Escritores-as del Eo-Navia: Armando Cotarelo Valledor

Naceu na Veiga (Asturias) el 28 de decembro de 1879. Foi fillo de Emilio Cotarelo Mori, musicólogo, bibliógrafo, historiador literario e académico; e mais de Cándida Valledor Arango, de familia con pasado en Castropol. Estudiou Filosofía e Letras en Madrid e foi catedrático de Lingua e Literatura española na Universidá de Santiago de Compostela nel ano 1904. Foi profesor, entre outros, de Ramón Otero Pedrayo. Nesa universidá ocupou os cargos de vicerrector e de decano. Foi un home de carácter dialogante e inquieto, renovou a actividá universitaria e participou na vida cultural de Compostela. Presidiu el Ateneo León XII, colaborou na organización da Exposición Rexional de 1909 e da Exposición de Arte de 1926 e creou e dirixiu a revista Ultreya (1919/20). Integrado nel ambiente galeguista, foi parte activa das Irmandades da Fala e chegou a ser el primeiro presidente del Seminario de Estudos Galegos en 1923.

A Real Academia Galega nomeoulo membro de número en 1920, pero non chegou a tomar posesión. Nel ano 1929 ingresou na Real Academia Española, representando as letras galegas -xunto a Ramón Cabanillas- condo se crearon as secciois “catalana, gallega e vascuence”. En 1935 dirixiu a tese de doutoramento de Filgueira Valverde sobre a Cantiga CIII das Cantigas de Santa María. Foi nomado catedrático de Lingua e Literatura galego-portuguesa da Universidá Central de Madrid en 1939 e membro da Academia de Historia. En Madrid viviu xa asta a súa morte, el 8 de decembre de 1950.

Colaborou en diversos xornales da época, na revista Nós e nel Boletín da Real Academia Galega. Publicou, ademais, numerosos traballos sobre literatura, etnografía, filoloxía e historia. Pero foi el teatro lo máis importante da súa vida literaria. Todas as súas obras teatrales (agás Hostia e Mourenza) foron representadas en Compostela e dirixidas por el propio Cotarelo Valledor.

OBRAS:

Ensaio:

– Programa de Lengua y Literatura española. Santiago: Universidade, 1906. 2ª ed.
– La Leyenda de Dª Estefanía la desdichada. Discurso leído en el solemne acto de apertura del Curso Académico de 1907 a 1908 en la Universidad de Santiago de Compostela. Santiago: Universidad, 1907.
– Introducción al estudio de la Literatura Española. Santiago: Galaica, 1911.
– El teatro de Cervantes: Estudio crítico. Madrid: Tip. de la Revista de Archivos, 1915.
– Los cristianos españoles ante la invasión musulmana: 711-716. Santiago: Tip. El Eco Franciscano, 1919.
– Memorias de un escolar de antaño: 1808-1809. Madrid: Librería de Viuda de Puergo, 1919-21.
– Límite septentrional de la conquista sarracena en España. Santiago: Tip. de El Eco Franciscano, 1921.
– Matrimonios de Ramiro I de Asturias. Madrid: Jiménez y Molina, 1922.
– El castellano en Galicia: notas y observaciones. Madrid: Tip. Revista de Archivos, 1927.
– Un incunable compostelano: nota bibliográfica. Coruña: Roel, 1927.
– Blasón galaico. Contribución al estudio de la heráldica gallega. A Coruña: Roel, 1928.
– El Convento de Cambados: noticias históricas. Vich: Ed. Seráfica, 1932.
– Historia crítica y documentada de la vida y acciones de Alfonso III el Magno, último rey de Asturias. Madrid: Librería General, 1933. 
– Lembranza biográfica de D. Mateo Segade Bergueiro. Santiago de Compostela: Nós, 1933.
– El Eco de un regicidio. Madrid: [s.n.], 1934.
– Encol do nome de Martín Codax. Santiago: Nós, 1938.
– Don Mateo Segade Bugueiro, Arzobispo de Méjico, Obispo de Cartagena (1605-72). Madrid: Gráficas Yagües, 194-.
– Cervantes lector. Discurso leído ante el Instituto de España y en representación de la Real Academia Española. Madrid: Instituto de España, 1943.
– El Teatro de Quevedo: conferencia. Madrid: S. Aguirre, 1945.
– El Cardenal Don Rodrigo de Castro y su fundación en Monforte de Lemos. Madrid: Magisterio español, 1945-46.
– El Quijote académico: oración inaugural del curso 1947-48, leída ante el Instituto de España. Madrid: Instituto de España, 1948.
– El Resplandor de la aurora, génesis del descubrimiento de América. Conferencia inicial del curso sobre “Los descubrimientos geográficos españoles”, leída el lunes 26 de enero de 1948 ante la Real Sociedad Geográfica. Madrid: S. Aguirre, 1948.

Teatro:

– El gabán: rebuzno cómico en un acto y en verso. Ribadeo: Imp. De J. M. Páez e hijos de Cascante, 1900.
– Trebón: Farsada dramática en tres autos. Santiago: Tip. El Eco Franciscano, 1922. A obra, na que demostra el conocemento da vida rural galega e el dominio da técnica teatral sen desconsiderar el aspecto lexicográfico, respecta as unidades de acción, tempo e lugar, e organízase en tres actos centrados nel conflito que debe resolver Rosalía: buscar a súa felicidade casando con Ramón ou renunciar a ela rehabilitando al sou padre -a quen non conocía-.
– Sinxebra: comedia bilingüe en dos actos. Santiago: Tip. El Eco de Santiago, 1923. Comedia sentimental. É úa comedia bilingüe -fálase galego, castelán e formas híbridas- en dous pasos. De ambiente rural, confronta el amor de conveniencia (representado por D. Luís) coel amor natural e sinceiro (encarnado por Moncho).

– Lubicán: Conto dramático de lobos e de amores en tres cadros en verso. Santiago de Compostela: Tip. de El Eco de Santiago, 1924. Na estrea de Lubicán os papeles protagonistas foron representados por Fermín Bouza-Brey e Olimpia Valencia, e a obra foi ilustrada por Camilo Díaz Baliño. Trátase dun Conto dramático de lobos e amor.
– Hostia. A Coruña: Lar, 1926. Drama histórico sobre a morte de Prisciliano en Tréveris.
– Beiramar: drama en tres actos. A Coruña: Nós, 1931. Drama mariñeiro que sitúa a escena na ría de Arousa e céntrase nun crime pasional que acaba coa felicidá da parella protagonista. 
 Mourenza: lance dramático nun auto. Santiago: Nós, 1931. (Nesta ligazón pódese ler este drama mariñeiro completo). Sitúa a acción nun lugar indeterminado á beira do mar e recolle lendas sobre naufraxios.

 Novela:

El pazo, úa novela bilingüe.

Compilaciois:

– Contos de Nadal. A Coruña: Lar, 1927.
– Cancioneiro de Payo Gómez Chariño, almirante y poeta (siglo XIII). Madrid: Librería General, 1934.
– Cancioneiro da agulla. Vigo: Galaxia, 1984, publicado na revista Ultreya en tres partes (nº 82, 84 e 85), trátase dun conxunto de 101 cantigas de xastres e costureiras, comentadas, e seguidas de cantos, refrais e adivías relacionadas coa temática. 

El Cancioneiro da agulla contén: un Limiar, úa Introducción de Antonio Fraguas Fraguas, un Prólogo, Cántigas e un Apéndice con adivías e refrais.

Manuel Rico Verea escribiu: “Guion para radio. Oficios tradicionais. A costureira”, nel que nos conta lo seguinte:

“A costureira é un dos oficios máis populares e ben dá conta deste feito o cancioneiro de tradición oral. El programa de radio Vénte vindo, vén cantando (Fondos de Radio Nacional de España en Galicia) quérelle rende-la homenaxe merecida dedicándolle este capítulo relendo a Cabanillas, a Cotarelo Valledor e a cantos escribiron e compilaron os seus cantares. A importancia deste oficio, agochado hoxe no traballo somerxido, radica tanto na lírica creada arredor da súa figura como no papel de transmisora da lírica popular; quen se acorde dunha costureira acordarase dalgún dos seus cantares; acordarase dunha muller cantora”.

O cantar da costureira
éche un cantar moi baixiño
que non pode cantar alto
porque canta de seguido.

O cantar da costureira
é cantar que nunca acaba;
como gasta moito fío
bota coplas enfiadas.

E afirma: “A simpatía deste caravel, da costureira, espertou o espírito colector de Armando Cotarelo Valledor, quen publica no ano 1931 o Cancioneiro da agulla coas máis significativas cantigas que nos falan deste oficio”.

Dedicóuselle el DÍA DAS LETRAS GALEGAS en 1984.

Armando Cotarelo Valledor, polo profesor José Luís Forneiro.

Bibliografía


-Filgueira Valverde, X. (1984): Armando Cotarelo Valledor (1879-1950). A Coruña: Publicacións da Real Academia Galega.

-Filgueira Valverde, X. (1984): A presencia de Armando Cotarelo Valledor en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. -RAG, Letras Galegas 1984.

-EGU, Enciclopedia Galega Universal.

Comparte

1 comentario en “Escritores-as del Eo-Navia: Armando Cotarelo Valledor”

  1. Pingback: Escritores-as del Eo-Navia – axuntar.eu

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *