Comezamos un novo apartado na nosa web. A idea saliu dun vecín del Llombatín, Belarmino, que foi a quen se lle ocurriu que incorporásemos contidos relacionados cos nosos concellos. Así que aquí tamos con esta primeira entrada dedicada a Eilao. Encantaríanos que -quen queira- colabore, incorporando datos, apuntes, temas, historias… sobre cualquera delos. Podedes envialos al noso mail: asociacion@axuntar.eu
Eilao ten al sou norte parte del Concello de Boal; al sur, San Martín de Ozcos e Pezós; al este, Boal, Villaión e Allande; e al oeste, Vilanova de Ozcos e Castropol. Neste Concello hai tanto que ver! Desde El couso de lobos de Bustelo (trampa pra atraer lobos), pasando por San Esteban das vruites, el dolmen de Entrerríos, (Llastra da Filadoira) el bosque de sofreiras de Tamagordas, el castro del Castelón, a ponte colgante sobre el Navia en Folgueirou, a Cascada del Ferrada, el banco del Llombatín (mirador a Tiracais) e todo lo que hai alredor del (creaciois feitas por úa vecía, poemas, rutas literarias…); a pila bautismal, a pila de auga bendita, el tenante de altar e a estela discoidal (os cuatro na iglesia de Santa María de Bullaso -s. XVI-XVII- )…
Hoxe falamos desta singular peza arqueolóxica, A ESTELA DISCOIDAL DA IGLESIA DE SANTA MARÍA DE BULLASO, gracias a un estudio feito por el arqueólogo César García de Castro Valdés (“Nuevas piezas de arqueología cristiana altomedieval en Asturias” (1). As estelas discoideas constitúen un poderoso foco de interés dentro da arqueoloxía da morte. Hai úa definición certa e común : son pedras de forma circular (forma de disco) unidas al rito mortuorio.
Fotografía de Quique Roxios
Todas tein un sentido simbólico: son un acercamento da familia aos restos del difunto que xacen baxo terra, protexéndolos e señalando a súa pertenencia. Pero a razón maior de que hoxe se valoren as estelas ta en que son creaciois del arte popular, que gozan da frescura, espontaneidá e emotividá del arte que se produce nas zonas rurales por labradores que labraban a pedra da sepultura del vecín, de un familiar ou del canteiro máis ou menos práctico nel sou labor. Pero todas falan da mentalidá del ser humano ante a morte.
As estelas discoideas merecen el noso respecto, porque nos traen el recordo dos nosos antepasados e el culto á morte, tan estendido na nosa terra (recordemos os cruceiros, os petos de ánimas…).
Son difíciles de clasificar únicamente polas súas decoraciois, porque non hai dúas iguales. Esta .e úa das explicaciois del sou atractivo. As decoraciois máis comuis son a base de vexetales, especialmente flores, a roseta de varios pétalos, os motivos xeométricos, algún dos cuales son de sentido relixioso ou máxico, como as estrelas de cinco e seis puntas e el círculo que equivale al sol e a lúa. As cruces tamén son mui abundantes. As máis normales son as gregas e latinas, anque as hai de Malta, con brazos ancorados e outras máis sofisticadas que imitan flores ou cruces procesionales. A estela de Busallo ta decorada con úa cruz latina.
Fotografía de Quique Roxíos
César García de Castro postula pra esta estela de Bullaso úa cronoloxía entre os s. VII e X. Atópase empotrada nel muro sur del pórtico occidental da iglesia parroquial de Santa María de Bullaso (Eilao), por lo que solo se pode ver el anverso. A descrición que fai dela é que “é úa estela discoidea funeraria, labrada en esquisto, de contorno semicircular sobre vástago triangular invertido”.
Contén un epitafio: Martín y Ella callan en el Señor. II de las nonas de diciembre, en Yo (Xío), (era) MCI (4 de diciembre del año 1063). A novedá consiste na fórmula funeraria: SILENT IN DOMINO (callan en el Señor) porque as máis frecuentes atestiguan a defunción ou señalan el lugar da tumba. Tamén destaca como novedá a presencia dúa peza tal en Asturias, onde non se conocen outras similares.
Onde atopamos estelas funerarias?
Abondan en Occidente: nel País Vasco, Béarn, Ariége, Altos Pirineos franceses, Aude, Lauregais, Landas, Aragón, Cataluña. Cantabria, na Meseta castellana, Levante e Andalucía (nestes tres últimos sitos en menor proporción). Son especialmente abundantes en Portugal e tamén as hai en Italia, Gran Bretaña, Escandinavia e asta nel Oriente Medio (Siria, Arabia, Armenia e zona del Cáucaso). Os colonizadores vascos que chegaron a Terranova nel s. XVI trasladaron alló a súa utilización. En Navarra catalogáronse cerca de setecentas estelas (e inda quedan por recoller e estudiar). En Asturias sólo se sabe da existencia de úa estela discoidal: a que acabamos de describir da iglesia de Santa María de Bullaso (Eilao).
Temos que respectar estos monumentos porque son parte de lo noso.
El Llombatín é outro dos lugares deste Concello que merece a pena visitar. Pasamos Doiras e collemos a carreteira que vei a Sarceda. Despós de pasar a ponte Cillúa ta el desvío, á dereta, cara al Llombatín. Aquí hai un precioso columpio (bambán) que se eleva sobre a pendente que chega al río Navia. Seguindo el camín chegamos a un lavadoiro recén restaurado por os vecíos e vecías, onde se vein colocar muitas cousas interesantes que vos contaremos máis adelantre (será un lugar mui particular). Máis alló ta el mirador a Tiracais, onde podemos ler un Poema de Quique Roxíos e sentar nun precioso banco que mira al río desde el alto. Si continuamos podemos ler outro Poema, tamén de Roxíos, sobre a ponte de pedra que xa non existe.
Un pouco de mitoloxía:
Un pouco máis enriba da entrada del Llombatín atopamos un lugar que lle chaman As Xainas e delantre noso vemos un penedo: el Llombo el Castro. que ten un pasado misterioso ligado á mitoloxía propia dos poblos prerromanos.
Cóntase que nel Llombo el Castro hai úa cova que chega asta a Senra del Taviaso (nel Villar de Bullaso) e, según as antiguas historias que inda hoxe se escuitan na zona, debaxo da terra vivían seres de pel oscura, os mouros, que muitas veces eran custodios de fabulosos tesouros. Estos seres pertenecen a úa raza mítica á que se lle atribúe a construción dos castros, das mámoas, de cualquera xacemento antiguo. Dentro desta categoría tán tamén as mouras, mui unidas aos dolmens, ás mámoas, porque son as construtoras, portadoras das grandes pedras, mentras fían na roca. Non lonxe de aquí ta a Llastra da Filadoira. Quizás relacionada con algúa moura? Ou quizás con xigantes que eran os que movían esos enormes penedos? Tamén se lle atribúe ás mouras a creación dos castros porque se decía que habitaban debaxo delos, ou baxo os petróglifos, e tamén en determinados elementos da naturaleza -elementos cúa carga simbólica grande, como as augas, os pozos, as fervenzas, as correntes de auga, os grandes penedos, as covas-, lugares míticos que representan as portas de acceso ao máis alá.
Un pouco máis enriba del Llombo el Castro atopamos un terreo que chaman Eiro da Poza e que al igual que outro furado enigmático sito nel Camín da Casa Igresia -na zona que chaman Penatraba– tía a peculiaridá de que de condo en condo fumiaba. Deste furado de Penatraba os vellos e vellas del lugar dicen que taba habitado por Monxas Encantadas.
Nel Camin da Casa Igresia veremos montes que antes foron terra cultivada, praderías cerradas por preciosas paredes de pedra seca e ás veces por chantos. Al tempo que paseamos, veremos a paisaxe del río Navia, palabra que se identifica coa deusa de ríos e fontes. Blanca García explica a vinculación de Nabia (con betacismo) cos ríos a partir da concepción céltica del auga como elemento característico del acceso al máis alló: desde esta perspectiva, Nabia sería úa divinidá facilitadora del acceso al allende a través del auga. A interpretación maioritaria defende un carácter acuático para Navia, e esta interpretación ta apoiada por a existencia de hidrónimos modernos como: Navia, Naviegu, Navelgas, Navidiellu, Nalón (antiguo *Nauilo), Navea (afluente del Sil, Ourense) repartidos entre Galicia e Asturias; ou os antiguos Nabalia (afluente del Rhin), Nauaeus (Río Naver, Escocia) Nauesbia (actual Naseby, Northants) ou Nabarcos (Neber, Gran Bretaña).
Todo parece tar relacionado, verdá?
(1) A Alta Edad Media é el período da historia que comenza nel s. V e termina entre os s. IX e X, distinguíndose así este período del seguinte, conocido como Baxa Edad Media.