Colleita de opiniois: Sobre el galego de Asturias, silencio

Por QuIQUE ROXÍOS

Sobre el galego de Asturias, silencio

A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo editou fai pouco  el volumen “Derechu llingüísticu del Principáu d’Asturies. Normativa y xurisprudencia afirmando que se trata del primeiro compendio xurídico que xunta toda a lexislación e xurisprudencia dos últimos 40 anos nel que vén sendo el tema das  linguas propias de Asturias:  a lingua asturiana e el idioma gallego que se fala en Asturias.

A Consellería comunica que a publicación del volumen persigue puer en maos da sociedá asturiana, dos operadores xurídicos e das administraciois públicas, un manual de consulta sobre el dereto lingüístico asturiano que recolla a normativa vixente e que poda ir actualizándose nel futuro a medida que se xenere nova lexislación.

El libro abarca  varios apartados. Úa primeira sección na que analiza a evolución del réximen xurídico das linguas propias de Asturias e que parte del plurilingüísmo recoñecido pola Constitución Española de 1978 (a que permitiu a aprobación del  primeiro Estatuto de Autonomía  pra Asturias unde, nel sou artigo 4,  dá el primeiro paso de recoñecer a existencia del bable e outorgarlle algúa protección).

El autor  deste volumen, Nicolás Bartolomé Pérez, dá conta da importancia de Carta Europea das Linguas Rexionales ou Minoritarias del Consello de Europa (CELRM) pra despós estudiar a implementación del Estatuto de Autonomía mediante a a Lei 1/ 1998, de 25 de marzo, de Uso e Promoción del Bable/Asturiano e el desenvolvemento normativo. Trata  ademais sobre  a Promoción del asturiano e del gallego-asturiano nos  concellos.

A continuación, recolle úa  compilación de normas de rango internacional unde destaca a antediata Carta Europea de Linguas Minoritarias, e “todas” as normas de carácter nacional, autonómico e local aplicables tanto al asturiano como al gallego-asturiano.

Tamén recolle, ou dice recoller, toda a xurisprudencia existente sobre as  nosas linguas emanada del Tribunal Constitucional, del Tribunal Supremo e del Tribunal Superior de Xusticia de Asturias, xulgados contencioso- administrativos así como úa serie de anexos que inclúen documentación de tipoloxía variada como resoluciois administrativas, planes de Normalización lingüística, ordenanzas municipales, convenios, informes del Consello de Europa, etc. Finalmente, a obra remata con úa bibliografía extensa de referencia e consulta sobre a materia.

Desde Axuntar damos a benvida a este traballo feito polo avogado, investigador e académico correspondiente da Academia da  Llingua Asturiana Nicolás Bartolomé Pérez, (León, 1971). El feito de que que el autor fora nun tempo Presidente da Asociación Cultural Faceira –asociación que defende que leonés e asturiano  pertenecen al memo dominio lingüístico, é decir, que son a mesma “llingua”, permitiría pensar que se presentase úa visión del galego de Asturias coherente tamén coa súa unidá lingüìstica,  pero temos que aclarar úa serie de cousas que van en orden  a destacar lo que este estudio evidencia: por un lado el esqueicemento del galego como modus operandi habitual da Administración asturiana e, por outra banda,  denunciar as dúas varas de medir utilizadas que fain que, outra vez, el galego de Asturias salia mal parado, máxime sendo quen é el autor, porque non se trata el gallego-asturiano como parte  del sou dominio lingüístico e polo tanto del idioma galego, senón que se fala del como dúa modalidá lingüística sen filiación, sen historia e, lo que é pior, sen futuro dado que asta os criterios científicos son silenciados.

Estas son as nosas apreciaciois:

 

Primeiro.-  El libro empeza cúas citas de textos en asturiano ou bable e tamén en galego-asturiano ou galego de Asturias. Nesas citas faise referencia a un importante escrito medieval en asturiano, el Llibru Xulgu, datado nel século XIII,  que provén del Códiz Hispanu 28 de la Bayerische Staasbibliothek (Múnich, Alemania) coa que se  pretende dar carta de naturaleza del carácter de lingua Romance del idioma asturiano. -“La lee ye por demostrar las cosas de Dios, que demostran bien viver; ye fonte de melizina que mostra el derecho que faz bien,…”-.

Pero, sorprendentemente, non se fai lo mesmo con respecto al galego  que se fala en Asturias e en vez de recoller tamén algún escrito medieval del idioma, recóllese un artículo escrito núa normativa que lo separa del Corpus llingüístico -“A lingua galego-asturiana é, xunto al casteyano, a lingua propia del conceyo de A Veiga…”- e que fai referencia a úa ordenanza municipal dun Concello asturiano de fala galega, un escrito de hai mui poucos anos, transmitindo a idea de que el galego de Asturias non ten esa referencia histórica tan importante como a que ten a lingua asturiana. 

Nel texto coménzase afirmando  que “…en el Principáu hai una situación de  plurillingüísmu pola existencia de trés llingües  romances falaes pola xente:  xunto a la castellana -que foi introducida n´Asturies a partir del sieglu XIV y que ye la mayoritaria ente la población-, hai otres dos idiomes que son autóctonos del territoriu, l´asturiano o bable,  que se fala como patrimonial nes zones asturianes asitiaes grosso modo ente´l ríu Navia, al occidente, y el ríu  Purón, al oriente; y el gallego-asturianu, faláu nos conceyos asturiano más occidentales d´Asturies  que conformen, en xeneral, la comarca  conocida  como Tierra del Navia-Eo o del Eo-Navia.”

Evidentemente era lo sou, xa que el galego tamén é lingua Romance,  puer un texto nel idioma medieval galegoportugués  que  forma parte da historia del galego de Asturias. Dito escrito ben podera  ser, por dar algún exemplo, el  que ta considerado el primeiro escrito en galego que se conserva, el Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais, O pacto de Irmaõs del século XII atopado na Mitra de Braga e conservado actualmente nel Arquivo Nacional  da Torre do Tombo de Lisboa. Pró como nel Eo-Navia existe abundante documentación tamén podía terse escollido como documento  a venta por María Vicéntez de “quanta heredade eu aio et debo por aver en Çedamoña pro preço que a min e a vos ben prougo, convén, a saber hum boy boom e çen soldos... a vos  abbade don Guillermo de Santa María de Vila Nova d`Oscos…” (José  A. Alvarez Castrillón, 2011, p.52) asinada en Xío, Eilao, nel ano 1162 e que permitirían certificar a filiación e carácter de lingua románica del galego de Asturias.

 

Segundo.- Inda que na introdución se dá conta da existencia xunto á lingua castelana -“…introducida n´Asturies a partir del sieglu XIV…”– de outros dous idiomas, el asturiano ou bable e el gallego-asturiano, non se fai referencia en ningúa das anotaciois ás consideraciois científicas sobre el idioma galego de Asturias e solo se menciona a existencia de muitos glotónimos. Certo que se menciona a Dámaso Alonso  pró non se informa de que tanto nos sous importantes traballos sobre el galego-asturiano -Glotónimo que este erudito utiliza-  como  nel resto da Dialectoloxía tradicional hai un consenso maioritario en considerar  al galego de Asturias como variedá dialectal del idioma galego. Ademais neste traballo de Nicolás  Bartolomé,  evítase  darlle a importancia que tuvo a existencia histórica de colectivos en Asturias que así lo reivindican.

Deste xeito, na introdución del traballo de NIcolás Bartolomé constan anotaciois que mencionan a Xeira e un traballo de Ramón d’Andres de 2022 e non son mencionadas nin a Mesa prá Defensa del Galego de Asturias, MDGA, nin muito menos se informa sobre Axuntar, constituída en 2021. Tampouco se fai referencia, como veremos máis pralante, a que el el noso idioma, el galego, é el mesmo que é oficial noutra Comunidá Autónoma e  que incluso hai textos legales de Galicia  que  mencionan el galego de Asturias coa voluntá de protexelo ou que hai sentencias sobre deretos lingüísticos que reconocen al galego como un idioma que ten ún ambito territorial supracomunitario.

Sí se menciona puntualmente a presencia da MDGA e a súa influencia na redacción de proxectos de lei anteriores á aprobación da Lei 1/1998, de 23 de marzo, de Uso e promoción del Bable/asturiano, na nota  número  83 (del propio Nicolás Bartolomé) e  dícese  que a presencia de determinados glotónimos refereidos al galego que se fala en Asturias foron consecuencia del comenzo del activismo da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias. Non se fai referencia al Grupo de Eilao -de gran importancia-, nin se fai constar que a MDGA editou  as primeiras normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias nel ano 1990, úas normas que -respetando a personalidá da variante del gallego de Asturias- non supuían úa rotura coel sou Corpus lingüístico e siguen, a día de hoxe, sendo utilizadas na súa esencia por úa parte relevante dos escritores/as en galego de Asturias.

Sí se  fain constar, por el contrario, anotaciois abondas con autores que  dan conta de que el valenciano é “una variedá de la llingua catalana”, ou que “la lengua occitana, denominada aranés en Arán,” é a lingua propia dese territorio e é  oficial en toda Cataluña. Tamén consta nesas anotaciois a existencia del eusquera como idioma que traspasa fronteiras administrativas. Por suposto recóllense anotaciois de diversos autores sobre a extensión xeográfica del espacio lingüístico asturleonés por os territorios de  Asturias, León e  terras de Miranda en Portugal e incluso nalgúa anotación faise referencia al número de falantes de cada territorio.

Que sin embargo as referencias á galeguidá das falas del Eo-Navia non señan recollidas -inda sendo a postura de consenso xeneralizado na Dialectoloxía- é un intento de omitir e ocultar lo que é evidente; ademais resulta extravagante que se consideren anotaciois sobre a unidá lingüística  de todos os idiomas protexidos nel Estado español excepto del galego de Asturias.

Curiosamente na anotación 27, atribuida a Arzoz Santiesteban, 2009, acéptase que existen “(…) llingües reconocíes de manera administrativa y reglamentaria, casu d` A fala (gallegu) como bien de interés cultural n`Estremadura.”

Pró, sobre el galego de Asturias, silencio.

El autor del texto ten un currículum como defensor da unidá lingüística. tanto del asturiano como incluso del galego, que non deixa lugar a dudas e polo tanto parece  evidente que esos son us silencios escollidos a resultas del encargo que lle foi feito. Gustáríanos que algúa anotación al respecto fose incluida, cousa factible tratándose dun documento editado en fomato pdf.

Terceiro-. Con todo, el traballo ten cousas mui positivas e é úa fermenta mui útil. Concordamos en Axuntar coa valoración del marco constitucional nel sentido que el artículo 3 da Constitución Española reforza el plurilingüísmo del Estado, como elemento esencial del sou Patrimonio cultural sen graduación xerárquica de realidades lingüísticas inda que exista a realidá de que  nel estado algúas linguas alcanzaron el estatus de  oficiales  e outras  carecen desa declaración.  

Inda que se falen tradicionalmente nos sous territorios, hai linguas como el galego, oficiales núa Comunidá Autónoma pero  que se falan fóra del territorio unde foron declaradas idiomas cooficiales xunta al  castellano. Pero que esa realidá non seña mencionada en relación al galego de Asturias e sí se faga respecto a outros idiomas de outras Comunidades Autónomas é un feito triste e lamentable que convirte este traballo nun documento que confirma a política gubernamental asturiana  como un ariete que quebra  a unidá lingüística dun  dos idiomas propios de Asturias.

 

Cuarto.- Remarcar e compartir a importancia  que el autor dá al Tratado “Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias” del Consello de Europa (CELRM), un tratado internacional ratificado por el Estado Español nel 2001. Este tratado ten relevancia pola súa incidencia nel bloque de constitucionalidá entendido como parámetro interpretativo das normas xurídicas que establecen un Estándar mínimo de protección prás linguas sen estatus de oficialidá. Quizais NIcolás Bartolomé Pérez debería resaltar e comentar algús dos aspectos que nese tratado son máis relevantes prá  realidá lingüística asturiana, tanto pral galego como  tamén pral  asturiano, nel sou carácter de  linguas propias e supracomunitarias.

Artículo 7. 1  En materia de lenguas regionales o minoritarias, en los territorios en los que se hablen dichas  lenguas y según la situación de cada una de ellas, “las Partes basarán su política, su legislación y  su práctica en los obxetivos y principios seguientes:”

b) “El respeto del área geográfica de cada lengua  regional o minoritaria, actuando de tal suerte  que las divisiones administrativas ya existentes o nuevas no sean un obstáculo para el fomento de dicha lengua regional o minoritaria.”

e) “El mantenimiento y el desarrollo  de relaciones, en los ámbitos que abarca la presente Carta, entre los grupos que empleen una lengua regional o minoritaria y otros grupos del mismo Estado que hablen una lengua utilizada de manera idéntica o parecida (…).”

 

 

 

 

Quinto.- Da importancia da dignidá idiomática é consciente el autor del texto e de feito na páxina 24 explícase cómo el Ex-presidente asturiano, Pedro de Silva,  defendeu a redacción del Estatuto de Autonomía de Asturias nel Congreso dos Diputados de tal xeito que a redacción definitiva non definise al bable como ua modalidá lingüística xa que eso supuía cuestionar el sou carácter de lingua específica baseándose en categorías non científicas.

Esa explicación tan relevante pral asturiano deixa máis en evidencia que neste estudio non se señalan as posiciois científicas maioritarias que defenden a dignidá idiomática del galego de Asturias dentro del ámbito lingüístico del galego e del galegoportugués. Por contra, nel estudio chámaselle reiteradamente a un dos idiomas romances de Asturias “a fala del occidente d`Asturies”, algo que por certo non axuda na normalización del galego de Asturias.

Este aspecto  sobre a inconvenencia de utilizar esos glotónimos que cuestionan el carácter idiomático dúa lingua sí é recollido na anotación 51 respecto al catalán falado na Comunidá Autónoma das Illas Baleares que. según Colom Soler, na redacción del sou Estatuto algús grupos políticos  intentaron introducir enmendas “sobre modalidades lingüísticas  buscando degradar la unidá d´un idioma”  baxo denominaciois tales como llingua propia de les Illes Balears, llingua balear, modalidades lingüísticas insulares, etc.  Pero lo que se dice del catalán das Baleares ou del asturiano non se recolle en anotación ningúa sobre el gallego-asturiano, al que  ás veces  se chama con cualquer Glotónimo que evite a utilización da palabra “galego”, que é a que responde á súa filiación.

Sexto.- Del estudio queda claro el empeño dos gobernantes asturianos en reiterar el sou esqueicemento del galego, de xeito que nin na reforma del Estatuto de Autonomía de Asturias de 1999 nin en ningúa das tres reformas principales que se fixeron se intentou solucionar este olvido e inlcuir el galego nel Estatuto, tal e como recomendan as autoridades europeas del Consello de Europa. El traballo de Nicolás Bartolomé Pérez neste aspecto é esclarecedor e certifica que tamos delantre dun problema crónico de ocultamento da diversidá lingüística asturiana.

Séptimo.- Non se dá relevancia neste traballo a que el Estatuto de Autonomía de Asturias contemple nel sou artigo 21 a posibilidá de firmar convenios con outras Comunidades Autónomas prá xestión ou prestación de servicios propios da exclusiva competencia das mesmas cousas que deberán comunicar ás Cortes Xenerales.  Neste astigo tamén se prevén acordos de cooperación.

Asturias, condo menos, debería firmar convenios coas comunidades autónomas que tein el galego  ou el asturiano -ou algúa das súas variantes dialectales- como idioma propio xa que eso sería cumplir el mandato da CELRM (art.7.1 b; 7.2) e garantizar a relación entre falantes del mesmo idioma  que se expresen dun xeito idéntico ou parecido sen que as fronteiras administrativas señan ningún impedimento.

Nel estudio de Nicolás Bartolomé non se fai mención, sendo relevante, que dita posibilidá ta prevista nos Estatutos das Comunidades Autónomas de León e Galicia e que incluso, nel caso de Galicia, tein por lei a obligación de colaborar nel cuidado del galego que se fala fóra das súas fronteiras administrativas.  Deste xeito a Lei  3/1983 de 15 de xunio de Normalización lingüística de Galicia dedica el Titulo V al galego exterior e establece nel apartado 2 que el Goberno galego “… fará  uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de Autonomía -a posibilidá de asinar convenios con otras CA- a fin de protexe-la lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade Autónoma galega.” 

Octavo.- El traballo de Nicolás Bartolomé dá constancia del esqueicemento del galego de Asturias en muitísimos ámbitos. Algús exemplos:

N:este traballo podemos consultar as regulacios sobre el  sistema educativo. É el caso del Decreto 57/2022, de 5 de agosto, por el que se regula e establece el currículo da Educación Primaria nel Principado de Asturias, que establece nel sou artículo 7. e): “Conocer y utilizar de manera apropiada la lengua castellana y, en su caso, la lengua asturiana y desarrollar hábitos de lectura.”. El mismo Decreto, nel Capítulo II sobre Áreas, elementos del currículo y horario, nel apartado g) Lengua Asturiana y Literatura o Cultura Asturiana a elección de los padres, madres, tutoras o tutores legales.”

El galego-asturiano e as peculiaridades culturales da zona asturiana de fala galega tampouco son mencionados nos Decretos que regulan el Currículo da Educación Secundaria Obligatoria, ou del Bachillerato.

Tamén podemos consultar el Decreto 47/ 2019, de 21 de xunio, por el que se aprobou el “Marcu Común Europeu de Referencia de les LLingues  nel que se establecen os niveles de competencia nel uso da llingua asturiana”; queda evidenciado que  non se aprobou pral galego de Asturias  un Decreto similar nin se pretenden homologaciois cos títulos emitidos polas instituciois de Galicia como ocurre noutras CA que comparten idioma propio (Cataluña-Valencia-Baleares ou Euskadi-Navarra).

Outro exemplo de que lo  noso parece non ser asumido como propio da CA é el caso da  Universidá de Uviéu. Por Acordo de 20 de xullín de 2018, el Reglamento regulador del uso del asturiano na Univesidá de Uviéu e da Comisión Asesora de Normalización lingüística, sin mencionar el galego. Silencio.

Noveno.- As políticas de normalización del galego de Asturias son programas de manipulación identitaria unde se enseña aos falantes del idioma que, como non son galegos, non é posible que falen galego e non se favorece que poidan aproveitarse da pertenza a un dominio lingüístico que podería dar futuro al sou idioma. El estudio de Nicolás Bartolomé deixa en evidencia os incumplimentos del Estado español e da Administración asturiana  sobre aspectos como a promoción cultural ou a presencia nos medios de comunicación. A realidá evidente é que este idioma apenas se valora e que de continuo se lle nega a súa especificidá e que non se toman medias firmes encaminadas a fomentar a súa visibilidá pública ou el mantenimento de relaciois dos falantes de galego-asturiano con falantes del mesmo idioma da CA vecía.

Noveno.- Sobre xurisprudencia, el estudio de Nicolás Bartolomé ten outra ausencia notable que é a non mención da Sentencia 394/2022 del TSJ de Galicia que nel Fundamento Xurídico 8 B reproducindo el artículo 4 del Estatuto de Autonomía de Asturias e el art. 2 da Lei 1/1998 de Uso e Promoción del Bable reconoce que “… a consecuencia é que para o galego-asturiano a lei ampara o dereito dos cidadáns para coñece(lo) e usa(lo) ” e “establecer os medios que o fagan efectivo (…), telo por válido nas comunicacións orais ou escritas dos cidadáns co Principado de Asturias.”

Esta Sentencia 394/ 2022 del TSJ de Galicia continúa “… Sobre estas realidades lingüísticas (…) proxéctase plenamente a aplicación da CELRM, en termos que foron así precisados recentemente pola STC 75/2021, de 18 de marzo (ROJ: STC 75/2021 – ECLI: ES: TC: 2021:75) no seu FX 2º: “.  

A antedita Sentencia equipara así a protección del galego-asturiano coa que ten el bable/asturiano  e indica queComo se pode ver, a lingua galega fóra do ámbito territorial da CA de Galicia goza dun estatuto xurídico propio, cunha configuración común mínima outorgada pola aplicación da CELRM ao ter recoñecida a súa existencia, respecto e protección por vía estaturaria nas CCAA veciñas, pero en ambos casos (refírese a Castilla-León e Asturias) diferentes do estatus de plena cooficialidade co castelán”.

Décimo.-  Destacar que nel documento queda acreditado que existe un mecanismo de control da aplicación  en España da CELRM mediante informes que  el Consello de Europa elabora con carácter trianual.  El Comité de Expertos visita “el lugar” e nel caso de Asturias foron entregados  os informes dos anos 2005, 2012, 2016, 2019 e 2021. Este traballo das autoridades del Consello de Europa  remata en recomendaciois del Comité de Ministros del Consello de Europa sobre a aplicación en cada Estado. Evidentemente delatan os cumplimentos pero tamén os incumplimentos, especialmente con  respecto al galego de Asturias.

Lo que neste artigo se afirma sobre  a realidá que deixa ás claras el volumen editado por el Principado e firmado por Nicolás Bartolomé, “Derechu llingüísticu del Principáu d’Asturies. Normativa y xurisprudencia” dícelo millor que nosoutros el Consello de Europa nos textos que aparecen nel propio volumen. Estas son algúas das recomendaciois que figuran nos informes datados en Estrasburgo dende el 2005 al 2021:

  1. “Asimismo, en Asturias se habla una variedad del gallego (gallego-asturiano). Las autoridades competentes han descrito el gallego-asturiano al Comité de Expertos como lengua perteneciente a la rama lingüística gallego-portuguesa. Algunos lingüístas se refieren a esta lengua como gallego en transición hacia el asturiano. Se habla en la parte occidental de Asturias, en la zona comprendida entre los ríos Navia y Eo. Este territorio fundamentalmente rural cuenta con unos 40.000 hablantes.”
  2. “Sin embargo, durante su visita  “en el lugar”, algunas fuentes no gubernamentales pusieron de relieve que, en la práctica, esta lengua apenas se valora y que en algunas ocasiones se niega su especificidad comparada con el asturiano. Aunque las autoridades competentes se comprometen a promover esta lengua, es necesario redoblar los esfuerzos para promover la identidad específica del gallego en Asturias.”
  3. “A pesar de que las autoridades se han comprometido en un principio a promover esta lengua, lo que sin duda es encomiable, sigue sin estar claro si las autoridades han tomado dichas medidas firmes, en particular en el ámbito de la enseñanza.”
  4. “La presencia del gallego- asturiano en la vida pública no es comparable con la del bable/asturiano, que se beneficia de las medidas típicas establecidas en la parte II. Según la información recopilada por el Comité “en el lugar”, a pesar de una serie de medidas adoptadas en el ámbito oficial…, su presencia en la vida pública es bastante débil.”

“El Comité de Expertos alienta a las autoridades competentes a tomar medidas encaminadas a fomentar la presencia y visibilidad del gallego-asturiano en esta esfera.”

… “el mantenimiento y desarrollo de relaciones, en los ámbitos que abarcan la presente Carta, entre los grupos que empleen una lengua regional o minoritaria y otros grupos del mismo Estado que hablen una lengua utilizada de manera idéntica o parecida…”.

  1. “No se facilitó información específica sobre el mantenimiento y refuerzo de los vínculos entre los gallegoparlantes que viven en Asturias y aquellos que viven en Galicia. Por tanto, se alienta al Gobierno español a proporcionar información sobre este punto en su próximo informe.”
  2. “No se han notificado progresos con respeto a la situación del gallego-asturiano, cuya identidad específica tampoco goza de un reconocimiento claro.”
  3. “El Comité de Expertos no ha recibido información sobre las medidas adoptadas para aumentar la visibilidad de esta lengua en la vida pública. Por el contrario, recibió quejas, durante la visita en el terreno, sobre la falta de reconocimiento de la misma.”
  4. “The Committee of Experts has not received any information.”

Décimo primeiro – Deste xeito se cuida el galego de Asturias, coel sou silenciamento, estigmatización e vulgarización, intentando convertir un idioma núa fala da que ocultan que pertenece a un dos dominios lingüísticos máis importantes del planeta, evitando a comunicación normal cos falantes doutras variantes e anulando el sou futuro como lingua de cultura.

Silencio e incumplimiento  que denuncia el propio Consello de Europa.

             

Enrique González Alvarez 1,2

1 Poeta en galego de Asturias coel pseudónimo de Quique Roxíos

2 É Membro da executiva de Asociación Axuntar e Licenciado en Dereto.

Comparte

3 comentarios en “Colleita de opiniois: Sobre el galego de Asturias, silencio”

  1. Magnífica análise. Pero, que se podía esperar dun académico da ALLA? Xa sabemos o seu obxectivo: fagocitar o galego de Asturias. É unha desgraza…unha lingua minorizada puteando outra lingua minorizada. Desde Galicia fixeron que xa non sintamos ningunha simpatía nin solidariedade co asturiano.

  2. Prezado profesor Costas:
    Debería vostede saber, dado el sou traballo, que as linguas non tein vontade nin intención. Que as linguas non “putean” con maldade outras linguas. Que todas esas propiedades solo se poden predicar das persoas. Que as persoas concretas son as que fan, desfán, desprezan ou putean. E, nese sentido, as súas palabras demostran ben cumpridadamente como é vostede mesmo, e non como é Galicia nin (non faltaba máis) a lingua galega que compartimos. Se vostede non sente simpatía nin solidariedade ningúa col asturiano é cuestión particular súa, e esa afirmación traza mui finamente cual é el sou perfil. Pero espero que comprenda que outros falantes de galego, séñamos galegos ou asturianos, estimemos a nosa lingua irmá e deféndamos os deretos dos sous falantes como defendemos os nosos propios deretos como falantes de galego. En todo caso, a solidariedade é padremuño de espíritos nobres e elevados e non é cousa que se poida exixir a naide.
    Teña mui boas noites.

    1. Ola, Paio. Desde a administración da web queremos explicar un par de cousas a reiz del tou comentario. Cremos que el profesor Costas en ningún momento se referiu ás linguas como as responsables das súas guerras internas. Eso é lo que se conoce como “a parte polo todo”, úa metonimia: as linguas en lugar dos sous falantes, ou, millor, dos que tein el poder de manexalas. Todos sabemos que as linguas son inocentes (tamén, claro, el profesor Costas) e, polo tanto, dignas todas elas de aprecio e respecto. Así que pensamos que é de xusticia reconocer a intención del comentario de Henrique Costas, que non é outro máis que a defensa da nosa variedá dialectal, despreciada, ninguneada e manipulada por quenes tein el poder e a capacidá de poder felo desde Asturias, máxime condo son os nosos representantes políticos e deberían ser os garantes del noso galego, úa riqueza máis pra esta Comunidá Autónoma. Sen ánimo de polemizar máis, agradecemos as manifestaciois de solidariedá de todos e todas e a defensa da dignidá idiomática.
      Gracias, Paio.
      Gracias, Henrique.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *