El idioma galego formará parte da Oficina de Soporte de Linguas da Unión Europea (OLS)

El goberno español pide que el galego forme parte del sistema OLS da UE (The Online Language Support -OLS-)

A Comisión europea estudia incluír el galego, el catalán e el euskera na plataforma de aprendizaxe de linguas ‘online’ da Unión Europea, pensando especialmente nos estudiantes del programa Erasmus e nos Corpos Europeos de Solidariedá, millorando os coñecimentos del idioma destos colectivos.

Ante a petición de varios eurodiputados/as, Mariya Gabriel -Comisaria europea de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Xuventú- confirmou que xa recibiu a petición formal del Estado español de incluír estos tres idiomas na antedita plataforma e que son conscientes dos “perxuicios” causados por “esta exclusión”.

“A Comisaria Gabriel dixo ser consciente de que as linguas cooficiales de España non solo tán mui vivas e presentes nas respectivas comunidades autónomas, sinón que tamén son linguas de aprendizaxe nos sistemas educativos destas comunidades”..

Tamén afirmou que “el interés por ofrecer apoio lingüístico aos estudiantes que participan nestos sistemas educativos é algo comprensible”, por lo que el Executivo comunitario xa ta “estudiando a posibilidá de incluír estos idiomas del Estado español.

A Comisaria Gabriel mostrou el agradecimento da Comisión ás rexiois, pola “colaboración ofrecida neste obxectivo”.

Desde Axuntar recibimos con alegría esta noticia pró denunciamos outra opotunidá perdida ou non aproveitada como é debido pola administración asturiana por non ter reconocida a oficialidá das linguas de Asturias e, nel noso caso, manter fóra de todas as ventaxas e recursos europeos cos que conta el idioma galego aos falantes e posibles demandantes asturianos de dito idioma que, seguindo el rigor científico, tamén é lingua propia de Asturias.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *