Palabra de febreiro: Antroiro/Antroido

Nel Eo-Navia utilízanse, de forma xeneral, os términos Antroido e Antroiro, tal e como se ve nos mapas.

Provén del latín INTROITUM, “introdución”, por ser a entrada á Cuaresma. É a festa del fin del inverno e ten un forte carácter ancestral.

A fecha é variable, sole coincidir al largo del mes de febreiro ou principios de marzo. Remata el mércores de cinza coa queima del Antroiro.

A palabra ENTROIDO aparece documentada na lingua galega xa desde 1251. A palabra CARNAVAL é de orixe italiana.

E non hai antroxus, nin entroxus…!!!

E por el Antroiro/Antroido, el sábado cereixoleiro/fereixoleiro/filloleiro... comemos cereixolos, fereixolos, freixós, fillolos, filloas…

Refrais:

Sábado filloleiro, domingo lardeiro, luis gordo e martes antroiro (Eilao)

Antroido gordoiro, martín cobertoiro, que foi por Arbón vendendo carbón a perrín e a perrón.

Antroido gordoiro pasou por Arbón con un cesto na mao vendendo carbón.

Sábado fereixoleiro, domingo lardeiro, luis gordo, martes antroido. (A Grandela. Tapia). E hai quen aumenta a lista de días coel xoves comadreiro e venres festeiro. Semana de festa!

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *