Petos de ánimas

Con esta entrada pretendemos recordar, visibilizar e axudar a comprender el patrimonio conservado de A Nosa Terra.

Os petos de ánimas son pequenos santuarios situados en camíos, encrucilladas e iglesias, manifestaciois materiales del culto aos mortos e da devoción ás ánimas relacionados coel concepto del Purgatorio e cun profundo sentimento de relixiosidá.
Os petos de ánimas máis antiguos que se conservan en Galicia -onde son mui abundantes-, tán fechados nel S.XVII. Tamén hai petos de ánimas na nosa zona asturiana del Eo-Navia, nel resto de Asturias (chámanse “Capilles de ánimes”), en Portugal (“Alminhas”), e en Cantabria (onde reciben el nome de “Santucos”).

ORIXEN

El s. XII é condo aparece por primeira vez a idea del Purgatorio. Le Goff sitúa el sou nacemento entre 1170 e 1180, momento nel que el monxe cisterciense Henry de Saltrey, escribe El purgatorio de san Patricio, obra de forte inspiración céltica. Axina a idea da existencia dun lugar así -paso intermedio pra chegar al celo-, tuvo úa rápida difusión.

A iglesia tardará un pouco máis en reconocer el Purgatorio. El primeiro paso ten lugar a mediados del s. XIII, condo Inocencio IV lle envía úa carta á Iglesia Oriental coa intención de convencelos da existencia del Purgatorio. As discusiois entre as dúas iglesias tuveron fin en 1274, condo se concede «el reconocemento oficial del Purgatorio» nel II Concilio de Lión. A literatura altomedieval consagrará e espallará -por todo el mundo conocido- el concepto de Purgatorio.

CANONIZACIÓN DEL PURGATORIO. REFORMA, CONTRARREFORMA E TRENTO (S. XVI)

El ansia por pasar el menor tempo posible nas lapas del Purgatorio, privados da contemplación de Deus, conduce á busca de axudas e indulxencias: oraciois, misas de defuntos, peregrinaciois, doaciois… serán usados polos fieles pra alcanzar el Paraíso.

El abuso das indulxencias será a base da reforma luterana, xa que este denuncia el tráfico con elas e tamén a confusión da xente que deixa de lado a confesión e el arrepentimento. Neste ambiente ten lugar el Concilio deTrento, onde, entre múltiples cuestiois que se debaten, tá el tema del Purgatorio e das indulxencias. Nel ano 1563, na ciudá de Trento ratifícase a existencia del Purgatorio. Precisamente en Trento e nel seno da Contrarreforma, reaccionando frente al protestantismo que negaba a existencia del purgatorio, é onde se enmarca el nacemento dos nosos petos de ánimas. inda que non será asta el s. XVIII condo se constrúan con máis profusión.

A finalidá destos elementos é que os vivos podan ofrecer úa limosna prá salvación das almas en pena que debido á súa estancia nel Purgatorio non atopan el descanso eterno, podendo gracias a este feito alcanzar el Celo. Úa vez liberadas, intercederán a favor de quen fixo a ofrenda. Deste modo, el ritual de ofrenda non solo procura a salvación das almas dos mortos, sino tamén a del alma propia. A limosna ofrecida pode consistir en diversos obxectos como flores, cera, patacas, meiz, pan ou aceite, anque xeneralmente é monetaria.

A maioría dos petos de ánimas foron feitos por algún feligrés concreto que colocaba un peto ex voto (por un voto) ou ex devotione (por devoción), ou ben foron construídos por os vecíos dun lugar.

Casi todos tein os seguintes elementos:
-Úa configuración arquitectónica formada por úa base máis ou menos moldurada e rematada por úa mesa onde se ubica el nicho nel que se atopa a representación iconográfica, rematado á súa vez por un frontón superior. A construción sole ser de granito decorada con molduras, cornisas ou pilastras e rematada núa cruz.
-El nicho, ubicado na zona central e acabado en arco de medio punto a modo de capilla, que alberga xeneralmente un releve de pedra ou madeira, ás veces reemplazado por úa pintura ou úa estampa impresa. As representaciois acostuman a mostrar as ánimas ardendo nel lume del Purgatorio acompañadas, en ocasiois, de imáxenes relixiosas (un Santo, úa Virxen…). El nicho sole tar protexido por úa rexa ou un cristal.
-Un peto (“hucha”), baxo el nicho, con porta de ferro, pra depositar as limosnas, motivo por el que a estos altares se lles chama «petos de ánimas».

Muitos tein mensaxes gravadas, como esta:

«Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás?».

Outras invitan a recordar aos antepasados:

«Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos».

Mesmo, pequenos textos, en verso:

"Ánimas del Purgatorio 
son las que están a tu puerta, 
si nos dais una limosna 
 tendréis la Gloria muy cierta. 
 ¡Ay, ay, ay! que aquí me abraso, 
 ¡ay, ay, ay! que aquí me quemo, 
ten piedad de nuestras almas 
que están pasando tormentos»

E letreiros:

Os petos de ánimas nel Navia-Eo

-Temos un en Santiso de Abres, na ruta dos pañeiros. antiguo Camiño de Santiago que acollía aos romeiros chegados por a Ría de Ribadeo. Desde El Chao vamos asta San Andrés e a poucos metros atopamos el “Peto de Ánimas” del Paxarelo, escondido entre camelias, xusto onde se inicia esta senda a orillas del Río Eo.

El Paxarelo

En Piñeira (Castropol) tá este “falso” peto de ánimas:

En Louteiro (A Veiga) atópase este peto inda en activo, con un precioso colorido e ben cuidado:

Este tá na parroquia de San Xuan de Moldes (Concello de Castropol), del que solo queda esta hornacina coa Virxen de Covadonga e us anxíos derriba -colocados sobre a pedra-:

Estas ánimas, taban nel antiguo peto (hoxe inexistente) del prado de Riaño, en Castropol:

Nel Santuario da Virxen da Braña, temos este peto de ánimas:

Por qué debemos cuidar el noso patrimonio?

  • Porque nos identifica e sitúa individualmente.
  • Porque representa lo que nos une como colectividá.
  • Porque nos “ata” sentimentalmente a un lugar.
  • Porque é a base das nosas reices.
  • Porque non é noso e debemos preservalo.

Los sitios culturales y naturales forman el entorno del que los seres humanos dependen psicológica, religiosa, educacional y económicamente. Su destrucción, e incluso su deterioro, será perjudicial para la supervivencia de nuestra identidad, nuestro país y nuestro planeta. Tenemos la responsabilidad de preservar estos sitios para las futuras generaciones. Compromiso con el Patrimonio Mundial, Foro Juvenil del Patrimonio Mundial, Bergen (Noruega)

Comparte

2 comentarios en “Petos de ánimas”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *