Cóntasnos un conto?

Estas son algúas das lendas que existen por a nosa zona:

A xánica é un encanto que sale a peinarse el día de San Xuan. En Roxíos hai un lugar que se chama A Furada da Xánica. Tá nel monte das Pereirías, encima del regueiro, na zona del Llombo de Merou. É úa cova ou un furaco profundo nel que, si tiras pedras pequenas, dicen que súan como cascabelíos… Tamén se conta que nesa cova botaron us gatos e un can detrás dellos, e dicen que un saliu nel Rebollal, outro en San Roque e el terceiro en San Martín de Ozcos.

Ser, é ben grande a cova esa!

Enriba da Furada hai úa esplanada á que lle chaman Campa del Tesoiro. Dicen que hai úa grade de ouro enterrada nela… Hai outra versión na que a grade taba nel Pico de Fiel, el enorme penedo que tá na mitá del río Navia, formando un meandro. Quixeron rescatala e unciron dous bois que, pese aos sous esforzos, non puideron sacalla del augua, así que ei sigue… nas profundidades del río, esperando que daquén lo consiga…

El Cristo de Monaso, entre Sarceda e Castrillón, tá al borde da carreteira e é úa enorme cruz de pedra. Cóntase que un home que paseaba borracho por a zona, atopou úa cruz de madeira e desfíxola a paos. Al día seguinte, entristecido polo que fixera, foi confesarse e el cura mandoulle úa penitencia: fer outra cruz nel mesmo sito, tan sólida que naide fose capaz de destruila. E alló poderedes atopala.

Nel Palacio de Prelo (construídos os sous elementos máis antiguos nos S. XV-XVI) dícese que un día el señor foi de caza e díxolle al cura que non misase asta el sou regreso. Pero este, cansado de esperar, comenzou a homilía e condo el señor chegou, disparoulle un tiro e matoulo delantre del altar. Por este motivo cóntase que se trasladou a parroquia a Boal, e Prelo perdeu a súa importancia na época.

El trasno. Eu escoitei muitas veces, de nena, cómo el trasno fía trasnadas nas casas, cómo revolvía e descolocaba todo por a noite. Á mañá seguinte, se el trasno entrara nas habitaciois, nada taba nel sou sito.

Menudo elemento é este trasno!

A Santa Compaña, nos Teixois (Taramundi), procesión de almas en pena que vén a contar úa morte. Úa noite un vecín atopou a procesión e viu que iba con ela úa persoa que conocía. El difunto díxolle que fose con el a ver a Virxen porque tían que cumplir úa promesa. Quedaron al día seguinte, foron asta a iglesia e deixaron úas moedas. Condo regresaban aos Teixois, pararon pra ver as estrelas e el amigo desapareceu…

Se sabedes máis lendas, aquí as esperamos!

asociacion@axuntar.eu

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *