Colleita de opiniois: Quen cuida del galego de Asturias?

POR BEGOÑA MARTÍN ACERO

Quén cuida del galego de Asturias?

Esta é a información que aparece nas redes sociales sobre os cursos de eonaviego, eonaviegu, gallego-asturiano… da Conseyeiría de Cultura pra os/as falantes ou neofalantes da variedá dialectal del galego nel Eo-Navia: el galego de Asturias.

Empecemos analizando el texto:

1. Errores lingüísticos

1.1. A nivel morfolóxico na nosa lingua temos dous pronomes persoales átonos de segunda persoa:

-TE, acusativo, pra el obxecto directo (e el reflexivo).

-CHE, dativo, pra el obxecto indirecto (e as formas de interese e solidariedá).

EL verbo INSCRIBIR é transitivo e pronominal:

Como transitivo ten os significados de:

1. Gravar algo sobre úa superficie de pedra, metal… Inscribir un epitafio. Sinónimo: tallar. 2. Incluír el nome de daquén núa lista ou rexistro con un fin determinado, asentar, rexistrar. Inscribiron el neno nel Rexistro Civil. / Inscribiunos pra úa excursión. / Ana Inscribiute (a ti) nel libro del hotel. / Ana inscribiuche el tou nome núa placa de prata. Sinónimos: alistar, anotar, apuntar. Antónimo: desapuntar. 3. Matemáticas: trazar úa figura nel interior de outra de xeito que, sin cortarse nin fundirse, tían ambas en contacto en varios dos puntos dos sous perímetros. Inscribir un triángulo núa circunferencia.

Como pronominal significa: 4. Fer incluír el propio nome núa lista ou rexistro. Inscribíchete nel congreso de Arqueoloxía. Sinónimos: alistarse, anotarse, apuntarse. Antónimo: desapuntarse.

Así, como se pode observar nos exemplos anteriores, non podemos usar indistintamente TE ou CHE. El sou uso depende da función sintáctica que desempeñen úa e outra forma en cada contexto.

Nel texto da FACC (Federación Asturiana de Concejos), atopámonos coa acepción número 4, el verbo usado como PRONOMINAL. Un verbo pronominal é aquel que se conxuga con un pronome átono (me, te, se, nos, vos, se) que concorda coel suxeito. Si el verbo require obrigatoriamente el uso de dito pronome, é un verbo estritamente pronominal (por exemplo, arrepentirse). Outros, por el contrario, poden usarse indistintamente con esos pronomes ou sin ellos. Como xa vimos, é el caso del verbo inscribir (trans.)/inscribirse (pron.). (Inscribir un fillo nel rexistro civil, inscribir un epitafio/ Quédanche dous días pra inscribirte na carreira).

Por tanto, coel verbo INSCRIBIRSE -pronominal- é obrigatorio el uso dos pronomes concordando coa persoa verbal: Inscríbome, inscríbeste, inscríbese, inscribímonos, inscribídesvos, incríbense.

Nel caso del verbo en imperativo (tempo empregado na información que tamos a comentar) a única forma posible prá segunda persoa singular é INSCRÍBETE (prá segunda persoa del plural sería INSCRIBÍDEVOS).

Asta aquí os argumentos. E agora vein as preguntas:

Por que se usa na información a forma INSCRÍBECHE*, totalmente incorrecta?

  1. Por ignorancia? El profesorado de galego de Asturias (gallego-asturiano, forma oficial), a Conseyeiría de Cultura, a FACC… non poden ignorar a existencia desos dous pronomes persoales átonos de segunda persoa. É un rasgo morfolóxico distintivo da nosa variante dialectal (idéntica al galego normativo).

  2. Por influencia das zonas cheístas da área fisterrá que solo utilizan CHE? Absolutamente improbable (debería tratarse de que quen escribiu a información fose un nativo del occidente coruñés).

  3. Por deixadez, porque importa non cometer erros ortográficos na lingua del Estado pero qué máis dá equivocarse núa lingua B? Indicaría menosprecio e por suposto agravio comparativo. E eso non entra nas directrices dun bon profesorado e tampouco dúa oficina cultural, nin muito menos dun/dúa normalizador/a lingüística -os tres posibles supervisores da información.

 

1.2. Repasemos tamén a grafía empregada nel caso del topónimo coa preposición en (n´A Veiga):

Lo usual na toponimia é que condo existe un nome de lugar que vei acompañado del artigo (A Veiga, A Fonsagrada, El Llombatín…), se estos topónimos van acompañados dúa preposición faise a contracción (na Veiga, na Fonsagrada, nel Llombatín…). El feito de usar el apóstrofo nestos casos da toponimia (n´A Veiga, n´A Fonsagrada, n´El Llombatín), por máis que consideremos el artículo como constitutivo del topónimo, implica -cremos- adoptar úa solución que carece del sentido da economía porque pra qué escribir un apóstrofo se non é necesario el sou uso xa que a pronunciación-lectura vei ser a misma con ou sen él? Revisemos as normas da ALLA pra el galego en relación al uso dos apóstrofos coas preposiciois:

3.1.3.1 Apostrófase d’ condo a palabra que sigue empeza por vocal ou h.

3.2.1 Dalgúas preposicióis contráinse cos artículos d’este xeito:

              EL       A       OS       AS

DE     

             Del     da      dos       das

(Normas ortográficas del gallego-asturiano, ALlA 2007).

 

Según as normas (3.1.3.1), a contracción da preposición DE cos artigos debería levar apóstrofo -tal e como se fai nel texto que comentamos-, pero vemos que nos exemplos anteriores non se realiza a apostrofación (3.2.1). Ou fémoslle caso al cuadro das contracciois (del, da, dos, das) ou á teoría del punto 3.1.3.1. E de ferlle caso al cuadro, nel texto que nos ocupa tánse vulnerando as normas. Difícil de entender!

Con estos e outros usos apostrofados que a ALLA propón na súa normativa (sin ter en conta pra nada a evolución que seguiu el uso del apóstrofo nel galego de Galicia), como por exemplo  “escribo esto n´eonaviego”, “canta´l carro” “a qu´esperan?”, represéntase a oralidá, trátase de fonética sintáctica, rasgo que se alonxa da lingua escrita, culta, Estándar. Igual que condo se usan os participios en -ao (resultao), propios tamén da variante vulgar da lingua e claro reflexo da oralidá (relaxación articulatoria). Úa lingua escrita, Estándar, debe botar mao das variantes cultas, elaboradas, pra que esa lingua non perda a capacidá de ser usada en contextos formales. Ou é que se trata de convertir a nosa lingua núa variedá de nivel vulgar (úa das variedades diastráticas), cun rexistro exclusivamente coloquial ou familiar (úa das variedades diafásicas), incapaz de ser usada en todos os contextos comunicativos?

Se caemos en vulgarismos deste tipo, por qué motivo non usar outros -tamén propios da oralidá- como: próteses: afoto*, amoto*, arradio*…; paragoxes: comere*: aféreses: mapola*; síncopas: espranza*; apócopes: cas*; … ?

 

1.3. Tamén é preciso comentar el apartado léxico del texto. El galego de Asturias é úa lingua cúa gran riqueza léxica. Por que non usar as palabras de noso en vez de botar mao de castelanismos ou de voces que, inda non lo sendo, son iguales ás del castelán? Referímosnos á palabra gratis -nel texto- en lugar da locución adverbial de balde.

 

2. Outras consideraciois en relación coa normativa da ALLA

2.1.Vamos agora coas grafías <ll> e <y> das controvertidas e complexas palatales, sobre as que non podemos deixar de fernos preguntas. Vexamos lo que dicen as súas normas:

1.2.4 “El fonema /λ/ represéntase por ll. El uso d’este fonema, condo é procedente del -L- y -LL- llatinos, ten diferente frecuencia entre el Navia y el Eo. Na parte oriental úsase tanto en empezo de palabra (lleite, llobo, llargo, llacón) como en posición intervocálica (aquella, allumar, estrella). Na parte occidental el resultao pra esos mesmos grupos llatinos foi /l/ (leite, lobo, largo, lacón, aquela, alumar, estrela). Así y todo, núa zona d’esta parte occidental el fonema /λ/ dáse, peró como resultao dos grupos llatinos LJ, K’L, G’L (muller, ollo, cuallar) (ver epígrafe 1.2.5).

1.2.5 El fonema /j/ represéntase por y: coyer, trabayar, mayo, muyer, yelso, díxoye, fixéronyas. En búa parte da zona Navia-Eo, os resultaos dos grupos llatinos LJ y K’L, G’L, foron / j/ ¹: moyar, paya, oyo, tayar, cuayar.

 

 

Na zona de non palatalización del L- y -LL- llatinos hai úa parte –a suroccidental– unde os resultaos de LJ y K’L, G’L, foron /λ/: muller, palla, tallar, ollo, cuallar. Nel resto da zona de non palatalización del L- y -LL- llatinos os resultaos de LJ y K’L, G’L pronuncíanse tamén con [ y]²“.

1 Na zona de palatalización del L- y -LL- llatinos é evidente qu’esto nun é un fenómeno de yeísmo: un bon falante pronuncía coyello, allargarye, cebolla, coye, estremando ben os dous sonidos.

2 Tamén neste caso é evidente que nun é un fenómeno de yeísmo moderno porque os falantes máis veyos nun son yeístas y estreman os dous sonidos (el /λ/ úsanlo, por exemplo, en empréstamos léxicos d’outras llinguas como el castellano: parrilla, bombilla, etc.

(Normas ortográficas del gallego-asturiano, ALla 2007).

Podemos pensar que a explicación das soluciois yeístas dos grupos latinos Lj, K´L, G´L, que -dicen- se dan en “búa parte” del territorio del Eo-Navia -incluso nas zonas nas que non hai palatalización de L- e -LL-latinos-, é úa evolución histórica e, consecuentemente, úa realidá. Pero non todas as evoluciois tein que representarse con úa grafía específica. Abonda ver como se sacrifican na normativa da ALLA formas caracterizadoras del asturiano occidental en beneficio dúa ortografía asturiana común. E, neste noso caso, el <y>, por máis que existan certas palabras onde representa un fonema, bate coa grafía <ll>, tamén histórica.

Parece más bien, que la generalización de las soluciones que hoy en día son dominantes en Asturias en relación a los resultados de los grupos latinos -lj-, -c’l-, -g’l-, responden a una evolución muy posterior, en el que si bien pudiese existir una previa pronunciación particularizada, su asimilación al fonema fricativo palatal sónoro no es sino consecuencia de la generalización del fenómeno yeísta”. (Palabras d’antangòite. Corpus lexicográfico da lhingua medieval del Eo-Navia: Los fónemas laterales en Gallego-asturiano III. El yeísmo en el Eo-navia. www.falamorta.blogspot.com) .

Basta con que vexamos os documentos medievales. Nel texto conservado máis antiguo procedente del mosteiro de Santa María de Vilanova de Ozcos (1162) aparece a palabra fillo, del étimo FILĬŬM (L+iode):

Testemoyas que presentes foron: Lopo Suárez, cf.; fillo de Pay Pérez de Nava; Roderigo Roderíguez, dicto Farfón; Miguel Románez, ts.; Domingo Románez, ts.; Polay Vermúdez de Gimaga, ts.; Pero Pérez, dicto Pechoz de Çedamona, ts. Petrus (S) notuyt.

Tamén aparece neste mesmo documento un verbo en presente de subxuntivo: valla, del latín VALĔAT (L+iode):

E de este día en deante seia tirada de nosso poder e seia metuda enno vosso e no do moestero e se alguén da minna parte ou da alea contra esta vençón e contra esta doaçón veer, aia a maldiçón de Deus e a minna e con Iudas eno inferno iasca por sempre e aa voz del rey peyte çen morabetinos e dobre ao moestero a herdade e a carta valla por senpre.

(Sacado del libro Colección diplomática del Monasterio de Santa María de Villanueva de Oscos (1139-1300), de José A. Álvarez Castrillón).

Podemos añadir que -según se afirma nas normas anteriores (punto 1.2.5)- si na área asturiana de non palatalización hai úa zona na que el resultado de Lj, K´L, G´L é palatal lateral, cuál é el motivo de non adoptar como normativa <ll> que coincide coa solución del galego común (MULIEREM, muller; OCULUM, ollo; REGULAM, rella) pra así non separar a nosa variante del sou tronco lingüístico? Cabería destacar a importancia da funcionalidade de unificar grafías entre el galego escrito de Galicia e el de Asturias.

Tamén existe yeísmo en voces derivadas de L- e -LL- en falantes de Navia, Coaña e outros lugares, documentado en textos literarios, e non por eso a ALLA admite a posibilidá de escribir yobo e ceboya en lugar de lobo e cebolla.

Todo esto parece demostrar que a normativa da ALLA vei encaminada a subordinar a nosa variante dialectal al asturiano pra xebralo del galego. Porque… por outro lado, por que se dá prioridá á palatalización del L- inicial (nel texto, “Llingüística”) si esta solución nel Eo-Navia non é a solución maioritaria?

 

Mapa del ETLEN

 

2.2. E, por último xa, falemos dos nomes da lingua

 

 

El Glotónimo oficial pra referirse á lingua propia de Asturias distinta del asturiano é galego-asturiano. Atendendo al consenso científico, consideramos que el Glotónimo galego-asturiano non é el máis axeitado pra designar a lingua propia del Eo-Navia -anque actualmente seña el único que ten respaldo legal nel ámbito del Principado- e tampouco tamos de acordo, atendendo al consenso científico e al sentido común, con que a Academia de la Llingua Asturiana teña atribuida a tutela dun idioma que forma parte dun tronco lingüístico distinto del asturiano. Deixando aparte estas cuestiois, continuemos cos nomes da nosa lingua. Según el consenso Filolóxico, el galego-asturiano é úa variante del galego oriental falada nos concellos del Eo-Navia. Sin embargo, nestos últimos tempos vemos como en textos periodísticos, publicitarios, literarios – e incluso nalgúas disposiciois normativas del propio Principado (resoluciois e decretos)se introduce a expresión “gallego-asturiano o eonaviego” indistintamente, ou “gallego-asturianu o eonaviegu”. Sorprende ese intento reiterado de “oficializar” un término, “eonaviego”, que carece de lexitimidá xurídica. Descartada completamente a estas alturas a casualidá, hai que preguntarse cuál é el motivo de impulsar este Glotónimo alegal, condo xa existe un Glotónimo oficial. Será intentar demostrar que a lingua propia del Eo-Navia apareceu de forma espontánea? Tal vez pechala nun gueto, sen filiación ningúa e convertila así en algo pintoresco? Deixala sen referencias, sen reices, sen lingua padrón á que acudir? Tratar de transicionala a outra lingua, transformala “al gusto”, ninguneala, manipulala, condenala á desaparición e al ostracismo? Fela depender dúa lingua da que en realidá non depende, sendo insólito e incomprensible que úa lingua B trate de avasallar/absorber/anular a outra lingua B (máxime si lo fai contando con financiación e amparo institucional)?…

Son muitas preguntas que daquén debería responder. Porque hai responsables. Mentras tanto, e sempre, os falantes del galego del Principado (e quen aspire a conocelo e usalo) merecen que as instituciois responsables de protexelo tomen en serio os sous deretos lingüísticos.

 

A nosa lingua debe ter un trato digno, respectuoso coas súas reices, conforme al consenso científico, máis aló de estratexias que non levan sinón a fela esmorecer como úa xerga local vulgarizada sen proxección ningúa de futuro. Como lingua non merece menos que eso. E como ciudadanas e ciudadanos, nosoutrxs tampouco lo merecemos.

 

 

El galego propio del Eo-Navia é úa gran riqueza lingüística de Asturias.

El sou cuidado e protección débeselle encomendar a quen lo conoce, lo valora e lo respecta.

 

Begoña Martín Acero  –  Boal, 25-04-23

 

(Agradecementos as persoas que axudaron na corrección deste artigo: Paloma García e Xabier Barcia).

 

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *