As poleas ou polías

As poleas

As Poleas ou As Polías é un microtopónimo frecuente na costa eonaviega relacionado coa práctica agrícola que consistía en recoller el ouca arrastrada asta a costa por el mar, pra utilizala despois como abono nos eiros.
Inda quedan, chantados encima das arribadas, algús postes de madeira altos e lixeiramente inclinados sobre el precipicio, como testigos dun tempo nel que a subsistencia requería fer duros e peligrosos traballos agora esqueicidos. Daquela, enriba de cada un dos cantiles mellor dispostos pra recibir grandes arrastres de algas, podían contarse media ducía ou máis de poleas, que pertenecían normalmente ás familias que tían as súas leiras cerca daquel sito.
Condo había marexadas fortes, el mar arrincaba del fondo muita ouca deixándola na beira al baixar a marea. Úa vez que se corría a voz de que había arribazón, a xente salía pral lugar onde tían a súa polea, levando ganchos e angazos cos que recollían e xuntaban el ouca, amontoándola fóra da liña da marea. Úa vez formados os montois, antes de irse deixábanlos apicañados (é decir, sinalados con algo que servira pra identificar al dono).
Máis tarde, condo se podía, volvíase aló coel carro tirado por as vacas (ou os bois). Nel carro iba a xente e as arabías. Daquén engarabitaba asta el pico del palo -sen atarse e coas maos espidas- pra montar a polea, levando al ombro el cabo (úa corda ben longa que tía un gancho en cada extremo) e el botón (úa roldana de madeira que se colocaba enriba del poste pra fer pasar por ela el cabo e soltalo despois asta que chegara aló al fondo, onde quedara amontoada el ouca.

Nel pico da arribada taba a parella de vacas xoncida al xugo, nel que se enganchaba a gabita (e nesta el cabo); taba tamén a persoa que iba chamar el gado (“eeei!”, “ooou!”), e por suposto a persoa que descargaba cada feixe e volvía botar el cabo pra baxo.
Na area (ou as pedras) taba a xente que iba retirando el ouca dos montois e atándola con úa dopra en feixes redondos que se enganchaban nel cabo pra subilos, avisando antes aos de riba (“outraaa!”) pra que chamasen ás vacas.
Enriba, as vacas erguían el feixe tirando cara a terra del cabo colocado na polea. Úa vez desatada a dopra e incorporado al montón ese viaxe de ouca, fíaselles retroceder ás vacas pra volver baxar el cabo, e repetíase a operación úa e outra vez asta que se acababa el ouca. As vacas tiraban monotonamente en liña recta de diante pra detrás, en sentido contrario al mar, rumiando mentras esperaban pacientes (que remedio!) a seguinte orde.
Os carros quedaban á espera, baleiros e desenganchados. Recollidos el botón, el cabo, el gancho, el xugo, a dopra e os angazos e subida a xente al carro, volvían prá casa deixando na arribada el sou montón de ouca. Alí quedaba fermentando asta que -aos quince días máis ou menos- iban recollelo coel carro pra levalo al sito (futura meiceira ou pataqueiro) que había que abonar. Chegados alí, descargábase el ouca coa gancha, repartíndola en montoncíos por riba da terra, que á súa vez se estragallaban coa pala de dentes deixando a superficie cuberta de algas. Alí quedaban fendo el sou silencioso labor asta a chegada del tempo de arar, condo se mesturaban completamente coa terra.

Fucus versiculosus, marfollo.

Ocasionalmente, en caso de arribazón mui abundante, íbase cos carros directamente ás praias recoller el ouca. Nalgúas delas inda poden verse as carrileiras gravadas na pena, como por exemplo nel paso a Os Friales desde a praia del Sarello (Serantes, Tapia).
A especie de alga máis valorada como abono na nosa terra era con diferencia a folla de abril, seguida del marfollo e del cinchón. El abonado con ouca (que era complementario da fertilización orgánica) deixou de ferse nos anos 70 del século XX, inda que pra entonces xa era úa práctica mui residual, limitada a quen tía pouca terra (ou la tía mui cerca del mar), non tía gado coel que proverse de cuito nen cuartos pra comprar os abonos químicos que se utilizaban xa habitualmente.
Esta práctica foi propia tanto del noroeste peninsular como de outras comunidades da Europa Atlántica que practicaban a agricultura de subsistencia: Bretaña, Escocia, Irlanda… Sobre esto e máis, podedes ver el interesante documental Man of Aran dirixido en 1934 por Robert J. Flaherty (inda que corresponde a condiciois muito máis duras e extremas que as propias da nosa terra):

Laminaria digitata, cinchón

Aquí podedes ler os nomes galegos das algas.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *