En Axuntar elaboramos úa escolma de poemas e micorrelatos de autores e autoras del Eo-Navia, feita a partir del libro de Xoán Babarro, Suso Acevedo e Rita Bugallo (Literatura Galego-asturiana. Poesía, Prosa, Teatro, Servizo de publicacións, Universidade de Vigo), a partir de outros libros tamén publicados e de textos inéditos. Podedes lelo aquí.
A réiz del…
Temos un precioso regalo!
Edita Nogueira Tallón, mestra xubilada que vive en Bergondo -A Coruña- (PALABRA DE NOZ) recibiu un día úa chea de micros e poemas de autores e autoras del Eo-Navia. Pero non iban solos… Levaban consigo úa proposta, un desexo, úa petición máis ben…
Que los gravase fendo con todos un audiolibro! (En adiante, “librín_sonoro“).
Sabemos que sudou, que fixo e refixo, que gravou e borrou, que colocou música e máis música, que toleou…
Pero fíxolo!
Rematoulo e aquí lo temos xa na nosa web!
Algús poemas emocionan.
Outros tein úa forza maior que se los lésemos.
Hai relatos que nos chegan al corazón, que nos conmoven.
Outros que nos fan sorrir.
E outros, recordar.
Hailos que fan que apareza a señardá, a saudade, a nostalxia…
Pero todos, todos, tán feitos con ese don que a narradora ten e tamén -seguro- con ilusión, cariño e entusiasmo.
Por eso son tan guapos!
Desde Axuntar: moitas grazas, Edita, por ese traballo que nos regalas.
El librín-sonoro vei acompañado de música: El lago dos cisnes, de Thaikovsky.
LIBRÍN_SONORO
Se queredes escuitar, pinchade na imaxen ou nel título:
Escolma de poemas e microrrelatos del Eo-Navia
Aviso: nos móviles, pra abrir a aplicación, despós de clicar na imaxen ou nel título, debedes ir al fondo e pinchar unde dice: “ver en la web”.
Hai diferencias entre ler e escuitar un libro?
A DRA. WILLEUMIER (neurocientífica experta en neurobioloxía) DICE QUE, TANTO Á HORA DE LER COMO DE ESCUITAR, TAMOS PROCESANDO INFORMACIÓN ASOCIADA COA COMPRENSIÓN DE HISTORIAS. Non obstante, señala que el cerebro se activa de forma diferente condo se procesa a lectura ou a escuita. Comprender o que se ta lendo activa el cerebro esquerdo e é mui bon pra reter a información. Comprender o que se ta escuitando activa ambos lados del cerebro e ten muito que ver coa empatía e con fer que a historia cobre vida.
Avisos:
* A escolma, librín en formato papel, salirá a finales de xeneiro (aproximadamente).
* El libín_sonoro salirá en febreiro (aproximadamente).