Non chegan al 0’70 % as traduciois en galego de Asturias dos documentos que os diferentes órganos da administración autonómica encargan á Dirección Xeral de Política Llingüística.
Según os datos manifestado pola Conselleira, Berta Piñán, nel ano 2021 el Principado encargou traducir un total de 5.415 páxinas, das que 5.378 transcribíronse en asturiano, mentres que solo 37 pasáronse al galego del Eo-Navia.
Os datos son conocidos por úa resposta que a conselleira de Cultura, Berta Piñán, deu a úa pregunta del deputado del PP Álvaro Queipo.
El político del Partido Popular quixo saber a razón pola que el goberno rexional firmou un contrato de xestión con Tragsatec prá tradución al asturiano na que se esqueice al galego-asturiano.
Según Piñán, a razón desta decisión tá, según informan varios medios de comunicación, nel “notable incremento” das peticiois pra traducir al asturiano nesta lexislatura, mentres que “se manteñen ou incluso diminúen” os encargos pra traducir os documentos al galego que se fala en Asturias.
Desde Axuntar podemos constatar como el propio executivo e a Consellería non utiliza el galego al dictar normas, aprobar acordos ou decretos que afectan al galego como idioma propio dos asturianos e nin tan siquera lo utilizan nas comunicaciois con Axuntar.