Reunión de Natalia Jardón coel Comité de Expertos del Consello de Europa
El Comité de Expertos del Consello de Europa recibiu de maos da lingüista e Doutora por a Univesidá noruega de Tromsø, Natalia Jardón, el Informe de Axuntar sobre el gallego de Asturias / Report of the current state of the Galician language in Asturias -al que pode accederse, nas súas versiois en castellano ou en inglés (ambos idiomas oficiales da Unión Europea) escollendo úa ou outra ligazón-.
A versión nel noso galego podes atopala na seguinte ligazón: A Lingua Galega en Asturias: úa batalla entre datos científicos e presiois extralingüísticas.
Entrevista na radio:
Este informe será consultado pra publicar el informe final que os expertos emitirán en setembre.
Nel informe de Axuntar explícase tamén a existencia das primeiras normas ortográficas del galego de Asturias de 1990, un traballo realizado por prestixiosos lingüistas en base a sólidos criterios científicos que respectan tanto a personalidá da variante del idioma como a súa pertenza al dominio lingüístico galego-portugués. AXUNTAR tamén inclúe en dito informe úa serie de propostas.
El documento de Axuntar presenta os datos lingüísticos que acreditan a naturaleza galaicoportuguesa del idioma del Eo-Navia, as presiois extralingüísticas que reciben os asturianos galegofalantes, a campaña de descrédito del idioma, a política de invisibilización del galego na esfera pública-institucional e mediática- e as estratexias de exterminio amable e substitución del mesmo.
A reunión celebrouse en Madrid. En representación dos idiomas de Asturias solo compareceron, ante el Comité de Expertos, dun xeito presencial, dúas entidades: Natalia Jardón, del movemento asociativo Axuntar -pra informar da situación del galego en Asturias-; e -noutro encontro- representantes de Faceira Asociación, pra informar sobre a situación del astur-leonés. Esta asociación constata que el galego sí ten políticas de protección en Castilla-León.
Foto dos membros da Asociación pola cultura llionesa, Faceira, xunto cos representantes del Consello de Europa