Por miguel Ángel Pérez Suárez
NaviaDevago e Eonaviego
Decreto de Normalización lingüística dos idiomas de Asturias sin el galego.
Acaba de publicarse un Decreto que desenvolverá a A Lei 1/1998, do 23 de marzo, de uso e promoción del bable/asturiano. Esa lei nel sou artigo 2 dice que “el réxime de protección, respecto, tutela e desenvolvemento establecido nesta Lei pral bable/asturiano estenderase, mediante regulación especial, al galego/asturiano nas zonas nas que ten carácter de modalidad lingüística propia.” Esta lei aprobada hai máis de vinte anos tía a voluntá de emendar el esquecemento del Estatuto de Autonomía e, como lei que lo desenvolve, non hai escusa pra que non haxa úa equiparación total de tratamentos, mediante regulación especial.
Trazando úa senda que se mantén, el galego de Asturias xa aparecía por detrás del asturiano. De feito, non se volve a mencionar nel resto da lei salvo na Disposición adicional, que estabrece: “El galego-asturiano terá un tratamento similar al asturiano no que se refire á protección, respecto, enseño, uso e tutela no sou ámbito territorial.” Ollo: “similar”. É un apéndice, úa cousa que nos colga aí na “esquinía”, e que nos estorba, que había que poñela para disimular un pouco. Sóbralles, e búscanselle acomodos non axeitados como a Secretaría Lingüística del Navia-Eo que é un apéndice ilóxico dúa Academia, a da Llingua Asturiana, que non debería ter competencias sobre el galego que se fala en Asturias.
Al noso enteder el obxecto da lei non se respectou. Especialmente el artigo 10, que establece que “El Principado de Asturias garantizará el enseño del bable/asturiano en todos os niveles e graos, respectando non obstante a voluntariedá da súa aprendizaxe.” A realidá é que miles de alumnos e alumnas deixaron de escoller el asturiano ou el galego -índa que fose el sou desexo- porque era eso ou un segundo idioma estranxeiro, como el francés, por exemplo.
En cuanto al mandato, previsto nel artigo 13, de difundir el asturiano nas emisiois de radio, televisión e demais medios de comunicación (e sen mencionar de novo al galego), avanzouse pouco, pero desde lougo al galego de Asturias non lo busquen vustedes na RTPA -nin en ningún outro medio de comunicación de ámbito autonómico- porque non existe. Somos asturianos, pero a eso os sous falantes non temos dereto, inda que paguemos impostos como os demais.
Con respecto á toponimia, índa que se avanzou moito, son numerosas as equivocaciois en moitas localidades da zona galegofalante, nos que se xuntaron falta de profesionalidá, descoñecemento, empeños en desgaleguizar ou a falta de interese dalgús concellos. A perda de patrimonio é tal que moitos topónimos van desaparecendo ou están mal oficializados. El tempo é inexorable e, mentres corre en contra del idioma, algús traballan denodadamente pra minorizar un pouco máis el galego.
Recentemente el goberno de Asturias aprobou el Decreto 23/2022, de 22 de abril, polo que se crea e regula a Rede de Normalización Llingüística. A resolución publicouse, como sempre, en castelán e en asturiano, peró al galego, úa vez máis, que lle zurzan. -recórdese que, índa non son oficiales, as dúas normas tein a protección constitución e da Carta Europea de Linguas Minoritarias Rexionales – Peró, por suposto non hai tradución pra esta lingua tradicional de Asturias al publicar a norma. Esa ausencia fala por si mesma. Vese que é menos-que-non-oficial.
Con este Decreto preténdese, “dar carta de natureza á Rede de Normalización Llingüística, certamente úa ferramenta necesaria pero que usan sen pudor para atrapar al galego de Asturias nun recinto sen osíxeno nin futuro, reducido nel sou cubil (e el termo é adecuado, porque así nos tratan aos sous falantes).
Así, nesta norma dáse un paso máis e ponse por primeira vez núa disposición normativa el invento de “ eonaviego”. El decreto dice que se entende que son linguas propias ou tradicionais de Asturias: a lingua asturiana (el bable/asturiano) e el galego-asturiano ou eonaviego. Ata 8 veces aparece nel texto legal a suposta equivalencia: “galego-asturiano ou eonaviego”.
Pero é que encima lo de “no sou ámbito territorial”, úa vez máis, solo se aplica al galego. Non sabemos se é porque -algún día- hai quen pretende facer oficial él asturiano en toda Asturias, tamén onde non se fala… -pero non viceversa-. Se nel sou día introduciron el termo galego-asturiano, – guioncín incluído, pra que quedase ben claro que ou era úa mestura entre os dous, ou algo que non chegaba á altura de ningún dos dous, úa fala que non chegaba a ser un idioma, de segunda división-, hoxe pretenden seguir extinguíndolo. Pra eso rebautízanlo e repiten ata fartarse el desprezativo termo de eonaviego, pra dentro dun tempo meter xa nun caxón el nome gallego que ata onte lles serviu e deixar solo el novo Glotónimo sen filiación.
Lo que tentan desde a Academia da Llingua Asturiana e desde el Goberno de Asturias (ou desde úa parte del executivo e da FSA, eso é algo que sería interesante determinar e cuantificar) é introducir subrepticiamente, pola porta de atrás, el termo inventado, pra que vaia calando nos medios de comunicación e na sociedad. Seguimos así coel proceso de modelaxe da opinión pública e de manipulación política.
Seguindo a lóxica que usan, xa que el asturiano non se fala en todo el territorio -hai que destacar este detalle-, senón que é propio desde onde acaba el galego ata as beiras del río Deva, habería que chamar al bable/asturiano (nome legal) ‘NaviaDevago’. Ou non?
Se temos que comulgar con eso de que el que se fala en case úa vintena de concellos del Occidente é ‘eonaviego’, lo que se fala desde el Navia (ou desde el río Frexulfe, pra ser lingüisticamente precisos) ata Cantabria será eso: ‘ naviadevago ” Por que non habería de usarse el mesmo criterio?
Lo mellor de todo é que os que impulsan el Glotónimo de eonaviego saben perfectamente que lo que se fala nesa zona de Asturias é galego. Chámenlle galego de Asturias ou galego asturiano, con ou sen guion, pero é galego. Por eso alimentan el desprezo al termo, para negar a evidencia del vínculo idiomático entre ambos lados del Eo. Como se as fronteiras idiomáticas fosen as mesmas que as administrativas. É tan improcedente e inadecuado coma se dixésemos, por exemplo que, polas diferenzas que hai entre el castelán de España e el de Arxentina, as linguas desteoos dous países son idiomas distintos.
Lo que fain é polo tanto úa política de feitos consumados, un apartheid idiomático. (Segregación: “separar e marxinar a úa persoa ou a un grupo de persoas por motivos sociales, políticos ou culturales”). Un apartheid mantido durante décadas, disfrazado de academicismo, a ver se van desaparecendo os falantes. Cun pouco de sorte el crecemento vexetativo (na súa dobre acepción: na demográfica e na del monte devorando ás aldeas baleiras pola emigración) aceleraralles el traballo e núas décadas xa non terán ese encordio na esquina occidental e poderán dicir (os que diseñan e deciden esta política lingüística) que el asturiano se fala del Eo ata el Deva, e tan panchos. Ou, quizais, poidan cumprir coel obxectivo último de acabar con ambas dúas linguas tradicionais de Asturias instigando aos defensores dúa e da outra, ou das dúas, a pelexar, tratando de malos asturianos aos que piden respecto polos consensos científicos nos temas lingüísticos.
Mentras outros estamos entretidos nos nosos amarrexos e deixámonos tourear, sen nin sequera protestar, e ata lles compramos a mercadoría falsa do eonaviego. Ás veces temos a clase política que nos merecemos. Os que pretenden meter el invento del eonaviego a sangue e lume buscan segregar el galego de Asturias del de Galicia. Pero cuestionar a lingüística é inútil e, índa que cada un pode ter úa opinión que é mui respectable, a ciencia non é opinable. Outra cousa son a política e as polémicas estériles que contaminan estos debates. Úa trampa golosa na que os propios falantes caen gustosamente, discutindo se se chama fala, ou se nin sequera é un idioma, caendo mesmo nel insulto e nas eternas cantinelas de: en tal sitio “sempre se dixo así”, en tal outro “nunca se falou” tal cousa, ou “na mía vila ou aldea nun se fala igual que en…”. É algo pueril que lo único que fai é tirar pedras sobre un Patrimonio inmaterial que é noso, que desaparece día a día con cada vecín que morre e leva con el todos os sous coñecementos, el sou vocabulario e el amor pola súa fala.
Hai que fer valer tamén que el Consello de Europa, nun anexo dun informe publicado en abril de 2021 sobre a aplicación da Carta das Linguas Minoritarias en España, pedía al Goberno del Principado puer en marcha úa política lingüística pral galego-asturiano. Mentres andamos coa posible reforma del estatuto enterrada sine die, nese informe os expertos reclamaban recoller os nomes de ‘asturiano’ e ‘galego-asturiano’ no Estatuto. É dicir, que nos textos xurídicos nin aparece el sucedáneo de galego-asturiano, e dende as institucións europeas sácannos as vergonzas, aquí algúns traballan denodadamente por substituílo polo de eonaviego.
El noso idioma hai que defendelo desde a dignidá idiomática, luitar pola lingua igual que por outras muitas cousas. E non vale el argumento da suma cero, porque non é que os nosos representantes elixidos democraticamente non se ocupen del Patrimonio inmaterial porque os recursos son limitados e hai que priorizar, non. Non lo fain porque lo desprecian. Vanglórianse del desdén á cultura propia e participan del prexuízo contra l galego de Asturias -si, de Asturias, porque é noso-. Reafírmanse negando e renegando da evidencia.
Contribuír á extinción dun ben inmaterial de máis de 1.000 anos é como contribuír a levar á desaparición por despoboamento aos sous concellos. Sen autoestima e dignidade non hai futuro.
Hai que denunciar aos trileiros e advertir aos estafados: mentras caemos na súa trampa, pelexamos e debatemos bobadas, a nosa fala, el galego de Asturias, morre. Algús seguirán vivindo do Conto académico e político, e nosoutros continuaremos sen autoridades que nos defendan, nin políticas que poñan en valor el noso patrimonio moribundo, nin un real e efectivo ensino del noso idioma materno nas escolas, nin, nin… Pero el ano que vén pedirán os nosos votos facendo valer que tamén somos parte da Asturias que defenden, importando pouco a Asturias que queremos e necesitamos os asturianos que habitamos nestas periferias. Para moitas cousas cidadaos de segunda; para os votos, desmemoria, como dicían os antigos, vestida de domingo para aparellar aos incautos.
Miguel Angel Pérez Jardón 1,2
1 Periodista
2 Membro da Xunta Directiva da Asociación Axuntar