El galego asturiano na Universidá de Uviéu

.

Hoxe, 23 de novembre, celebrouse en Uviéu úa Xornada de Patrimonio Oral Asturiano incluída dentro del Seminario Interuniversitario de Patrimonio cultural organizado nel marco del Proxecto Iberaulas Universitarias de Patrimonio Etnopoético (IUPE) da Rede Internacional de Universidades Lectoras (RIUL).

.

El seminario analizou a riqueza del Patrimonio cultural oral desde tres visiois: literatura, lingüistica e música.

.

Na mesa sobre as linguas de España el Doutor en Lingua Española e Lingüística Xeneral por a Universidá de Uviéu, Ramiro Xavier Barcia López, tratou el tema del galego de Asturias.

Na súa ponencia Xavier Barcia fixo un breve percorrido polos fitos fundamentales na recollida de materiales orales heteroxéneos (literatura oral, toponimia, léxico, etnografía, antropoloxía, etc.) nas terras del Eo-Navia.

.

Tomou como punto de partida cronolóxico a publicación en 1898 das monografías de Acevedo y Huelves y Fernández sobre os concellos de Boal e El Franco e chegou asta a publicación de García García en 2022 sobre literatura oral en Balmonte (Castropol).

.

Dedicou tamén un pequeño capítulo aos atlas lingüísticos que estudiaron a lingua da zona (ALPI, ALGa e ETLEN), outro ás publicaciois da MDGA (A Freita e Britonia) e acabou con úa pequena mostra dos refrais e ditos que recolleu Dámaso Alonso nos anos 40 no Concello de San Martín de Ozcos.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *