimento pra dar un toque picante aos pratos.

Lactarius deliciosus

Boletus de diversas especies, como el edulis, el aereus, el aestivalis, el eritropus ou a Imleria badia.

Boletus edulis

Lepiotas e Macrolepiotas, sobre todo en praderías e claros del bosque, como a procera.

Macrolepiota procera

Hydnum repandum, aparece en grandes corros.

Hydnum repandum

Cantharela cibarius, de olor parecido al del melocotón.

Cantharella cibarius

Na Comarca Oscos-Eo atopamos impresionantes bosques autóctonos de carballos, castañeiros e bidureiras, ademais de algúas repoblaciois de pinos, por lo que a zona presenta distintos hábitats nos que medra úa gran cantidá de especies. Anque a presencia das setas é maior en outono, al gozar esta comarca dun clima de tipo atlántico, nel que as precipitaciois se reparten a lo largo del ano, esto posibilita que as setas tean presentes en maior ou menor medida en todas as estaciois. El tarrén predominante é de naturaleza ácida, como na maior parte de Galicia. Entre os xéneros micolóxicos máis abundantes nesa zona tán as Russulas, Lactarius, Boletus, Macrolepiotas, Amanitas, Agaricus, Cantharellus, Coprinus

  Úa das muitas clases de Russulas que temos nos nosos montes

BENVIDO, OUTONO!

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *