…
A delegación del Comité de Expertos del Consello de Europa visita España del 15 al 19 de xeneiro..
El traballo dese comité é avaliar a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionales ou Minoritarias. Onte, 18 de xaneiro, celebrouse nel Instituto Cervantes de Madrid un encontro pra valorar el VI Informe periódico presentado por el Estado español, que inclúe as informaciois entregadas por as autoridades asturianas.
Na reunión sobre el idioma galego estuvo presente AXUNTAR, xunto con diversos colectivos de Galicia e de outros territorios del Estado españo que tamén tein como llingua propia a lingua galega.
Durante el encontro, Axuntar presentou as principales Estaxas de traballo que desenvolve a asociación e deixou en evidencia el trato incorrecto que desde hai muitos anos recibe el galego como lingua propia de Asturias e el empeño das autoridades políticas de Asturias en ocultar a súa existencia en base a criterios e presiois extralingüísticas.
A lingüista e Doutora por a Universidá de Tromsø -Noruega-, Natalia Jardón Pérez (que se desplazou desde a Universidá de Viena, na que traballa) foi a encargada de expoñer, en nome de Axuntar, a problemática de Asturias e as políticas de exterminio amable del galego del Eo-Navia por parte da administración autonómica.
Durante a presentación ante el Comité de Expertos del Consello de Europa, Jardón fixo úa crítica argumentada del VI Informe 2017-2021 de cumprimento del Reino de España presentado por as autoridades españolas, unde se dice que el asturiano “é a lingua del Principado”, en contraste coel “eonaviego” que é sólo “úa variedá propia minoritaria”.
A delegación da Comisión que asistiu a Madrid ta integrada por el neerlandés René DE GROOT, a suíza Aline KUNZ, el sueco Jarmo LAINIO e el español Albert BRANCHADELL, sendo Maxime HUOT el responsable da Secretaría da Carta Europea de Linguas Rexionales ou Minoritarias.
Durante a reunión, Natalia Jardón Pérez trasladoulle á devandita delegación de expertos as denuncias que desde Axuntar vimos realizando sobre os constantes ataques á dignidá idiomática del noso galego: os cambios de nome, a censura nos medios, el uso oficioso (que non oficial) dúa norma asturianizante, a invisibilización institucional etc.
Especialmente relevante foi el momento en que Jardón puxo encima da mesa un exemplar del Dicionario del galego de Asturias, obra del Doutor en Filoloxía galega Carlos Xesús Varela Aenlle, xa que na información achegada por el Principado se fai mención a úa “comisión lexicográfica” que ten el encargo presente de elaborar un dicionario, ignorando a completísima obra del Dr. Aenlle (traballo feito durante anos e sen comisión). Os expertos mostraron un interese mui especial por el dicionario, pediron detalles e sacaron fotografías del mesmo.
El comité recibiu de maos de Jardón el informe de Axuntar sobre el estado del galego de Asturias -al que pode accederse, na súa versión en inglés, na ligazón- . Este informe será consultado pra publicar el informe final por os expertos en setembre.
Nel informe de Axuntar explícase tamén a existencia das primeiras normas ortográficas del galego de Asturias de 1990, un traballo realizado por prestixiosos lingüistas en base a sólidos criterios científicos que respectan tanto a personalidá da variante del idioma como a súa pertenza al dominio lingüístico. AXUNTAR tamén inclúe úa serie de propostas.
Mecanismo de avaliación
A Carta Europea das Linguas Rexionales ou Minoritarias é un tratado ratificado por el Parlamento español que establece un mecanismo de control pra avaliar a aplicación da Carta nos Estados Partes.
El elemento central deste procedemento é el Comité de Expertos, encargado de informar al Comité de Ministros. Pra levar a cabo a avaliación, el Estado Español debe dar conta da aplicación concreta da Carta, polo que solicita ás rexiois información relativa ás mesmas. El Estado español entregou el sou VI Informe 2017- 2021 de cumprimento del Reino de España. El galego aparece, como é lóxico al ser úa lingua que non é propia solo dúa Comunidá Autónoma, nos informes de varias autonomías.
Tras a revisión del informe, el Comité de Expertos realiza visitas sobre el terreo, nas que se reúne con entidades e asociaciois cuxo traballo ta estreitamente relacionado coel uso das linguas pertinentes e consulta ás autoridades sobre asuntos que chamaron a súa atención. Finalizada a recompilación, el Comité de Expertos adoptará el sou informe propio, que presentará al Comité de Ministros del Consello de Europa xunto ás propostas e recomendaciois.
Muitas gracias e igualmente pral noso querido Bierzo.