Algús apuntes sobre incendios forestales, manexo del lume e posibles efectos

Os incendios forestales afectan a úas 300-400 Mha al ano. Xa señan de orixen natural ou antrópico, xeneran fortes impactos ambientales que atañen á biodiversidá e aos recursos forestales, producindo por tanto impactos económicos. A destrución temporal dos bosques ou a degradación duradeira de determinadas zonas son vellas conocidas del occidente asturiano, fortemente castigado por incendios forestales recurrentes.

El lume é úa ferramenta utilizada pra xestionar os ecosistemas conocida desde el mesolítico , fortemente unida á aparición da agricultura. El manexo del lume en Asturias, asociado á actividá ganadeira e agrícola ten úa larga tradición que al largo dos anos foi modificando os ecosistemas e a paisaxe. Un 0,54 % dos incendios forestales atenden a causas naturales (raios fundamentalmente); el resto son provocados, ben seña intencionadamente ou debido a úa neglixencia. As queimas prá xeneración de pastos prodúcense en inverno pra así obter pastos en primavera e nel vrao.

Casi el 50% del occidente asturiano foi afectado por incendios forestales, úa vez al menos, desde 1994. A recurrencia de incendios núa misma zona xenerou terreos de baxa ou nula fertilidá, degradación de solos, alta pedregosidá , pérdida de solo e matorral de baxo porte asociado a queimas (uces e toxo, predominantemente).

Utilizar el lume como úa ferramenta modeladora da paisaxe sin un control axeitado ten efectos mui adversos, degradando el solo, soporte de vida, de diversas formas. Estos cambios son de tipo biolóxico, físico e químico e a súa magnitú tá suxeita á intensidá e duración da queima. :

-Pérdida de estrutura del solo e cambios texturales.

-Aumento da sensibilidá á erosión.

-Pérdida e transformación de materia orgánica e soporte vexetal del solo .

-Cambios de comportamento hídrico.

– Comportamentos hidrófobos tras altas queimas.

– Cambios na vexetación ( de bosque a matorral).

Recurrencia de incendios forestales entre os anos 1984 e 2003 (Modificado de Alvarez y Marquínez de 2007).

Si persistimos na queima dúa mesma zona, obteremos finalmente un solo degradado, con morfoloxías de cárcavas, pouca ou nula fertilidá fértil e alta sensibilidá á erosión. A vexetación arbustiva protexe muito menos el solo da erosión que un bosque atlántico; ademais estas especies presentan úa alta combustibilidá. Si ademais sumamos a esta ecuación altas pendentes, a pérdida de solo pode ser inda maior.

A vexetación de bosque de clima húmedo protexe sin embargo os solos da insolación e a escorrentía del augua, retendo humedá e protexendo finalmente el solo frente a un posible incendio.

Solo de brezal

Solo de bosque

El solo é úa mestura de materia orgánica ematerial inorgánico que se desarrolla na superficie da Terra e pode soster a vida. Úa pulgada (2,5 cm) de solo é el resultado de miles de anos de interacción entre a xeología, a topografía, el clima e a vexetación. Por tanto, non é cousa de 4 días que dispuamos dun solo fértil onde se desarrolle vida e onde podamos también desarrollar a actividá agrícola e ganadeira.

Nun contexto de aumento de temperaturas e degradación de bosques e ecosistemas cremos que é fundamental protexer el Patrimonio natural , fonte de vida pra todos, o cual non tá reñido con úa xestión sostenible e razonada del lume como ferramenta agrícola. Os incendios forestales destrúen e degradan a nosa nuestro paisaxe privándonos da biodiversidá que caracteriza a un ecosistema sano.

É perentorio protexer os nosos ecosistemas mediante un bon plan de actuación frente a incendios forestales, recuperar os bosques atlánticos propios del noso clima e atender as necesidades del medio rural de úa vez por todas de forma honesta, permitindo el desarrollo da actividá agrícola e ganadeira fundamental prá sociedá. Non podemos vivir sin bosques , pero tampouco podemos vivir sin agricultura e ganadeiría.

A convivencia é posible, sólo temos que buscala.

José Luís Graña (Bergondo, A Coruña) envíanos este Poema mui en relación coel texto de Marta:

Arde Galicia 

Arde Galicia de extremo a extremo.
Os lobos hoxe gastan chisqueiro,
xuntan arume, arman trebellos
que en sitios varios van dispoñendo
para que axiña, e sen remedio,
as lapas pazan os verdes eidos.
Verde dos vales, verdes outeiros,
verde da chaira, verdes campeiros,
tesouro noso, ouro galego,
que o lume arrasa en pouco tempo
e todo torna cinza e silencio.
Que alguén explique, que eu non entendo,
como é que hai lobos con dentiqueiros
que dentro gardan tanto veleno.
Onde se agochan quero sabelo.
Que fera rabia están padecendo
que os mantén cegos e non van vendo
o mal inmenso que están facendo
aos propios lares nos que naceron,
nos que atoparon o seu sustento
que, de tan puro e suculento,
tanto cobizan os estranxeiros?
Cousa de meigas, ás veces penso,
esta desgraza ten que vir sendo,
que dá carraxe, que pon enfermo
a todo aquel que ama o terreo
no que colleu o primeiro alento,
no que medrou e foi aprendendo,
co arrecendo do verde intenso,
a respectalo e defendelo.
Se alguén tivese trato directo
coa mala bruxa que armou o enredo,
pídalle, logo, firme e sereno
nos libre pronto deste tormento
e o lobo volva can de palleiro,
                          nobre e sensible cal bo galego.                       

		J. L. Graña Muíño 
Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *