Día das letras galegas

Como todos os anos, el 17 de maio (data da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, en 1863) celebramos as nosas letras. E esto non solo sirve pra dar a conocer lo que se escribe e escribiu en lingua galega, senón que vale tamén pra reinvindicar espacios, deretos e abrir portas e posibilidades pra os e as falantes del galego..

Porque efectivamente hoxe, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas, úa data festiva que se estende a todos os territorios galegofalantes.

Este ano tán dedicadas a Luisa Villalta.

Aquí a preciosa biografía escrita por Ana Romaní.

Pensamento, emoción, Bach e ‘muiñeira vella’: esto é Luísa Villalta.
Son palabras de Xurxo Souto, Marga o Val e Armando Requeixo.

Na composición da autora coruñesa que reproducimos máis abaixo pódense detectar algún dos trazos máis frecuentes da súa poesía: o xogo conceptual, o ton intimista e o recurso á imaxe:

O ceu cobrou unha cor que facia pensar.
Era a hora en que as botellas se rompen para dar paso ás
profundidades.
Atrás quedaban as cores álxidas, mortas de sono. O calor
enfriaba-se no bisturí do horioznte.
Os nenos, de cóbados na xanela, enfrontaban a história
inconscientes, nun palpebrexo tan veloz como a infancia.
Pero aínda hai un cambio posíbel que se reserva no
bolso, un remanente da derrota, para mirar arredor.
Non nos estábamos separando, por iso nos recoñecemos.
Fitabamo-nos na cita imprevista, sen saber quen nos
chamou ao fio da noite.


Ruído (Espiral Maior, 1995).

No Día das Letras Galegas 2024, Luísa Villalta convertirase na sexta muller homenaxeada un 17 de maio. Antes dela foron Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e. Xela Arias (2021). A Fundación Xistral sacou este ano el librín Mulleres se sempre, nel que autoras actuales como Ledicia Costas, María Xosé Porteiro, Eva Mejuto, Susana Sanches Arias, Rosalía Fernández Rial e Marica Campo escriben, cadansúa, sobre as SEIS AUTORAS HOMENAXEADAS EL DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Dolores Vilavedra (catedrática de Literatura Galega da USC) escribe nel prólogo del libro, titulado “Mulleres de sempre, voces de nós”, lo seguinte:

“Penso no legado e estremézome, mais tamén vibro”. Así remata Ledicia Costas a súa lembranza de Xela Arias, coa que se abre este libro, e coido que non hai palabras máis acaídas para concretar os sentimentos que me inspira a lectura dunhas páxinas que non son só un exercicio de memoria máis ou menos gabancioso, senón tamén (se cadra, sobre todo) o re-coñecemento gozoso de formarmos parte dunha xenealoxía de escritoras. Elas, as mulleres de sempre homenaxeadas neste libro e tamén moitas outras, escribiron as primeiras páxinas dun discurso literario que hoxe é xa coral e polifónico. Seis máis seis. (…) E privilexio é tamén o de termos unha literatura que recoñece unha escritora como figura de referencia indiscutible. Todo empeza sempre con ela. Con Rosalía. A única. A primeira. A pedra angular que terma de nós. Cantas ilteraturas no mundo empezan así?

É Susana Sanches Arias quen escolle a Luísa Vilalta pra escribir esto sobre ela:

“Isto também é uma mulher que resiste. (…) Uma meningite tronçou a árbore matriz, porém os enxertos eis os estão, versos que são ar. Versos que respiramos. Porque as que lemos somos nós, mulheres que resisten. “

Esta é a introducción que María Canosa fai da súa obra (Luísa Villalta, melodía de palabras, Xerais 2024), relacionando toda a súa vida e produción literaria coa MÚSICA, centro tamén da vida da autora:

PENTAGRAMA

O pentagrama é o conxunto de cinco liñas (equidistantes e paralelas) e catro espazos entre elas que serve para escribir música. Tamén se denomina “pauta musical” ou só “pauta”.

A pauta tamén é o modelo ou norma que debe seguirse co obxectivo de acadar un bo resultado.

O pentagrama define máis liñas que espazos, máis guías ca liberdade. Tamén podemos entender que é igual de importante a liña ca o espazo… Do que non hai dúbida é de que o pentagrama marca o inicio, o camiño, a base da historia musical, da partitura… Con el comeza tamén esta melodía de Luísa Villalta, unha melodía de palabras.

Un Poema de Luísa Villalta:

ROUPA

Hoxe ventín a Cidade como todos os días
e saín polas rúas procurando un abrigo
Non consigo saber onde puxen o día de onte

Quixá estexa no armario da habitación reformada da casa
ou no patio onde cultivei os meus primeiros cuarenta anos secretos

A Cidade constantemente adolescent
pola mañá sen maquillar
repasa as miñas medidas
na obras que todos os días comezan
nos autos de horizontes perpendiculares
na chuvia que tinxe a terra da cor do meu chapue

para vestirme
coa roupa tentadora dos trinques
cos ollos vacunos dos televisores
e dos viciños de cotidiano domingo
que non ven, que non poden ver, que nunca crerían que visen
como vou tan núa pola rúa


De En concreto (2004)
Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *