Os muros de pedra seca

As construciois feitas con pedra seca foron declaradas pola UNESCO Patrimonio inmaterial da Humanidá nel ano 2018. Son construciois tradicionales das zonas rurales de Croacia, Chipre, Escocia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Inglaterra, Irlanda, Italia e Suiza. En España hai nove comunidades autónomas incluídas nese Patrimonio: Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cataluña, Extremadura, Galicia e Valencia.

Na nosa Comunidá esta técnica ta presente en todo el territorio, sendo a súa práctica maioritaria nas áreas rurales e nestas nos lugares máis alonxados e de difícil acceso das poblaciois: pastos de altura utilizados en época estival, brañas…

A técnica da pedra seca consiste en construír con “pedra sobre pedra” sin utilizar ningún morteiro de unión entre elas e aproveitando el sou peso natural pra dotar de estabilidá aos muros. As pedras utilízanse tal cual aparecen na naturaleza, tan sólo se modifica algo a súa forma quitando algúa parte que sobre pra el bon encaixe nel muro.

Según a súa forma e tamaño, os tres tipos principales de pedra son: os bloques pétreos, as raxas e as llouxas.

-Os bloques pétreos son as pedras máis grandes da construcción, por lo xeral de granito, lo máis abundante na zona. Ás veces pechan zonas del muro.

-As raxas son de pequeno tamaño e colocánse por a cara interna pra que non se vexan por el exterior. Serven pra encher a cámara entre as dúas caras del muro. Así queda un muro homoxéneo, igualado, onde pronto se irá depositando terra e irán medrando pequenas plantas, flores, musgos, líquenes…

-As llouxas son bloques de pedra planos, pizarra xeneralmente, e de pouco grosor que se extraen dos afloramentos rocosos cercanos. Solen ir como cubrición, a modo de techumbre por exemplo nas cabanas ou dos cortíos, ou pra tapar a terminación dos peches das fincas. A estabilidá vei depender del correcto encaixe e del equilibrio de pesos e forzas.

A norma máis seguida é a de “dúas sobre úa e úa sobre dúas” e ademais, como se debe conservar a horizontalidá, úsase úa corda como guía, excepto nas construciois máis sencillas como as corripas, que se poden levantar “a ollo de bon cubeiro”.

Fotografía de Quique Roxíos

Os muros de peche das fincas poden levar desagües -especialmente naquelas zonas nas que abonda a humedá e que tán en lugares altos- de dous tipos:

-us son pequenos orificios, que se abren entre as pedras, nos muros situados en terrenos propensos a acumular auga porque poderian desmoronarse al ser movidas as pedras.

-outro tipo son as sangradeiras ou augueiros, pequenas canaletas creadas con pedras verticales e horizontales formando úa especie de túnel que traspasa el muro de lado a lado e verte el auga al camín.

Fotografía de Begoña Martín

A terminación das infraestructuras de tipo murario como os cortíos de abellas, realízanse dispuendo llouxas que sobrepasan el ancho del muro. Reciben el nome de cobixas e sirven pra tapar, impermeabilizar e evitar que el muro se desmonone por efecto del auga.

Fotografía de Begoña Martín

Condo se usan cobixas nos muros de peche poden colocarse horizontalmente ou con úa lixiera inclinación que sirve pra evidenciar a propiedá del muro. Esto é mui importante porque a súa inclinación indica a pertenencia á finca hacia a que verte. Por el contrario, si a terminación ten un perfil “a cabalo”, creado por úa pedra semicircular con doble vertente, significa que el muro é medianeIro. Normalmente el peche de enriba sole ser da finca e el de embaxo del camín.

El peche del muro resólvese con úa pedra monolítica, chamada mourón ou frontal, ou con varias pedras dispostas a modo de esquinales, chamadas machetas. En ambos casos practícanse os furacos necesarios pra encaxar despós a estrutura da portía ou cancela pra entrar á finca.

Na nosa zona hai tamén outras construciois feitas con muros de pedra seca, como os foxos ou cousos de lobos, recintos pra capturar lobos que consisten nun corral de Mampostería de entre dous e tres metros de altura, rematados con llouxas dispostas formando un voladizo interior. Dentro del recinto colocábase un cebo vivo ou morto pra atraer al animal, que úa vez tiña entrado, xa non podía salir. Existen diversas estruturas deste tipo nos concellos del Eo-Navia: el Couso da Campa en Pelorde e el Couso de Vallúa (ambas en Pezós); el Couso de Bustelo (Eilao); el Couso de Collada e el Couso de Lago (Allande) e, presumiblemente, El Couso en Trabada (Villallón).

Fotografía de Quique Roxíos

E tamén temos os calieiros ou caleiros, fornos coa forma dun tronco de cono, unde se calcinaba a pedra caliza, pra obter cal vivo, hidróxido de calcio, que despós se utilizaba como abono, como morteiro na construción, en industrias tintoreiras, na purificación de auguas, nel curtido de peles ou como desinfectante. Aquí un dos que inda tán en pé na Veigadouria:

Fotografía de Begoña Martín

Fotografía de Begoña Martín

Aquí podedes ver un vídeo de cómo construír un muro de pedra seca:

https://youtu.be/5YljPlaen4E:

En Tormaleo, Ibias, podemos ver úa construción de pedra, a palloza, con teito de palla (centeo), que inda hoxe atopamos en lugares de Galicia ben conservadas (por exemplo, no Cebreiro ou no Piornedo de Ancares, onde podedes ver a palloza museo de Isolina e Fuco: enwww.pallozamuseocasadosesto.com

Hai cinco siglos, este lugar de Tormaleo chamoulle a atención al maxistrado Eugenio de Salazar por as súas casas redondas, as famosas pallozas (cabanas de teito ou simplemente teitos) feitas con muros de pedra seca e teito de palla: “ninguna descripción mejor que la suya –nos dice Caro Baroja en Los pueblos del Norte de la Peninsula Ibérica (p. 293) para llevar al ánimo del lector la idea de que, de la época de Estrabón a la de Felipe II, poco había variado la vida en las montañas astures”. “Es la populosa ciudad de Tormaleo -dice Salazar- de hasta diez casas todas redondas (…). Dos puertas tiene cada casa, una al Oriente y otra al Occidente (…). En las dichas casas no hay sala ni cuadra ni retrete; toda la casa es un solo aposento redondo como ojo de compromiso; y en él están los hombres, los puercos y los bueyes todos pro indiviso, así porque todos son herederos de la tierra, como porque ni aun en las costumbres se diferencian (…). El hogar está en medio de esta apacible morada, porque de allí salga luz y calor para todo el circular aposento (…). Las dichas casas circulares son cubiertas de unos cimborrios de fina paja, y éstos rodeados desde el extremo hasta el coronamiento de unos rollos de bimbres”. E sigue Caro Baroja: “la casa circular «se encuentra en la parte meridional y occidental de Asturias. Llámanla ahora «corro» y a su lado hay otras construcciones circulares sin techo que sirven para los ganados. Tiene dos o tres metros de diámetro. En medio cuelgan los llares, y a las paredes hay adherido algún banco de piedra o el lecho. Es la casa típica de los «vaqueiros» (…). En medio de las brañas suele haber una de tamaño mayor, a la que llaman la «cabañona» o el «cabañón», que no es habitada, sino que sirve de centro de reuniones y deliberaciones”.

Pensemos que muitos dos lugares actuales onde se conservan «pallozas» son «brañas» ou «alzadas» ou posiblemente lo foron noutro tempo. Por «brañas» entendemos chozas ou casas aproveitadas por os pastores que suben co gado aos pastos estivales. El término «alzada» refírese a aquel conxunto de vivendas de carácter estacional onde os sous moradores non solo atenden al gado, sinón que tamén cultivan a terra nos chaos dos altos sitos (recordemos “os vaqueiros de alzada“).

Tamén en Ibias, concretamente en Valdeferreiros, atópase esta palloza de planta cuadrada feita con Mampostería sin argamasa, habitada asta hai pouco por un gaiteiro, Celso Otero.

Aquí deixamos un enlace a un intesante vídeo de úa palloza berciana:

https://youtu.be/dRCmuII30TI

Nel Bierzo hai cerca de 60 pallozas, muitas delas en estado ruinoso desgraciadamente, pero que parecen tar xa a piques de reparación (?)

Na pedanía de Villafranca, Aira da Pedra, ta a palloza del Campo da auga, afortunadamente mui ben conservada:

A construción das pallozas e os sous teitos é bastante complexa, por esa razón é tan costoso el sou mantemento. Son poucos os teitadores que quedan. El traballo comenza coa colocación de varios postes coronados con úa muesca en forma de V invertida. Entre dous postes colocarase a viga-madre, usando esa muesca pra encaxar. El número de pares de postes coa súa correspondente viga-madre varía en función del diseño da palloza. Sobre as vigas-madre colócanse as teixeiras, dúas lanzas de madeira que se encaxan úa con outra en forma de Cruz de San Andrés. Suxeitada por a teixeira vei a cumpia maior, que se une á cumpia menor nun poste máis alto denominado pé dereto. Con eso xa ta formada a estrutura principal da palloza, pero inda falta a colocación das tercias, que van desde as cumpias aos muros da palloza pra ser a base del teito. Perpendicular a elas e pra que a estrutura seña máis resistente van úas varas de madeira máis pequenas, chamadas ripias. Sobre esta estrutura xa se poden colocar os colmos de palla, que é el auténtico teito destinado a protexer el habitáculo das inclemencias del tempo.

Antes de proceder al teitado, é importante protexer os muros da construción con úas llouxas de pizarra. Esto evitará que a chuvia traspase as pedras del muro e se abra paso dentro da edificación. Tamén se levanta un tabique de láminas de madeira nel medio da palloza coel obxectivo de crear dúas estancias, úa pra os animales e outra prá familia.. Esta conta con dous ambientes separados: úa alcoba e úa estancia na que se atopa a lareira, e que tamén conta con un forno.

Ademais destas dúas zonas hai un altillo de tablas colocadas entre as vigas-madre nel que se fía a curación da matanza.

Interior de úa palloza na localidá de Balouta (Candín) cos escanos e lareira. Fotografía de Eduardo Margareto.

Albert Sorolla Edo, técnico de naturaleza, escribe nel artigo titulado “El papel biolóxico dos muros de pedra seca”, sobre a importancia de conservar estos muros por as súas cualidades:

-a súa permeabilidá, plasticidá e el sou papel ambiental. Os muros feinse con pedra da zona, quedan así integrados na paisaxe e a sostenibilidá da súa técnica débese a que a pedra é un recurso inagotable que se pode ir reutilizando sin xenerar residuos. A maioría dos muros tán feitos con lo que sal de despedregar os campos.

-Sin os muros, os efectos erosivos serían muto maiores.

-Tein un papel importante na agricultura porque frenan os ventos.

-E lo máis importante, que desgraciadamente é pouco sabido: el papel beneficioso pra os seres vivos. Si núa zona hai bosques, prados, árboles vellas e muros de pedra seca, estos terán úa maior diversidá de especies. A fauna e a flora necesitan puntos de refuxio, lugares que reteñan a humedá e tamén a calor, el auga… A parede en seco é un elemento de gran importancia na conservación del Patrimonio natural.

Os seres máis beneficiados por estos tipos de construciois son:

-Os líquenes, organismos indicadores da calidá ambiental.

-As folgueiras e mofos que foron os primeiros organismos que viviron fóra da auga desde hai us 400 millois de anos.

-Algúas plantas de flor.

Hedras, que contribúen a mellorar os hábitats pero que hai que observar porque poden causar desperfectos nel muro.

-Os insectos, que se refuxian e crían nos muros e muitos son depredadores naturales de especies que poden ser plagas prá agricultura (Un exemplo é el caso del Syrphus ribesii que se alimenta del pulgón. Outros insectos relacionados cos muros son os vermes da luz -vagalumes- Lampyris noctiluca).

Podarcis muralis

-A calor que retein muitos tipos de pedra é mui útil pra muitos reptiles e culobras.

-Ligados al auga e humedades dos muros destacan os anfibios.

-Algús páxaros, sobre todo os paseriformes, crían en muros de pedra, como el ferreirín azul ou el paporrubio Erithacus rubecula. Outros muitos páxaros usan os muros como lugares de vixilancia, por exemplo los insectívoros.

-E por último, os mamíferos tamén tán relacionados cos muros de pedra seca, como el rato de campo Apodemus sylvaticus, as musarañas, el toupo Clethrionomys glareolus, el rascacheiro Erinaceus europaeus ou a donicela Mustela nivalis.

Funcionan tamén como lugares de hibernación, en fenómenos de migración ou como corredores biolóxicos.

“A conclusión de todo esto é recalcar a inmensa importancia da pedra seca desde un punto de vista medioambiental, úa razón máis pra conservar e cuidar este patrimonio inconmensurable que temos. Hai que ter un pouco de cuidado e imaxinación al reparar ou reconstruir muros de pedra seca tendo en conta el sou papel como hábitat e contribuir a protexer as especies que viven nel ou en relación cos muros. É necesario que a construción dos muros de pedra seca siga tendo un perfil artesanal.” (Albert Sorolla Edo)

Alberto Calvín Corredoira (Pardiñas, Taramundi) explícanos muito ben cómo fer úa parede con estos versos:

Aprendendo a paredar 

Anque aínda é un neno
él quer ser canteiro
e para ir aprendendo
compróu el martelo.
Apréndeme a paredar
amigo Alberto.
Heiche de enseñar
y en pouco tempo
aprenderás da pedra 
todo o seu secreto,
como aprende un poeta
a escribir un verso.
Se o poeta necesita
aguzar o inxenio
pra buscar a rima
y a medida do verso; 
o canteiro precisa 
aguzar o martelo
pra picar a pedra
e así darlle xeito.
E anque hai pedra dura
que non quer martelo,
as de verlle a postura
a calquer penedo.
Buscarás pra esquina
unha pedra o xeito,
que seña cuadrada
e con von asento.
Mirarás de poñela
sempre ben nivelada
e poñerás a corda
hasta a esquina contraria.
Por dentro da corda
poñerás a filada; 
poñerás a pedra
toda ben asentada.
Con barro ou cemento
se lle fai a cama
anque paredar en seco
tampouco é cousa rara.
Esto de colocar pedras
nun che é máis nada
qu´un rompecabezas
dónde hai que combinalas:
grandes con pequenas,
as cortas coas largas
colocando as feas
o lado das guapas.
O chegar a esquina
busca outra cuadrada
a mitá máis corta
ou a mitá máis larga, 
pois verás qu´o qu´importa
é deixala ligada.
Poñeraslle o nivel
poñeraslle a plomada
e empezarás a poñer
outra nova filada.
Aconsellaba unha vella
e non era burra
de poñer unha pedra
encima de dúas, 
e logo dúas encima de unha. 
O medio das pedras,
deben ir as xuntas
anque para eso teñas
que romper algunhas.
Pon pedras o largo
e outras atravesadas,
así irás ligando
o que son as dúas caras.
Se entre dúas caras
che queda un espacio
con outras pequenas
vaino rellenando.
E nunca poñas pedras
como din o cagado
qu´o mirar pra ellas
se lles nota o fallo.
En canto tes practica
e miras pra pila
descubres a pedra
qu´é máis a medida. 
As de ter sempre pedras
das que chaman raxas
pra igualar coas outras
as que son máis delgadas. 
E se ves unha pedra
qu´é mui pesada
non vayas collela
e dañar a espalda.
Pareda neno pareda
xa que queres ser canteiro
s´é que che gusta a pedra
así iras aprendendo.
Todas estas cousiñas
aprendinas de pequeño
co Pito de Pardiñas
que foi o mellor canteiro.

Alberto Calvín Corredoira
Taramundi

Notas sacadas dos artigos: “TÉCNICA CONSTRUCTIVA DE LA PIEDRA SECA EN ASTURIAS” .Dirección General de Patrimonio cultural e de “El papel biológico de los muros de piedra seca”, de Albert Sorolla Edo, Director Técnico de Naturaleza.

Comparte

4 comentarios en “Os muros de pedra seca”

    1. El patrimonio inmaterial del que somos depositarios debe valorizarse. Noutros lugares dese xeito ocurrw. A UNESCO fai un mandato de protección que se debe escuitar. El futuro ë algo que chega empuxando al pasado, pero cos pés nese pasado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *