A escritora veigueña, Eva Moreda Rodríguez, xunto coa súa novela A Veiga é como un tempo distinto (Home is like a different time), aparecen na versión on line de Lost&Found: Mapa Literario Europeo de Londres.

Londres vista a través dos seus ollos e contada en galego con tradución al inglés.
Sinopse (Xerais):
Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto. Narrada cunha prosa elegante e medida, esta novela retrata, dende o punto de vista das mulleres, o percorrido vital dunha comunidade de emigrantes galegos en Londres durante a década de 1960. Os límites dos vínculos afectivos entre cada un dos seus membros, o amor, a soidade son temas principais dun relato onde o valor das emocións ten un peso decisivo. Mais, tamén, percorren as páxinas da novela as profundas mudanzas sociais que xermolaron na Europa daquel momento, dende o nacemento do movemento de liberación da muller e do sindicalismo feminino ao agromar da música pop e da súa cultura, fenómenos que anos máis tarde tanto influíron nos cambios profundos da sociedade galega.
Biografía:
Eva Moreda (A Veiga, 1981), musicóloga e escritora, licenciada en Filoloxía Clásica na Universidá de Santiago de Compostela, máster en xornalismo, actualmente é profesora de Musicoloxía na Universidá de Glasgow (Escocia).
Ten publicado as seguintes obras en lingua galega:
Narrativa:
- Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota (1997). Fundación Caixa Galicia.
- O demo e o profundo mar azul (2002). Positivas,
- Singularis Domitilla (2004). Universidade de Santiago de Compostela
- O país das bestas (2009). Biblos.Clube de Lectores.
- Organoloxía (2010). Positivas.
- A Veiga é como un tempo distinto (2011) Xerais. Foi traducida al castellano e al inglés.
- Para toda a vida (2020) Aira. 144 páxs.
- Rapazas de polar (2021). Morgante.
Obras colectivas:
- Narradoras (2000). Xerais.
- Veas Verdes e catro contos máis (2001). Agrupación de Libreiros e Casa da Xuventude de Ourense.
- Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Manual para condutores con faros antinébo (2010). Xunta de Galicia.
- Letra en Obras (2011). Letra en Obras. Edición en libre descarga desde internet.
Traduciois:
- Lisístrata, de Aristófanes (2001). Edicións Lea.
Outros textos:
- Astolat (2002). Edición dixital.
- Nove haikus (2009). Edición dixital.
European Literary Map of London

Londres é el monstruo máis grandioso e complicado sobre a faz da terra. (Félix Mendelssohn, 1829)
Durante siglos, escritores, artistas e intelectuales chegaron a Londres desde toda Europa. Este mapa interactivo «descubre os rastros literarios e fai reflexionar, de forma crítica ou lúdica, sobre el papel da ciudá como lugar de intersección de viaxes e linguas, onde as persoas e as culturas se atopan e transforman».
Nel pódese explorar por tema, por idioma…, e (pronto) por xénero ou período histórico.
Desde agora xa, úa veigueña ta nel mapa literario londinense, xunto con autores como: Francois-René de Chateaubriand, Hans Christian Andersen, Luis Cernuda, Stefan Zweig, Josep Pla, Marilar Aleixandre, Grzegorz Kopaczewski..

Úa búa nova: ascenden a Eva Moreda a Catedrática de Musicoloxía na Universidá de Glasgow. Outra vez PARABÉNS desde el Eo-Navia! https://x.com/eva_moreda/status/1810346590638420051?t=SRTqN2CxN7qnWiE8A4q46A&s=08

Pingback: Día del libro – axuntar.eu