Escritores-as del Eo-Navia: El “noso” Manolo Marinero

Autocaricatura

Escritor e conferenciante (Dueñas, Palencia, 1906-Castropol, Asturias, 1933), Manolo Marinero foi fillo de Manuel Marinero Marinero (que exerceu como notario en Castropol) e de Ángeles Bermúdez Cela (oriunda de Castropol). Él consideraou sempre, como el sou lugar de nacemento, esta vila asturiana na que pasaba temporadas de vacaciois e onde pensou vivir habitualmente.

Casa que foi da familia de Manolo Marinero en Castropol, na actualidá

.

Antes de concluir os sous estudios universitarios, participou na Biblioteca Popular Circulante e en muitas das actividades de orden cultural que se promovían en Castropol por aquelas datas.

Colaborou en funciois teatrales nos primeiros anos da dictadura e en 1924 escribiu un pequeno entremés, Agencia de matrimonios, que obtuvo un gran éxito. Pintou os personaxes de úa versión do Auto de los Reyes Magos (a mostra máis antigua del teatro peninsular) e a posta en escena contou coas voces de Vicente Loriente e Claudio Penzo. Fixo tamén de escenógrafo e creou un teatro de guiñol, pra el que pintou decorados e muñecos, e escribiu -en colaboración coel sou irmao Francisco- as farsas de carácter folclórico Xan da Xata e Xan Cabrito. Os dous irmaos, ademais de manexaren os monicreques, poñían voz aos protagonistas.

En agosto de 1924 parece que taba anunciado que Manolo Marinero dese úa conferencia sobre “La evolución de la sociedad”. Pero el acto suspendeuse porque a autoridá de entós non lo considerou capacitado… e eso que pouco antes acababa de licenciarse en Historia con premio extraordinario.

Pasada a Dictadura, deu a súa primeira conferencia en Seares, el 13 de setembre de 1931, e, na escola rebosante de xente, falou sobre “Los nombres del aldeano” e tuvo muito éxito.

Al ano seguinte, tamén en Seares, deu un cursillo de tres lecciois sobre a “Historia de la Humanidad vista desde Asturias”.

Condo rematou os cursos pra profesor de segunda enseñanza (celebrados en Madrid nel verao de 1933) —nos que obtuvo úa brillante puntuación— tía anunciada outra conferencia en Piñeira sobre “Las sociedades de jóvenes en la historia”. Desgraciadamente, el recrudecimento da súa enfermedá lle impediu dala.

Faleceu el 12 de outubre de 1933 e ta enterrado en Castropol.

Tumba de Manolo Marinero nel cemiterio de Castropol.

Manolo Marinero colaborou asiduamente nel periódico castropolense, fundado e dirixido nel ambiente da Biblioteca Popular Circulante: El Aldeano.

Estos son os datos que atopamos na obra: EL «TEATRO ALDEANO» DA BIBLIOTECA POPULAR CIRCULANTE DE CASTRIPOL (1929–1934) de Xosé Miguel Suárez Fernández sobre el teatro de Manolo Marinero:

EL TEATRO DA BPCC. HISTORIA Y REPRESENTACIÓIS
…/…
Pag. 65
…/…
Al largo del inverno de 1932 debéu seguir falándose por correspondencia d’aquela proposta teatral de Manolo Marinero feita nel Asamblea de setembre de 1931. Da primavera de 1932 ten que ser úa carta sin fechar que Marinero escribe a Loriente (APÉNDIZ 4) unde ye dá instruccióis mui precisas —despóis de consultar col pintor Amando Suárez Couto— sobre cómo construír un teatrín pral guiñol y cómo fer y pintar os monecos (104). Polas indicacióis que ye dá Marinero sobre as figuras vese que pensaban representar dúas obras: 
Xan da Xata y Xan Cabrito. Da carta tamén se pode sacar a conclusión de que Marinero mandara a versión das pezas en castellano y que Loriente xa yas volvera por correo traducidas al galego-asturiano. Nel brao de 1932 principian os trabayos nel teatro de guiñol hasta fer el escenario, as decoracióis y os monecos. Manolo Marinero encargárase de pintar todas as figuras y parte del decorao, porque el fondo de Xan da Xata era obra de Suárez Couto (105).

Os ensayos previos á estrena fixéranse nel local da BPCC con dalgús mozos, lectores habituales da Biblioteca, ás órdenes de Vicente Loriente y Agustín García, pra despóis fer as últimas probas nel sito da representación». El actuación foi el 7 de xeneiro de 1933 nel Casino de Castripol». 

Houbo sorteo de libros y, al cabo, chegouse al remate da función: a estrena del que nas reseñas chaman «Teatro de Currillos», col obra dos irmaos Marinero Xan da Xata. Manexaban os monecos y poñían as voces dos dous personaxes principales Agustín García y Alejandro Sela. Todo el feixe de personaxes secundarios, incluída a xata, taban da mao d’Egidio García, José Ramón Martínez y José Ramón Muiña. As reseñas destacan a búa acoyida entre grandes y pequenos, que nun pararon de rir y aplaudir todo el tempo.

Xan da Xata
Esta obra dos irmaos Marinero inauguróu el Teatro de Currillos da BPCC y responde al idea que tían de fer teatro pra os máis pequenos partindo da tra dición folclórica. Ben investigadores tein destacao a importancia de descubrir as relacióis entre os contos tradicionales y as reelaboracióis feitas polos escritores. Nel caso del teatro breve del siglo XX, pódense atopar abondos motivos da literatura de tradición oral: el Conto ou el Romance tein ben asomeñanzas formales col teatro, tanto pola presencia del diálogo rápido como pol gusto por acabos efectistas y accióis y personaxes sin muitas voltas nin artificios (FERNÁNDEZ INSUELA 2004: 41).
Xan da Xata parte del Conto popular «Xuan de la Xata» recoyido por Aurelio de Llano…
…/…
Pag. 91
…/…
De 
Xan da Xata consérvanse nel archivo de Vicente Loriente dúas versióis en galego-asturiano: úa d’él mesmo (147) y outra d’
Alejandro Sela (148). Son tantas as coincidencias entre as dúas traduccióis que se pode pensar qu’úa tía basada nel outra ou que, alomenos, la tuvera presente. Así y todo, máis ben pinta que son dúas traduccióis feitas por separao a partir del orixinal dos irmaos Marinero, anque a de Loriente —qu’é a que sigo pra edición— amecéu detalles qu’einda debían tar por decidir na versión en castellano y Sela non (149). El escritor de Vilavedeye, al rovés que Loriente que deixa en castellano muitas das acotacióis—, traduz todo dafeito y cuas súas traduccióis al galego-asturiano completéi a versión editada de 
Xan da Xata.
…/…

Algús fundadores da BPCC (Castropol, 20 outubrev1921) :

Na foto: Claudio Penzol, Vicente Loriente, Manolo Marinero, Leopoldo Alas Argüelles (fillo de Alas Clarín), Ricardo López, Antonio López e Agustín García.

El propósito de los fundadores era “llevar el universo a todo el mundo, iluminar los mentes y los corazones y construir una sociedad más justa, libre e igual a través de la lectura y la extensión cultural”.

Hai outros impulsores da Biblioteca que non aparecen na foto, entre elos úa muller: María Ramona Penzol, da que falamos noutra entrada da nosa web.

Sucursales:

Os responsables da BPCC crearon sucursales nel Eo-Navia pra facilitar el acceso á cultura das xentes dos concellos eonaviegos. Así que a partir de 1926, e asta a guerra civil, creáronse catorce bibliotecas filiales: Tol (1926), As Figueiras (1927), Balmonte (1928), Seares (1929), Barres (1932), San Xuán de Moldes (1932), Piñeira (1933), As Campas (1934), Quinta de Paleiras, A Veiga (1934), A Veguina, Tapia (1934), Vilavedelle (1935), Añides (1935), Vinxoi, A Veiga (1936) e A Caridá, El Franco (1936); ademais de úa filial de menor entidade en San Cristóbal (1933). Las Misiones Pedagógicas en 1931 aportaron grandes cantidades de libros, gramófonos, discos, un proxector de cine, películas, un micrófono, un amplificador… a estas bibliotecas “satélites”.​, Manuel Bartolomé Cossío, presidente das Misiones Pedagógicas, era el sou defensor máis entusiasta e consideraba que esta idea era un exemplo a imitar: «¡Quisiera mil castropoles en España!”.

Pensaron ubicalas nas escolas, pero ante os obstáculos dalgúas autoridades municipales ou educativas, incansables e incombustibles, buscaron outro tipo de locales: vivendas particulares, algún comercio e algún edificio dos sindicatos agrícolas locales. ​Constituíron así a primeira rede de bibliotecas rurales que funcionou en España antes da guerra civil.​ ​

A Biblioteca Popular Circulante nel periodo 1922-1936 realizou máis cuatrocentos actos culturales, entre os que obresaliron dúas iniciativas:

Os Currillos, un teatro de guiñol da biblioteca, sobre el que os sous responsables recibiron indicaciois de Federico García Lorca, quen, xunto cos componentes del grupo de teatro La Barraca, visitou a biblioteca de Castropol el 31 de agosto de 1932. Ademais de querer culturizar aos habitantes del Eo-Navia (daquela el número de analfabetos chegaba al 40%), buscaban transmitir a tradición aos máis novos, polo que as obras que se representaban eran de marcado carácter folclórico.

El Teatro Aldeano, compañía de aficionados que representaba obras de carácter local. A orixe deste teatro aldeano ta nun espectáculo organizado en agosto de 1929 pra festexar el número 2000 da BPCC. Neste acto, chamado “Noche aldeana” (nome en castelán, pero textos en galego del Eo-Navia), representáronse pequenas escenas teatrales ambientadas, casi todas elas, en esfollois (lugares nos que se esfollaba el méiz). As pezas tían un marcado ton popular e valoraban lo rural frente a lo urbano, de ei el nome de “aldeano”. O único que se conserva é un manuscritos de Vicente Loriente e úas cuartetas de Alejandro Sela.

Ambos proxectos foron postos en marcha en 1933 e el sou repertorio constaba de obras, principalmente en galego de Asturias, con úa maioría de pezas escritas por os ermaos Manuel e Francisco Marinero.

Nos anos xusto antes da guerra civil (especialmante nel 1934 e principios del 35) seguíronse realizando sesiois teatrales, tanto con actores como con monicreques e as obras íbanse cargando dun forte contido social: críticas antimilitaristas, referencias republicanas, defensa das mulleres… Contribuíron especialmente a este auxe Vicente Loriente, María Ramona Penzol e Alejandro Sela. Muitas das obras, na maioría escritas en galego, quedaron sen rematar ou solo se conservaron os sous borradores.

Degraciadamente todo el labor se truncou poucos días despois del 18 de xulio del 36, condo as tropas sublevadas entraron en Asturias e a directiva da biblioteca decide pechar a sede central e envía un comunicado aos responsables das sucursales pra que escondesen os libros e así evitar el sou robo ou destrución.

OUTROS FOCOS CULTURALES relacionados coel teatro nesta época tuveron situados en Boal e na Roda. En Boal, nel teatro Helenias, estreouse nel ano 1932 a obra Un esfollón, de Ángel Bueres Rodríguez. En 1936 Félix Bousoño escribiu a obra Cousas doutro tempo. Condo el cariño é de verdá, que chegou a representarse dúas veces. Na Roda sabemos que en 1924, con motivo do entroido, se realizou un espectáculo teatral.

Periódico comarcal más que local, decidido divulgador de lo asturiano y de la modernidad de su tiempo, contó entre sus colaboradores con intelectuales de la talla de Valentín Andrés Álvarez, Pío Baroja o Eugenio D’Ors, pero también, y principalmente, se nutrió de colaboradores voluntarios que fueron personajes relevantes en la historia de la comarca en su tiempo, desde Alejandro Sela, a Vicente Loriente, por citar dos nombres…

A redacción de El Aldeano taba integrada por un grupo de persoas que tamén taban implicadas nel proxecto da Biblioteca Popular Circulante. Todos elos conocíanse desde a infancia e compartían ideas e inquietudes.

Agustín García, Manuel Marinero, Franco Vior, Claudio Penzol, Pedro Penzol, Eduardo Canel, Victoriano G. Paredes, Antonio e Ricardo López, María Ramona Penzol, Paco e Manolo Marinero e Alejandro Sela, entre outros, formaron parte del sou consello de redacción ou colaboraron dalgún xeito nel periódico.

EL ALDEANO. 15-3-1932. La Biblioteca Popular Circulante de Castropol(Actividad desde su fundación en 1921)
…/…
III Actos públicos
…/…
1931. Septiembre, 6. Asamblea en la Biblioteca para estudiar la extensión de su labor en el concejo. Se leyeron y discutieron las siguientes ponencias: «La Biblioteca y la escuela» por D. Agustin García; «La Biblioteca y la agricultura», por D.Alejandro Sela; «Extensión de la labor de la Biblioteca» por D. Vicente Loriente Cancio y «La cultura tradicional asturiana» por D. Manuel Marinero. Asistieron representaciones de Tol, S. Juan, Seares, Piñera y Figueras.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *