Os cabalíos del demo e as libélulas

Cabalo del demo (ou cabalo do demo) é el nome común, nel galego de Asturias, dos insectos odonatos da familia dos agriónidos que se caracterizan por ter grandes ollos multifacetados, dous pares de fortes alas transparentes e un abdome fino e alargado, lo que que lles dá un aspecto esvelto e lixeiro.

Dentro dos insectos odonatos, existen diferencias entre as libélulas e os cabalos del demo: as primeiras son algo maiores, tein os ollos máis grandes e xuntos, volan mellor e condo tan pousadas acostuman manter as alas –pares anterior e posterior diferentes- estendidas horizontalmente, mentras que os cabalos del demo son máis estilizados, tein os dous pares de alas de tamaño mui similar e condo tan quedos préganlas perpendicularmente enriba del corpo.

Na fala coloquial, a denominación ‘cabalos del demo’ úsase indistintamente pra referirse a estos dous tipos de odonatos.

Cabalo del demo
Libélula

Os sous antepasados máis antiguos viviron hai 300 millois de anos e chegaban a ter 70 cm de envergadura alar, frente aos 12 cm que presenta a máis ancha das libélulas que hoi se atopan en Europa Occidental. Supónse que esta evolución cara a un menor tamaño ven motivada por a progresiva redución da concentración de osíxeno na atmosfera, que requeriu úa adaptación pra que el sou sistema respiratorio seguira resultando eficiente. Actualmente estos insectos tan estendidos por todo el planeta agás a Antártida.

Na nosa área xeográfica, os exemplares adultos tein úa lonxitú media aproximada dus 5 cm e –según el sexo e as especies- lucen úa preciosa coloración en tonos verdes, azules, vermellos ou marelos intensos e de aspecto metalizado, cambiantes dependendo del ángulo e da polarización da luz.

Viven nos ríos, onde poin os ovos que normalmente eclosionarán na primavera e se convertirán en adultos nel vrao. Non obstante, según as especies a fase de ovo pode durar entre úa semana e varios meses. A etapa larvaria tamén presenta úa duración variable entre especies, podendo durar desde úas semanas a varios anos. Son carnívoros: aliméntanse de insectos acuáticos, cullaríos, viermos e alevíos.

Os cabalos del demo nel Eo-Navia

Coas súas formas esveltas, colores vivas e deseño perfecto, son úa presencia mui habitual durante el vrao nas pozas claras dos ríos del Eo-Navia. Entre outras especies, temos Aeshna affinis, Coenagrion mercuriale e Chalcolestes viridis.

Aeshna affinis

De tamaño mediano, presentan un marcado dimorfismo sexual: el abdome dos machos é azul turquesa con manchas escuras, el das femias é dun marelo averdazado. Viven dous anos en estado larvario antes de convertirse en adultos. Frecuentan tanto augas dulces como algo salobres. Tan na lista vermella de especies amenazadas da UICN, Unión Internacional da Conservación da Naturaleza.

Coenagrion mercuriale

Tein un tamaño máis ben pequeno. El abdome del macho é azul celeste con marcas negras en cada segmento, mentras que na femia el abdome é dorsalmente negro bronceado, lo que lle da un aspecto prateado. Gústanlles os tramos soleados e tranquilos de ríos cortos. Según a clasificación da UICN, as suas poblaciois en Europa tan en declive, tendo a consideración de especie casi amenazada.

Chalcolestes viridis

El sou tamaño é de mediano a grande. Caracterízanse por a súa brillante color dorsal verde esmeralda e porque, a diferencia doutros cabalos del demo que poin os ovos na vexetación subacuática, as femias desta especie deposítanlos na casca del tronco ou nas ramas das árbores que colgan por enriba das beiras dos ríos. Os ovos permanecen alí fixados asta que pasa el inverno, eclosionan na primavera e as pequenas larvas caen nel auga, emerxendo pasado el tempo, pra medrar completamente en dous meses.

El sou simbolismo

Estos insectos tán cargados de simbolismo en mui diversas culturas, chegando a ser úa especie de tótem. Adoitan asociarse coa madurez emocional, el equilibrio e a comprensión del sentido da vida. Desde tempos remotos son vistos como signo da capacidá de transformarse e de rexurdir. Nas distintas fases del sou ciclo vital tein que desenvolverse tanto nel auga como na terra e nel aire, onde se moven gracilmente por riba da superficie en todas as direcciois. Os sous grandes ollos permítenlles contar con úa potente visión esférica que suxire úa ollada nítida sobre a realidá circundante.

Representaciois artísticas

Aparte del sou simbolismo, as formas e colores destos insectos resultan mui atractivas e inspiradoras desde el punto de vista estético. Un movemento artístico que lles deu gran protagonismo nas suas creaciois foi el Modernismo ou Art Nouveau, especialmente nel campo da xoiería.

https://es.wikipedia.org/wiki/Modernismo_(arte)

Al tratarse dun movemento fortemente inspirado na naturaleza e nas líneas curvas, a lixeireza, a sinuosidá e os matices cromáticos das libélulas resultaban mui axeitados prá expresión estética modernista. As súas brillantes colores azul, verde ou violeta, a lixeireza que evocaban, a transparencia e simetría das alas… resultaban ideales pra traballar marabillosamente el cristal, el esmalte e as pedras preciosas. Resultaron así pezas etéreas, con delicadas transparencias, reflexos tornasolados e un gran magnetismo, que se convertiron en mostras emblemáticas desa corriente artística.

Cuidemos os nosos ríos pra que sigan acollendo estas xoias tan preciosas!

Hoxe, 20 de marzo 2023, ás 22,24 h. é el equinoccio de primavera
Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *