Toponimia Eo-Navia: úa unidá didáctica

Título: “TIKTOKEAMOS” OS NOMES DOS NOSOS POBLOS?

1. Descripción: El tema desta unidá didáctica é A toponimia del Eo-Navia. Consideramos que pode ser interesante pra el profesorado de Xeografía e Historia porque dá pé a introducir contidos propios da materia, como el conocemento da xeografía da nosa Comunidá. El alumnado, ademais de xogar coas palabras e el sou orixe, aprenderá a situar os topónimos nun mapa físico, a conocer tamén el relevo (ríos, montes, serras…) da zona e, sobre todo, a valorar lo sou. El feito de traballar con novas tecnoloxías, como el uso del móvil pra fer vídeos cortos tipo TikTok, cremos que será úa actividá motivacional. Ten tamén un contido multidisciplinar e transversal xa que se pode traballar conxuntamente coel departamento de Lingua (uso da lingua propia, reconocemento de linguas diversas, etimoloxías; contacto con textos literarios…), coel de Informática (al hora de montar os vídeos), coel de Plástica (al hora de introducir fotografías, debuxos, mapas…).

A U.D. tá orientada fundamentalmente pra el alumnado dos dous ciclos da ESO (1º, 2º, 3º, e 4º cursos) e tamén para 1º de Bac. Sería posible traballala tamén coel 2º curso de Bac, pero somos conscientes das limitaciois de tempo e del extenso temario deste curso enfocado preferentemente ás probas universitarias. Tamén se podería adaptar aos cursos máis altos de Primaria.

2. Objectivos: Conocer a xeografía da zona Eo-Navia; aprender qué son os topónimos e por qué se usan, ademais de distinguir entre toponimia maior e menor; entender e conocer os étimos dos topónimos (el alumnado entrará en contacto con linguas como el Latín, linguas prerromanas, linguas celtas…), lo que dá pé a estudiar os poblamentos de Asturias; usar e valorar el galego como lingua propia desta área dialectal; enseñar a importancia da toponimia local pra, entre outras cousas, conocer el entorno e favorecer el sentimento de pertenencia a esta área Eo-Navia; reconocer el noso Patrimonio inmaterial e con él incentivar el orgullo por lo noso; reflexionar sobre el Patrimonio inmaterial que -no tocante especialmente á toponimia menor- pode desaparecer se non femos algo rápido; pensar nel motivo por el que se poin nomes aos sitos; e tamén, e mui importante, xeorreferenciar el espacio que nos rodea e gardalo como el tesouro que é.

3. Contidos. Acompañan a esta UD tres anexos*:

1. Úa lista de TOPÓNIMOS DEL EO-NAVIA coa que podedes traballar (que pode ser ampliada se daquén conoce el orixen dalgún outro topónimo).

2. E un breve apartado teórico sobre a toponimia, a súa definición, usos e clasificación.

3. Textos literarios basados na toponimia e un precioso mapa toponímico de Penácaros (Boal).

4. Secuencia de actividades:

-Realizar un mapa físico e situar nel el topónimo estudiado.

-Conocer a lingua da que procede.

-Entender a etimoloxía de cada topónimo.

-Reconocer as características dos textos literarios da U.D., diferenciando Lírica de Narrativa, por exemplo.

Actividá final: gravar un TikTok, de 1 min. aproximadamente de duración, que pode ir acompañado de música, dibuxos, mapa, fotos…

5. Temporalización: Calculamos que podería ferse en cuatro ou cinco sesiois: úa para dar a conocer el lugar coel que cada alumno (se se fai individualmente porque tamén podedes optar por fer un vídeo grupal) vei traballar e situalo nel mapa de Asturias; outra pra traballar el texto que se vei usar nel TikTok; úa terceira pra incluir elementos nel vídeo -como os dibuxos del alumnado, un mapa… lo que queirades-; e outra final xa, pra gravar el pequeno vídeo. Opcionalmente, al remate da actividade pode ferse, núa quinta sesión, úa lectura pausada dos textos literarios que acompañan a U.D.

6. Recursos materiales:

-Un mapa de Asturias pra cada alumno-a participante (ou grupo).

-Libreta na que cada alumno-a traballará coel sou topónimo e feirá os dibuxos que poden acompañar el sou vídeo.

-Móvil, pra fer fotografías –en caso de que estas acompañen el sou tiktok- e gravar el vídeo.

7. Actitudes:

-Interés por conocer el espacio que nos rodea, nel que vivimos.

-Traballo colaborativo.

-Esforzo individual.

-Respecto por lo propio.

-Cuidado e salvaguarda de lo noso.

8. Competencias clave

Das oitos competencias da LOMLOE, consideramos que se poden incluir nesta U.D. as seguintes (marcadas en negrita):

-Competencia en comunicación lingüística.
-Competencia plurilingüe.

-Competencia matemática y competencia en ciencia, tecnología e ingeniería.
-Competencia digital.
-Competencia personal, social y de aprender a aprender.
-Competencia ciudadana.
-Competencia emprendedora.
-Competencia en conciencia y expresión culturales.

9. Evaluación: Pra evaluar esta U.D. suxerimos ter en conta un mínimo de adquisiciois de contidos e actitudes:

-Saber qué é un topónimo.

-Distinguir toponimia maior de menor.

-Traballar coel mapa de Asturias e ser capaces de ter úa visión global (física, política…) da Comunidá.

-Distinguir un mapa físico doutro tipo de mapas.

-Saber situar nel mapa el topónimo estudiado.

-Saber qué son os étimos.

-Reconocer a existencia das distintas linguas que deixaron impronta na nosa lingua.

-Distinguir os xéneros literarios máis básicos (Poesía e Prosa).

-Valorar positivamente el interés, el traballo individual e colaborativo e el respecto por lo propio.

10. Atención á diversidá. Propuemos úas actividades de ampliación e outras de reforzo, pra os posibles casos de diversidá existentes nos grupos.

-Traballo de ampliación: El alumnado con muito interés ou con altas capacidades pode colaborar na búsqueda de microtopónimos da súa zona, poñéndose en contacto coa xente maior: avolos e avolas, vecíos e vecías, parentes, amistades… Realizarían un pequeno traballo de campo anotando os nomes dos lugares que os rodean -e el por qué se chaman así- que despós en Axuntar recolleremos e con elos ampliaremos a nosa lista toponímica.

-Traballo de reforzo: El alumnado que non teña asimilados os contidos anteriores, pode traballar con esta ficha-repaso, tipo test (vei en folla aparte pra que podades imprimila e entregar al alumnado que consideres). Pode servir tamén como ficha-repaso pra todo el alumnado ou ser incluída como un apartado dun control, exame, úa nota a maiores na evaluación… :

FICHA-REPASO:

1. Tuviche traballando con palabras dos lugares que tán na túa comunidá: Como se chaman esas palabras que nomean os poblos, montañas, ríos…?

2. Busca na teoría que ten el tou profe-a e explica coas túas palabras de onde vén a palabra TOPÓNIMO e qué significa.

3. Escribe tres topónimos que tean cerca del lugar onde vives.

4. Escribe a diferencia entre MACROTOPÓNIMOS E MICROTOPÓNIMOS. Poderías escribir un exemplo de cada?

-Macrotopónimo:

-Microtopónimo:

5. Mira el mapa de Asturias e sitúa el tou poblo. Escribe a continuación en qué parte da Comunidá se atopa (norte, sur, este, oeste, cerca de…, lonxe de…, á dereita de…, á esquerda de…, enriba de…, debaxo de…).

6. Que cres que é un étimo? (Podes “botar un ollo” á teoría, eh?).

7. Cales son as linguas das que vein os topónimos cos que traballache?

8. Serías capaz de distinguir úa poesía (xénero lírico) dun texto en prosa (xénero narrativo)? Explica algúa diferencia.

-Poesía:

-Narración

9. Que aprendiche traballando cos nomes dos tous poblos?

10. Gustouche traballar esta U.D.? E que foi o que máis che gustou fer (conocer os nomes e os sous oríxenes, ler os poemas e textos literarios, averiguar outros topónimos, falar con persoas que saben muito dos nomes dos nosos poblos, traballar coel mapa de Asturias, fer dibuxos, fer fotografías, fer el TikTok…?

-Sí, porque…

-Non, porque…

-O que máis me gustou foi…

ANEXOS* (1 , 2 e 3):

1. TOPÓNIMOS EO-NAVIA

A ANTIGUA: Este topónimo dá muito xogo. Provén del latín ANTIQUAM, coel significado primitivo de “superior, importante” e máis tarde coel de  “antigua, anterior” e pode referirse a úa vía, úa calzada ou úa presa de augua. En zonas de Boal, Villallón, Allande., as antiguas son os camÍos de sempre entre us poblos e outros, antes das carreteiras. Nel marxen dereto del Navia limítrofe con Allande, chaman antiguas aos camíos de carros que transportaban madeira, entre os altos e as ribeiras dos valles, e que fían caer nas auguas del Navia, a través de Grandas, Eilao, Boal e Villallón asta chegar al mar. Era el uso hidráulico das correntes fluviales. Contan os maiores que a madeira se cortaba nel menguante de setembre pra ferla descender por el río nel inverno. Nel río Porcía hai un topónimo que poin en relación todo esto: El Campo da Madeira. Antiguas hainas en muitas partes del territorio eo-naviego: A Antigua, en Santiso de Abres; A Antigua, en Santalla de Ozcos; Monte da Antigua, en Grandas (al lado tán El Regueiro, Troncón, A Travesa, Trabada, El Rebolal, Os Vieiríos…como se ve relativos a camíos ou á madeira); Regueira da Antigua, afluente del río Ibias; A Antigua, camín en Allande; El Camín das Antiguas que, según nos conta un informante, baxa desde Santalla asta Rodella (Boal); As antiguas, en Doiras (Boal), canales que recollen el augua nas crecidas e la conducen ás fincas, mediante us sangradeiros cada pouco espacio…

A BABOREIRA: Provén del étimo latino, fitotopónimo, APŎPĔRARIA. Parece razonable considerar a posibilidá dun lexema APOP- que estaría emparentado co latín PEPO-ONIS, “melón, pepino”, cun sufixo derivativo prerromano -ARO, -ORO. Pero hai quen afirma que pode provir doutro fitótopónimo: BIFERARIA, relativo á figueira de brevas, bevras, bévoras (Sobreira, Botánica). El a inicial puido ser tomado como un artigo, de ei a súa separación del lexema.

A BOVIA: Os bois foron empregados asta non fei muitos anos nel transporte de carros e carretas, pra el arrastre de madeiras, ou naquela industria que compraba en Asturias pra vender máis alá dos pasos de montaña en terras leonesas ou galegas. E así quedaron topónimos del tipo Bovias, A Bovia, que provein del  latín vulgar *BOVIAM, “lugar apropiado para os bóvidos”. El topónimo Bovia tá relacionado con zonas que contan con prados de montaña que eran adecuados pra criar e recriar alí el gado bovino antes de que alcanzara a edá na que sería destinado al transporte de mercadeirías, ou ben ás labores agrarias… ou, máis recientemente,  á súa venta pra carne.

A PUMAREGA: Derivado de pomar, pumar, del latín POMARE, en galego este pumar é úa horta con árboles froitales, normalmente mazaneiros. El topónimo Pumarega é un fitotopónimo que lleva incorporado el sufixo -AECA (“pertenencia ou referencia”): “lugar onde hai mazaneiros”.

A RODA: Del étimo ROTAM, “roda”, por alusión á forma redondeada de elementos del relevo na zona.Úa nova aproximación a este topónimo chéganos da mao da arqueoloxía, xa que se vén observando que frecuentemente aparece asociado a us misteriosos círculos de pedra de máis de 50 m. de diámetro construidos na Edá del Bronce con finalidá aparentemente ritual. Algús delos foran catalogados erróneamente como castros, e muitos tan sen escavar, por ter sido descubertos hai pouco gracias ás modernas tecnoloxías (imáxenes LIDAR). Chama a atención el sou parecido cos espacios ciculares británicos conocidos  como “henge”, mui numerosos nas Islas Británicas. Son neste momento un dos enigmas máis recientes (e apasionantes) da arqueoloxía del noroeste peninsular.

http://mrpatrimonio.blogspot.com/

A SENRA: Del latÍn SÉMINARA, “terra de sementeira”. Esta palabra debeu sufrir dúas evoluciois: úa popular e outra culta:

1) SENRA, sería a evolución popular así:

SÉMINARA > SÉM´NARA > SÉMNARA > SÉNNARA >SÉNRA

2) SEARA, sería a palabra que saíu das maos dos escribas e notarios, que primeiramente escribiron SẼÃRA, con dous tildes ( ~,~ ) enriba del –E- e del –A-, para transcribir as letras “M” e “N”. Coel paso del tempo, deixaron de marcar os tildes nos escritos, e pasaron a escribir, e por tanto a pronunciar, simplesmente, SEARA, tal como escuitamos hoi esta palabra. Máis tarde a SENRA, nomaba úa extensión de terra de sementeira xenérica, mentras que a SEARA designaba un pedazo con cultivos concretos: Searas de pan, seara de viño, seara de cebolas… Así, úa SENRA, comprendería, dentro de si, diferentes SEARAS.

A VEIGA: As veigas dos ríos foron sempre os lugares de descenso dos pobladores desde os altos aos valles. Pouco a pouco, os habitantes das montañas foron colonizando as terras a media ladeira e, por fin, dominando as orillas dos ríos, antes chías de malezas, inundables e boscosas Colonizar úa veiga supoñía úa agricultura mellor, máis gado, máis comodidá para a vida. Este foi el orixen de muitos poblamentos.

Estraviz recolle a etimoloxía prerromana BAIKA, se cadra, ibérica, ou del vasco IBAI, “el río”, inda que outros etimoloxistas feinlo derivar del latín VADICA, “terra de paso, transitáble”, derivada del verbo VADERE ou de VADUM. Hai quen sostein a idea de que el significado orixinal da palabra VEIGA tá unido á presencia de augua nel lugar (en Castela as terras que tein el nome de VEGAS son solo aquelas que tán á beira dos ríos) e chegados aquí, hai quen propón el orixen nel verbo latino BIBO, BIBERE, nel sentido de terras suceptíveis de seren EMBEBIDAS ou humedecidas: TERRA BÍBICA > BÉBIGA > BÉUIGA > BEIGA.

A XUNGUEIRA: A palabra xunco procede del latín IUNCUM e designa varias especies dos xéneros Cyperus e Juncus, da familia das xuncáceas. Aparece tamén a variante xungo. Destas dúas palabras derivan os Fitotopónimos Xunqueira e Xungueira, os dous coel sufixo latino -ARIUM, -ARIAM (“lugar de… pertenencia”).

AS FIGUEIRAS: Del latín FICARIA, lugar axeitado pra os figos, tarrén plantado de figueiras.

AS MESTAS: Topónimo que parece provir de (ACQUAS) MIXTAS, “(auguas) mesturadas”, indicando úa confluencia de ríos ou regueiros.

AS NOGUEIRAS: Provén do latín clásico NUCEM (con U breve). El fitotopónimo Nogueira, coel sufixo -ARIAM, denomina al árbol que dá noces, pero na maior parte dos topónimos en que aparece a forma en singular el sou significado non se refire al árbol individual, senón que probablemente ten un valor colectivo. En plural atopamos tamén este As Nogueiras e tamén Negueiras, en Castropol, este último estraño e probablemente debido al proceso fonético de disimilación vocálica (condo hai dúas vocales iguales en sílabas distintas, poden achegarse e unha asimila á outra, igualándose).

AS POLEAS: Topónimo que na costa da comarca Eo-Navia se corresponde con lugares situados á beira del mar (encima de arribadas de certa altura) onde nel pasado taban chantados postes de madera nos que se colgaban poleas pra subir el ouca que trouxera el mar e utilizala como abono, nel marco dúa agricultura familiar de subsistencia. (Nel apartado  Temos Patrimonio cultural descríbese este proceso). Vén del francés poulie‘, presente desde a Edá Media que, á súa vez vén del grego tardío polidion, basado en polos (pivote).

AS VIÑAS: Un fitotopónimo relacionado coel tipo de plantación en viñas. Del latín VINEAM, “viña”.

BOAL: É un topónimo que ten a súa orixe nel latín BOVE (boi) -según Corominas, quen documenta en aragonés “boyal”, relacionado con Boal (lugar de bois)-. Neste caso trataríase dun zootopónimo. Hai outros estudiosos da toponimia que o relacionan coel prefixo Indoeuropeo bod-, “regueiro, zanxa”.

Topónimos con BUS(T)-: Provein todos del Participio regresivo del verbo COMBURERE, (COM)BUSTUM, debido a úa falsa interpretación na composición. Sobre este participio coel significado de “queimado”, parece ser que el costume de ganar novos terreos al monte daría lugar a que os lugares queimados ou os novos pastos así obtidos se denominaran coel xenérico “bustos”, termo xa documentado nel ano 803. Na nosa toponimia hai úa ampla representación con este nome, mesmo con diminutivos -como é el caso de Bustelo (Ibias)- e son mui numerosos os topónimos compostos, el primeiro termo apocopado ou non -“Bus(t)-“; e el segundo coel nome del sou antigo propietario, con algún calificativo ou con algún elemento de referencia: Buscabreiro (Castropol), Busmaior e Bustelfollado (Villallón), Busnovo e Bustabernego (Coaña), Bustapena e Busmouros (Vilanova de Ozcos), Busqueimado (Santalla de Ozcos), Bustel, Bustarel, Busvidal, Bustantigo, Buslavín (Allande), Bustello (Tapia), Bustelo e Bustelo de Abres (A Veiga), Bustelín, Bustelo, Busante e Busto (Ibias), Bustelo del Camín, Buspol e Busmaior (Grandas de Salime), Bustello (Eilao)…

CARBALLAL: Provén del substantivo carballo (derivado da voz prerromana carba por medio dun sufixo *-ALIU) +sufixo -ALE, que designa el “bosque de carballos ou un lugar poblado delos”. É quizás el fitotopónimo máis estendido na nosa toponimia.

CARRUGUEIRO: Provén de CARRUCAM, “carro de catro rodas, tipo de vehículo, tipo de arado” e este formou un adxectivo cuxo masculino CARRUCARIUM significou “usado por carruaxes”. Deste CARRUCARIUM provén el noso Carrugueiro. Os “veneiros” carretaban venas de ferro a mediados del século XIX desde as proximidades de Doiras asta a fundición de Meredo e nel traxecto detíanse a descansar na Pena del mesón, en Carrugueiro, onde inda hoi son visibles as pisadas deixadas polos carros nel camín de pedras. El mazo de Meredo construíuse en 1714 e en 1943 contaba con 12 traballadores e 39 fraguas asociadas. Aproveitábase el augua pra desfer el grao de trigo ou centén, pero tamén pra compactar a la ou pra traballar el ferro núa forxa. Coel mazo daban forma aos cuitelos ou a diferentes ferramentas. Tamén había mazos  en Os Teixois, a us 4 km. de Taramundi; en Ozcos tamén tán atestiguados por informantes nas zonas baxas, xunto al río; e en Os Mazos (Boal), nel río del Mazo Novo, prá industria del ferro.

CASTAÑEIRÚA: Castaña é a palabra galega pra el froito del castañeiro, Castanea sativa, árbol da familia das fagáceas. Vén do latín CASTANEAM. Prás denominaciois toponímicas relacionadas con este árbol atopamos a forma castaño e formas derivadas de castaño ou castaña coel sufixo -eiro ou -eira. Pero con dúas variantes: unha, en lugar dese a pretónico da voz primitiva, un i: Castiñeiro; e outra, con a: Castañeira. Atopamos a solución con ese a pretónico en Castropol, nel fitotopónimo Castañeirúa, cun sufixo que provén del diminutivo latino -OLA (con O longo). Na nosa zona é solución común a forma con ese a etimolóxico.

CASTRILLÓN: Provén de CASTRUM latino, “fortificación”, lo que indicaría a posible existencia dun castro, inda que pode referirse simplemente a un lugar elevado na paisaxe da zona. Así, el dicionario de Eladio Rodríguez define castrillón como “vocablo toponímico, que es aumentativo de castro y significa monte alto, eminencia, altura o elevación del terreno”.

CASTROPOL: Parece provir del Indoeuropeo *kes-, *kas- (‘lugar cortado, separado’) e del latín CASTRUM, “fortificación”.  El sou significado parece ser el de “lugar fortificado”, cun segundo término pouco claro, ¿pauli? Castropol ten a máis alta densidá de castros catalogados: el castro da Punta del Corno en Villadún (Barres), que presenta tres recintos fortificados; A Corona en San Xoán de Moldes; Os Castros en Tol; Os Castros en Santalla (Presno); o castro de Seares; Os Castros en Piñeira; así como a posible existencia de dous máis na misma parroquia de Castropol (un pode que na propia vila, del que daría fe el sou topónimo e os descubrimentos arqueolóxicos de 2019; e outro en Cal).

CEREIXIDO: El galego cereixa provén del latín vulgar *CERESIAM, palabra tomada del grego. Designa el fruto del Prunus avium, árbol conocido en galego como cerdeira, cereixo, cereixeiras, cereixeiro… El topónimo Cereixido, fitotopónimo, tá formado coel sufixo -ETU, formación Romance, a partir de cereixa.

EL CALELLO: Del latín CALLICULUM (“senda, sendeiro, calexón estreto”), a partir de CALLEM, en principio, aplicado a lugares de paso. A referencia á caza é evidente: os calellos eran lugares cerrados por paredes converxentes de pedra, estacas ou entramados de varas, que se formaban nas batidas dos poblos (mui documentadas), pra conducir aos lobos cara el pozo, de unde xa non podía salir. Na documentación histórica, el termo “calello” aparece recollido desde el século XVI. En muitos destos lugares, as antiguas prácticas cinexéticas foron confirmadas, ben mediante a tradición oral ou a través de documentos históricos, e noutros parecen existir vestixios (como el Calello del Foxo, en Pezós). Outros muitos topónimos refírense máis ben a prados, caseríos ou simples camíos, por lo que pode tratarse, na maioría de casos, de “camíos estretos, sendas, sendeiros”, nel sentido orixinal da voz Romance, sen aludir a trampas cinexéticas.

EL COUSO: Na zona máis occidental asturiana, un couso é un recinto pra capturar lobos que consiste nun corral de Mampostería de entre dous e tres metros de altura, rematado con llouxas dispostas formando un voladizo interior. Dentro del recinto colocábase un cebo vivo ou morto pra atraer al animal, que úa vez tiña entrado, xa non podía salir. Existen diversas estructuras deste tipo nos concellos occidentales de Asturias: el Couso da Campa en Pelorde e el Couso de Vallúa (ambas en Pezós); el Couso de Bustelo (Eilao); el Couso de Collada e el Couso de Lago (Allande) e, presumiblemente, El Couso en Trabada (Villallón). Outros lugares, inda non corroborados na acepción de trampa para animales salvaxes, serían El Couso (Boal, Allande), O Couso (Ibias, Taramundi), Couselo (A Veiga, Castropol), El Monte Couso (Ozcos), Rego do Couso (Grandas de Salime). Prá maioría dos topónimos Couso debemos acudir al étimo CAPSUS, fosos para a captura de animales salvaxes, que ás veces aparecen aillados (cortellos unde se colocaba de reclamo un cabrito pra atraer al lobo), ou formando parte de trampas máis complexas, cun pasillo de paredes que converxen nel foxo unde cae el animal.

Non parece posible a etimoloxía CURSU, “carreira, curso”, proposta por diversos autores, pois non serve pra explicar as formas causo documentadas como anteriores á fase couso.

EL FERRADAL: Pra os topónimos Ferradal e el sou plural Ferradás poderíamos pensar núa relación con “ferrado”, medida tradicional galega de capacidade e de superficie, según a interpretación de Gonzalo Navaza. Outros filólogos, como Nicandro Ares, afirman que Ferradal deriva de FERRUM, “ferro”, asociado a lugares onde se ferraban os cabalos ou a terreos de color del ferro. Pero a etimoloxía que parece máis acertada é aquela que fai derivar Ferradal del latín FERRATAE AQUAE, “auguas ferruxinosas, auguas ferradas, de ferro”, de onde Ferradal sería un abundancial aludindo a un lugar (fonte, pozo) onde abondan as auguas ferradas. Atopamos un Ferradal nun estudio histórico sobre a Galicia romana como topónimo que “detecta explotaciois de ferro”. Na comarca de Aliste (Zamora), con muito vocabulario galego inda se mantén vivo el nome de Ferradal coel significado de “nacencia de auguas ferreñas ou ferruxinosas”. En Castropol atopamos un Ferradal, onde hai un manantial que, según dicen, “foi utilizado pra lavar leprosos, xa que a auga tía propiedades curativas para a pel”. En Boal, nel Ferradal, tamén se atopa un regueiro.

EL LLOMBATÍN: Este topónimo é un orónimo (así se chaman os nomes propios das montañas e outros relieves del tarrén) que indica úa elevación de pouca extensión e pouco desnivel. El sou étimo provén del latín LUMBUM, “lombo, llombo”, término referido á anatomía. Este sustantivo derivou, en sentido figurado, en “lombo pequeno, elevación del tarrén, outeiro”, probablemente por a similitú entre os dous conceptos.
El Llombatín ben merece un Poema. Así que… imos con él.
A localidá tá nel Concello de Eilao, situada na ladeira dúa das serras del embalse de Doiras, a tan solo 150 m. de altitú. Nela atopamos, a us 300 m., un privilexiado mirador (un banco feito por un vecín del poblo, Daniel Álvarez) desde el cual podemos disfrutar de vistas sobre el Río Navia: a Península de Tiracais e tamén os poblos de Xío e Zadamoño.

EL REBOLLAL: Topónimo que provén tal vez del diminutivo latino ROBULLUM (“carballo pequeno”) > *rebollu, onde el sufixo -al indicaría un colectivo, “lugar onde hai carballos”. Tamén se afirma que pode provir del latín PULLUM, REPULLUM (“retoño”), aplicado aos carballos pequenos, e máis tarde aos carballos máis grandes. Nel Concello de Tapia temos el topónimo A REBOLLADA, outro colectivo, coel mesmo significado.

FOLGUEIRAS e variantes: Con este topónimo e similares atopamos muitos nomes de lugares nel noso territorio eo-naviego, coel singificado de “lugar onde hai muitas folgueiras”. El “sito chen de folgueiras, folgueiral” vén de FILICARIAM, formado de FILICTUM, amecéndolle á reiz el sufixo abondativo ou colectivo –ARIA (que evolucionou posteriormente nel noso –eira, tan productivo).

Hoi temos este topónimo, ou as súas variantes, en: A Folgueira Redonda nos Coutos (Ibias), Folgueiramaior en Castrillón (Boal), Folgueirarrubia en Santa Ufemia (Vilanova de Ozcos), El Río da Pontafolgueira en Casarego (Tapia), Folgueirou (Eilao), A Folgueirosa (Taramundi), Folgueiras (Os Coutos, Cecos, Seroiro, Coaña, Piantón), A Veiga de Folgueiras (Balmonte), As Folgueiras (Salave), A Folgueiriza (Bustantigo), El Folgueiral (A Veiga), Folgueiras de Aviouga (Ibias), Folgosa (Trabada, Grandas).

FONTES CAVADAS: Del latín FONTEM, “fonte”, e CAVATAM, coel significado máis común referido a “tarrén que foi cavado, xeralmente para dedicarlo a cultivo”. Método de cultivo que consistía nas “rozas” ou “cavadas”, usado en montes e zonas pendentes del oeste de Asturias e parte de Galicia cuxa cuberta vexetal se cava, seca e queima úa vez cada certo número de anos, semando e recollendo despós úa colleita de trigo, á que lle sirve de abono a cinza da vexetación queimada.

GRANDAS DE SALIME: Topónimo que vén del preindoeuropeo *KAN-T-, *GAN-D-, “roca”, relativo a zonas improductibles por a abundancia de pedra, e muita maleza. El termo “granda” ou “gándara” ten así varias acepciois, todas relacionadas con un tarrén polo xeral chan, monte baixo, elevación pedregosa de pobre vexetación.

Salime podería ser un composto del demostrativo latino IPSA, con valor de artículo, e LIMEN, “entrada, límite”, quizás alusivo a algúa demarcación natural de terras feita por el río Navia. Sería entós: “terreo de pedras del límite, da entrada”. Según E. Bascuas, Salime é úa forma de orixen paleoeuropeo, derivada da reiz indoeuropea *sal-, “oleaxe, augua que flúe, corrente”.

Esta é a Etimoloxía popular, que conta úa lenda “diabólica”:

As auguas del embalse (inaugurado en 1955) foron a sepultura de muitos poblos hoi case esqueicidos. Hai úa lenda que conta cómo el demo, en tempos mui remotos, andaba saltando de pena en pena condo un inoportuno traspés lle fixo caer al río Navia e foi arrastrado por as súas auguas, que eran abundantes e baxaban con forza. Conseguiu agarrarse a úas herbas da orilla e salir del caudaloso río. Entós celebroulo berrando así:

-Salime! Salime!

Pero Lucifer non lo tuvo tan fácil como pensaba porque us lugareños que escuitaron as súas voces agarraronlo e botárono de novo al río. Tras descender coa corrente us contos metros máis, conseguiu poñerse de novo a salvo en terra firme e volveu berrar -esta vez cun tono máis baxín… por se as moscas…- exclamando:

-Subsalime!

E contan que así foi cómo quedaron bautizados dous dos núcleos poblacinales que existiron nesta conca asonagada hoi en día por el embalse: Salime e Subsalime. Inda que non son estes dous os únicos poblos que se atopan nel fondo del río… Tamén tán ei os lugares de San Pedro de Ernes, A Quintana, Salcedo, Veiga Grande, San Feliz, Saborín, Barqueiría, Doade, Riodeporco e Vilagudín; e 1.995 fincas con máis de 3.000 parcelas, 25.360 árboles maderables, 13.800 frutales, 14.051 pés de vides, 8 pontes, 5 pequenas iglesias, 4 cementerios e varias capelas.

MEDAL: Vén del substantivo meda (del latín METAM, “montón cónico”), termo coel que se se designa principalmente el medeiro, montón de herba seca, palleiro, medello… colocado de forma que el diámetro se vei reducindo asta formar un cono cos mollos.. El medal é el eiro onde se colocaban as medas.Tamén se aplica este nome a elevaciois del tarrén e a túmulos megalíticos. As medas solían usarse como límites territoriales por a súa visibilidá. A “madanela” é un diminutivo de meda que atopamos en muitas zonas costeiras (ás veces coel nome de “Magdalena”) usado pra nomar así ás formaciois dunares (hai quen explica el nome dos dulces chamados “madalenas” como proveniente dese diminutivo, pola súa forma cónica). El topónimo berciano de As Médulas provén tamén dese étimo, coel sufixo diminutivo (METULAS).

MORLONGO: Este topónimo de Vilanova de Ozcos tá formado a partir del latín MURUM, “parede” e LONGUM, “largo”.

O PEBIDAL: (A Veiga): Topónimo relacionado coel significado de “semente”, cúa etimoloxía que provén del latín vulgar *PIPAM, del clásico PITUITAM (“goma, resina dos árbores”) > *pitvida > pebida, que se aplicaría metaforicamente á semente dalgús vexetales. El topónimo PEBIDAL leva incrementación del sufixo abundativo -ALEM > -al, que significaría “sementeiro, lugar pra semar”.

ORTIGUEIRA: Cun sufixo colectivo, abundancial (-ARIAM, “-eira”), provén del latín URTICAM, “ortiga”, e trátase dun fitotopónimo coel significado de “lugar de ortigas”. Probablemente antano fose un sitio nel que abondaban este tipo de plantas urticáceas.

OS MAZOS: Provén del étimo latino MATTEUM, “mazo”. A forza del augua del río del Mazo Novo usábase pra traballar el ferro núa forxa.

OS OZCOS: Este topónimo tá estudiado por Dámaso Alonso e parece provir dun  termo Indoeuropeo *ozka, coel significado de “paso entre penas e rocas”. El vocablo probablemente tería un /O/ tónico e breve xa que os restos que perviven al oriente del Navia (Pena la Güezca, L´Uezcu) con ditongación así lo atestiguan. El topónimo Huesca tamén parece ter a mesma orixe. O dicionario da RAG recolle a forma ozca e defínela como “un paso estreito entre montes”, con sinónimos como “desfiladeiro, forca, foz, garganta”. Orográficamente falando, podemos diferenciar dúas zonas nel área xeográfica que comprende os tres concellos: a septentrional, que presenta úa topografía muito máis complicada, coa presencia de grandes pendentes, sendo os cordales da Bovia, San Isidro e del Eirelo as súas alturas máis destacadas, coas concas dos ríos Soutelo, el Ahio e el Ferreira, formando grandes e profundos vales; e outra zona, a meridional, cun relevo muito máis suave, con altitudes que rondan os 900 metros, como el monte Marón e el Sivela.

OS TEIXOIS: Fitotopónimo que parece ser un resultado aumentativo e plural, “os teixos grandes”, procedente del latín TAXUS BACCATA, árbol mítico dos antiguos poblos del norte de España. Debaxo das súas ramas reuníanse as xuntas vecinales doutros tempos pra celebrar as súas asambleas. Hoi en día inda o podemos topar diante de muitas igrexas, capelas, casas del Concello

OVELLARIZA: Provén del étimo OVICULAM, “ovella”. A Ovellariza é pois un zootopónimo, un “lugar de ovellas, zona de terras reservadas ou frecuentadas por estos animales”.

PENDIA: Este topónimo indica un tipo de territorio que depende doutro, vinculado ou estipendiario; un apéndice. Provén del latín PENDERE, “estar colgado de algo, depender”. Á vista destas acepciois haberá que ter en conta a orografía del tarrén e a existencia ou non de úa fortificación castreña á hora de decidir si el topónimo Pendia e as súas variantes (Penso e Peso en Portugal e Galicia) designan úa elevación empinada que parece tar colgando ou un poblado dependente doutro principal. Nel noso Pendia, a decisión non parece difícil… Non credes?

PENOUTA: A acepción principal da palabra pena nel dicionario é a de úa pedra grande ou un monte rocoso. Provén del latín PINNA ou PENNA e, nel caso del noso topónimo, el substantivo vei acompañado dun adxectivo OUTA, “alta”, del latín ALTUM-A-UM, “levantado, elevado sobre a terra”.

PEREIRAS: Son mui numerosos os topónimos que contein formas derivadas de PIRARIAM, PIRARIUM, que provén de PIRUS (pereira, árbol que dá peras) + sufjixo -ARIUM, -ARIAM (“pertenencia, lugar, oficio”). Na zona hai muitos topónimos derivados desa formación latina: Pereira, Pereiro, Pereiras, Pereiros, As Pereiras, Pereiral… todos elos Fitotopónimos.

PIÑEIRA: Derivado de PINARIAM e este de PINA + sufijo -ARIAM, tuvo nel sou orixen el significado colectivo de “lugar de pinos, piñeiros”. É relativamente común na nosa toponimia, pero máis frecuente é el sou masculino, Piñeiro, ou el colectivo Piñeiral.

PRELO: Del latín PRELUM, “prensa del lagar”. El viñedo foi promovido desde a Idade Media nel occidente de Asturias polos mosteiros de Corias, Bárcena e Ozcos. Según conta Enrique Sánchez Braña en Estudio sobre la geografía agraria y la población del concejo de Boal (1976), el mosteiro de Vilanova de Ozcos tía viñedos nel século XVI en Merou, al sur de Boal e, val enriba, nel Villar de San Pedro, Xío e Llanteiro. Con lo que non é de extrañar que na zona existan topónimos relacionados coel cultivo dos viñedos.

PUMARES: Vid. A PUMAREGA

ROZADAS: Topónimo que ten el sou orixen nel latín vulgar *RUPTIARE, derivado del participio perfecto RUPTUS-A-UM (“roto”) del verbo ROMPERE, “quebrar, romper, fer úa brecha”. O primeiro valor de “rozar”, e el máis antiguo (1282), é el de limpar úa terra de vexetación e malas herbas pra ser cultivada. Tanto Rozadas como Rozas, topónimos da nosa zona, provein deste étimo latino.

SARCEDA: A voz salce, del latín SALICEM, xunto a outras variantes como sarce, zalce e zarce, fain referencia al salgueiro cenizo, SALIX ATROCINEREA (el noso salgueiro parece provir de SALICEM+ -ARIAM). El topónimo Salceda denomina úa agrupación destos árboles, “lugar abundante en salces, sauces”. El salgueiro é un árbol mui utilizado pra remedios domésticos e medicinales (deles sácase el ácido acetilsalicílico e inda hoi día en muitos lugares se toman infusiois coas súas follas, flores, a cortiza…). Desta variante SALICETUM, coa posible confusión de consonantes na sílaba pretónica, encontramos un colectivo, acaso femenino: Sarceda (Boal). Joseph Piel considera a variante Sarceda, presente na toponimia de Galicia, Asturias e Cantabria, xunto coa portuguesa Sarzeda, como derivados de SALICETAM.

SELA: Os topónimos con este primeiro elemento, Sela, son todos derivados del lat. SELLAM, “silla”, relacionado coa orografía e coel significado de “monte con forma de silla de montar”. Trátanse pois de orónimos: SELA DA LOURA, SELA DE MONTEAVARO, SELA DE MURIAS…

SERANDÍAS: Parece provir del mesmo Hidrotopónimo Indoeuropeo *ser-, *sor- (>*sar-), coel significado de “fluir, discurrir”, que tein outros topónimos como Serantes, Sarandeses, Sarandín, Sarandón… Este topónimo é de especial interés para os estudios etimolóxicos, xa que supón úa base nova, Serand-, a medio camín entre Sarand- (con vocal central a e a consoante oclusiva xorda t sonorizada en d por ir en contacto con nasal n) e Serant- (con vocal palatal e e coa consoante xorda t, sen sonorización) pero sen duda relacionada con elas. Sobre a raíz *ser- atopamos o sufixo -nd- que podería corresponderse co morfema -nt- que atopamos noutros topónimos, característico das formaciois hidronímicas. El final del topónimo -ías (Ser-a-nd–ias) é el resultado característico del galego de Asturias para el sufixo diminutivo procedente del latín -INUS-A-UM (que indica pertenza, procedencia, materia ou relación) que deu en galego común a forma -iño(s), -iña(s), inda que tamén cabe remitilo al latín vulgar *-IA, que sobrevive nel léxico común en palabras como freiría ou topónimos como Muxía…

SERANTES: Despós de diversos estudios etimolóxicos que baseaban el orixe del topónimo Serantes na Antroponimia (Pensado explícalo a partir del nome latino SARRANATES, inda que el mesmo o considera como úa hipótese “arriscada”; García Arias defende tamén un étimo antroponímico: *SERANDUS, variante de SERANDIUS) ou na agrotoponimia (del latín SERO, “plantar”), Gonzalo Hermo (del ILG, USC) descarta estas teorías por consideralas evoluciois anómalas e supón que deriva dun Hidrotopónimo prelatino Indoeuropeo *ser-, sor- (>sar-), que significa “fluir, discurrir” e que é especialmente produtivo en Galicia (tanto na toponimia maior como na microtoponimia) e tamén existe nel territorio Galegófono del Eo-Navia. Nel topónimo Serantes produciuse úa acción disimilatoria (en principio proviría de Sarantes e así aparece ampliamente documentado nel medievo) que desfaría a igualdá das dúas vocales “a” nas sílabas contiguas, cambiando este son vocálico central por el palatal e na sílaba pretónica. O morfema -ntes aparece en muitos topónimos (Arantes, Barrantes, Cervantes…) e afírmase que ten valor étnico ou tribal. Serantes significa entón “habitantes del río, da ribeira ou da lagoa”. Tamén se atopa el topónimo Serantes en Xixón, en Aldea del Fresno (Madrid), en Ferrol e rexístrase tamén como orónimo nun monte da comarca de Bilboaldea, na ría de Bilbo (Euskadi).

VERDUCEDO: o adxectivo “verde”, del latín VĬRĬDE ten muita presencia na toponimia e en todos os casos alude á flora del lugar, aínda que non todos os topónimos en que tá presente non señas propiamente Fitotopónimos (Gonzalo Navaza). Del latín vulgar *VIR(I)DŪCUM, coel significado orixinario de “vástago de árbol, árbol novo” (Moralejo), tá presente nel topónimo Verducedo.

VIVEDRO: Provén del étimo latino VICUM VETERUM. A voz latina VICUM significa “aldea ou lugar”. E VETERUM ten el significado de “vello” (Fixaivos en topónimos como Pontevedra, “Ponte vella). Na época romana creouse coa forma VICUM a primeira parte del nome de muitas cidades (Vigo).

2. A toponimia, a súa definición, usos, clasificación e curiosidades.

Shakespeare preguntou: “Qué hai nun nome?” (What’s in a name?). 

Plauto respondeu, centos de anos antes: “El nome é el destino (NOMEN EST OMEN), é un signo, un presaxio, un anuncio, un símbolo, úa profecía. El nome xa lo dice todo. Lo que nun ten nome nun existe. El nome é a clave”.

Somos habitantes y amantes de un lugar, pero es el nombre que le otorgamos donde se forja ese vínculo espiritual y físico que nos mantendrá unidos a él para siempre “. (Seamus Heany)

Os nosos antepasados quixeron puer nome a cada pizca de terra á que chegaban porque así identificaban el territorio, a si mesmos ou fían posible que os demais os situasen nos lugares que habitaban. Fíanlo cun significado pra cada topónimo, na lingua que usaban, coa cultura que tían e coa súa particular Cosmovisión. Por eso un dos aspectos importantes da toponimia é a cantidá de información que guarda, desde el tipo de vida que levaban os grupos humanos dese territorio, asta cómo vivían, en que crían, el tipo de organización da súa sociedá, a relación que mantían coa natureza, a vexetación predominante nel lugar e os sous cultivos, a fauna, as vías de comunicación que usaban, el sou mundo espiritual, a arqueoloxía…

A toponimia forma parte dos elementos culturales que a Unesco denomina Patrimonio inmaterial e é a ciencia que estudia os nomes dos lugares dun territorio. A palabra vén del grego “topos”, lugar, e “ónoma”, nome.

Os topónimos son de dous tipos:

  1. 1. Macrotopónimos ou topónimos maiores, que se refiren a núcleos ou entidades de población (poblos, cidades, provincias, comarcas, rexiois, provincias, países…) ou a conxuntos extensos de elementos del relieve (serras, serranías, costas, ríos, mares, océanos…).

2. Microtopónimos ou topónimos menores, que reúnen os nomes de paraxes de inferior categoría, xeralmente de uso nun ámbito máis reducido e de carácter rural (fincas, montes, fontes, camíos, regueiros…).

A maior parte dos topónimos está relacionada coa realidá xeográfica e histórica en que naceron pero como esta realidá foi mudando polos cambios demográficos e pola desaparición de certos modos de vida, hoi día xa hai muitos topónimos chamados “opacos” (nomes que non nos dan pistas reales sobre lo que denominan) que debemos investigar porque gracias al sou estudio podemos coñecer millor a nosa lingua e a nosa historia. Ademais, a súa recollida resulta apasionante porque nos conecta coel pasado e nos impulsa a cuidar el futuro.

Podemos clasificar así os topónimos:

-hidrónimos (nomes que designan masas de agua, usualmente ríos: Navia).

-limnónimos (nomes de lagos ou outras masas de agua estancada: Muniellos).

-talasónimos (nomes de mares ou océanos: Cantábrico).

-litónimos (nomes das formaciois rocosas: Penarronda).

-orónimos (nomes das montañas e outros accidentes del relieve: Penouta).

-antropónimos (nomes de persoas, xentilicios, nomes de santos: El Santín).

-Fitotopónimos (nomes de plantas: Folgueirou).

-Zootopónimos (nomes relacionados coa fauna, salvaxe ou doméstica: A Bobia).

ALGÚAS CURIOSIDADES TOPONÍMICAS:

A Igrexa é o topónimo máis repetido de entre os 30 máis comuis en España (según os datos proporcionados polo Instituto Geográfico Nacional), con 300 poblaciois con ese mesmo nome repartidas polas catro provincias galegas.

-Os lugares llamados A Baiuca tein el sou orixe na existencia de úa taberna ou tasca, probablemente fundada na segunda mitá del século XVIII por xente chegada das colonias americanas, que era xeralmente de carácter modesto e popular.

-Sabías que hai topónimos comestibles como Pepino, Cebolla e Membrillo en Toledo, Ajo en Cantabria, Pancrudo en Aragón…? Hailos tiernos como Cariño, en A Coruña. E os que dan medo como Espiche cerca de Portugal; Los Infiernos en Murcia; La Matanza en Alicante; La Degollada, El Pozu las Muyeres Muertas, Tiracais en Asturias…

-Na toponimia é frecuente toparnos con lendas e contos que asocian a orixe dun topónimo a algo mui allonxado xa da realidá. É lo que se coñece como  Etimoloxía popular (algúas veces as etimoloxías populares poden ter parte de razón). Sobre a orixe del topónimo galego Castrocaldelas cóntase a historia popular seguinte: un home, de apelido Castro, presentouse ante el conde de Lemos para pedir a mao da súa filla e este, ao ter máis de úa, preguntoulle: “Castro, cual dellas?”.

-Sabías que Compostela non é un campo de estrellas, pese ao extendido desta explicación sobre el sou orixe? Parece provir del étimo latino COMPONERE que, coel sufixo -ela, significaría sepultura, cementerio.

-Úa toponimia mui curiosa aparece nelAtlas of true names de Stephan Hormes e Silke Peust, un par de cartógrafos (amantes da triloxía El señor de los anillos) que “crearon” novos nomes en relación aos significados dos lugares del mundo. Así, en lugar de “Sahara”, el atlas mostra “Mar de Arena” -derivado del árabe as-sahra- que significa deserto. Nel caso de España, esta convírtese nel País de Conexos; Valencia é A sana (“VALE” en latín era desear búa salú a daquén) ou Alcántara é El Ponte, derivado del árabe Al Qantarat, “ponte”. Sorprenden nomes como as Montañas del fuego secreto, para os Pirineos; el País da xente corriente e os grandes señores, para Cataluña;  ou el Río llonxe del augua, para el Teijo. Podemos topar nomes que despertan a imaxinación, como el País dos fortes, a Terra da Palabra, a Terra das dez tribus ou a Terra unde nun hai nada.

Para os amantes das palabras, este Atlas é un placer. 😊

-Os Dinnseanchas (“topografía”, en gaélico) son relatos que explican el significado dos topónimos creando lendas fantásticas al sou redor. Así, cualquer llugar tía úa aureola mítica gracias al sou nome e gracias á narración de quen o nomaba.

3. Textos literarios con topónimos e un mapa

Vexamos como algún-a poeta usa os topónimos pra manifestar a conexión e harmonización coa terra:

Hein d’ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro
deitarme na Campa da Lucenza nun claro.
Hein d’ir á Devesa da Rogueira i a Donís
ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís.
Hein d’ir a Lousada i a Pacios do Señor
a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor.
Hein d’ir ó Cebreiro pasar por Liñares
rubir ó Iribio a Cervantes i a Ancares
Hein d’ir a Cido i a Castro de Brío Pía Páxaro
baixar i andar pola aurela do río.
Hein d’ir a Céramo cruzal’o Faro i entón
debrocar pra baixo cara Oéncia e León
Hein d’ir a Vales i a Pena da Airexa
i a un eido solo onde ninguén me vexa.

Uxío Novoneyra


A palabra nomea e crea as cousas,
pon orde no mundo
e armoniza a toda a creación.
Cando prostituímos a palabra
estamos invocando ó demoníaco.
E se deixamos morrer unha palabra
o universo enteiro
dóese de orfandade e desamparo.

Manuel María

Mapa toponímico de Penácaros

Este é un regalo que nos mandou Óscar Méndez de Villanova (Boal). Úa pequena xoia que él mesmo debuxou na que aparecen os microtopónimos del Monte Penácaros. Temos que memorizalos, “pasealos” e querelos pra non os perder. Hailos ben guapos, mui sonoros e algús cúa gran carga emotiva e un enorme poder de suxerir.

Algús dos membros de Axuntar tamén fixeron os sous poemas “toponímicos”, coel monte de Penácaros como eixe central, basándose nese mapa.

Se queres escuitar el Poema -na voz de Edita Nogueira Tallón– pincha nel altavoz ou nel título.

Campo das Arcas

Repinican uces arrubiadas,
tein traza de  andar  algo dolidas;
alxapian as auguas dos montes, 
hai tempo devagan encollidas.

Fun camín  da  tumba adormecida,
a da Campa das Arcas  sagradas;
guarda de tesouros ssorprendentes,
rastros dúa época vencida.

Reclamar  fun,  pedras esculpidas, 
ollar as  necrópolis  roubadas,
invocar os encantos   das fontes,
cumprimentar as almas perdidas.

Escuiteilas nel Campo da Llouxa,
na Fongallega e nas Llamiceiras.
Peró el esmorecer máis enorme
sentinlo na  Carballeira Escura.

Algo dixeron: non hai campas
nin arcas, nin llastras que valgan;
berran os pesares que dolen,
quedan afogadas palabras.

Haivos aquí un silencio de eixada,
que rincha nel Penedo Queimado.
Son molíos  de mouro horizonte.
Sempre llevan;  trer, nunca train nada.

Quique Roxíos 18.02.23
Penácaros 

Con nativas roupas
de cuarzo, micas, gancellas,
érguese el pico da serra,
abrázandonos silenciosa.
Guarda consigo resollos
de duros e honrados traballos
de mulleres e homes torrando, xelando,
entre feixes acarretados.
Agora, máis solitaria,
abeirando calma e belleza
anouga pasado, presente
e futuro desta terra.

Marta Ledo Jardón

Se queres escuitar el Poema, clicla nel altavoz ou nel título (voz en off: Edita Nogueira Tallón).

A Pena da Escuita

Hai muitos, muitos anos...
os enanos
abriron os seus pequenos ouguidos
e puxéronse a escuitar, 
                            aturdidos, 
                                         confundidos.

El vento ululaba,
a serra tremía
e os érbidos nel alto da pena 
ruxían con feros bramidos,
                                aguerridos, 
                                               atrevidos.

Escuitaron tamén 
as follas dos vellos castañeiros, 
arroladas por el vento de alén,
as agullas dos azulados piñeiros,
os relinchos dos caballos
e as súas fortes pegadas 
                               nas carqueixas   
                                                del tarrén.

Os sous eternos colegas -xigantes e cíclopes-
trembaron
al escuitar nel alto da Pena
os aullidos risoiros dos llobos, 
e el aballar de xestas e toxos. 
Tatexaron,
              berraron,
                        laiaron.


E condo, al llonxe, 
enanos, xigantes e cíclopes
ouguiron el alma del mar: 



OLAS, 

          ESPUMAS


                             PENEDOS 

                                                   E SAL...

acougaron.
                                                                                                                                                          
 BMAcero       14-3-23
Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *