Francina Armengol avala as peticiois de Axuntar

Armengol responde a Axuntar

Armengol: “el avance cara al plurilingüismo supoñerá que os representantes dos ciudadanos de Galicia ou de Asturias podan expresarse en galego tanto por escrito como oralmente nas súas intervenciois na cámara. E tamén que os ciudadanos e ciudadanas de Galicia ou de Asturias podan escuitar ou ler en galego aos seus representantes”.

Ler nova en europa press

Axuntar, asociación prá normalización do galego de Asturias dirixiuse en setembre aos portavoces dos grupos parlamentarios nel Congreso, e en especial aos deputados e senadores elixidos por Asturias -salvo Vox- ante a aprobación del uso das linguas cooficiales españolas nel Congreso nesta XV Lexislatura, na que os deputados poden utilizar as tres linguas cooficiales -catalán, euskera e galego- e tamén aquelas, como el aragonés ou el asturiano, que índa non lo son -nestes últimos casos coa tradución del propio orador ou oradora-.

Axuntar solicitaba aos representantes políticos que usen el galego na Cámara Baxa e que se lle dea el valor que merece al feito de que é úa das linguas propias de Asturias. Tamén que contribúan a que se dean pasos cara á súa dignificación idiomática, a súa conservación e promoción e que se eviten secesiois lingüísticas que algús pretenden, mediante el uso de glotónimos como el de eonaviego, que tentan ocultar que lo que falan miles de asturianos é galego, sen que eso supoña ningún problema identitario, administrativo nin de ningún tipo, senón que é un feito obxectivo e científico desde el punto de vista lingüístico.

Entre os destinatarios das cartas de Axuntar estaba a presidenta del Congreso, Francina Armengol, quen manifesta, na súa carta de resposta, a súa “voluntá de permitir que na principal cámara de representación da soberanía popular póidanse falar todas as linguas oficiales del Estado recoñecidas nos respectivos Estatutos de Autonomía. E el galego, evidentemente, é úa lingua oficial.”

A terceira autoridá del Estado recorda que sempre defendeu “que as linguas non deben ser elemento de confrontación, senón úa ferramenta pral diálogo”.Por eso, afirma que non fomentará “polémicas estériles nin debates que poidan ofrecer úa imaxe irreal da riqueza que compartimos. Interésame muito máis participar en iniciativas que sirvan pra difundir as linguas dentro e fóra del sou ámbito lingüístico e dar a coñecer este tesouro al conxunto de ciudadanos e ciudadanas de España”, sostén  Armengol na súa resposta á asociación de defensa del galego de Asturias.

A presidenta del Congreso asegura ademais que outro dos obxectivos que se buscan favorecendo e normalizando el uso das linguas oficiales na cámara é “el de recoñecer a realidá diversa del Estado, que é úa fonte de riqueza, e avanzar polo camin da pluralidá lingüística, recoñecida e amparada pola Constitución española, que nel sou artigo terceiro establece que as linguas de España constitúen úa riqueza que debe ser obxecto de especial respecto e protección”.

Armengol tamén destaca que “el avance cara al plurilingüismo supoñerá que os representantes dos ciudadanos de Galicia ou de Asturias poidan expresarse en galego tanto por escrito como oralmente nas súas intervenciois na cámara. E tamén, que os ciudadanos e ciudadanas de Galicia ou de Asturias poidan escuitar ou ler en galego aos sous representantes”.

Finalmente asegura que el uso das outras linguas oficialesnna Cámara Baixa permitirá que “úa das principales instituciois do Estado, como é el Congreso dos Deputados, parézase máis á realidá da rúa, á España real, que é plural e diversa, rica en linguas, culturas e tradiciois. E, á súa vez, contribuirá a achegar un pouco máis a política á sociedá.

Na súa carta previa, Axuntar destacaba que para a democracia española é primordial que os representantes dos ciudadaos nas institucións, sexan locales, autonómicas ou estatales, teñan en consideración “a diversidá lingüística que nos enriquece a todos e que nos axuda a construírnos como úa sociedá aberta, tolerante e diversa”. Desde a asociación prá normalización del galego de Asturias tamén se felicitaban porque úa das tres linguas que se fala en Asturias -índa que non sexa oficial nel Principado, pero si na vecía Galicia-, se vaia a poder usar na Cámara Baixa.

Úa lingua que é a propia dus 40.000 asturianos e asturianas que residen na comarca del Eo-Navia pero tamén noutras zonas da comunidá autónoma e del resto del mundo, especialmente nas grandes ciudades, dado el éxodo de habitantes  que sufre el Occidente asturiano.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *