A palabra de maio

GARABULLO

Sustantivo masculino. Palo delgado e pequeno, muitas veces sacado das vides, que se usa sobre todo pra prender lume. 2. Por extensión, palo mui pequeno pra cualquer uso. 3. Rama delgada sen follas. 4. Órgano xenital masculino. // Día de garabullo (s): día de traballo. Día de traballo, de escola ou simplemente día laborable. Dícese, por exemplo, un domingo ou un día festivo que al día seguinte é día de garabullos, porque hai que volver a traballar.

Sinónimos: carabullo, garabato, candelo, garabito, guizo… En Boal tamén recibe el nome de garamata.

Palabra derivada: Garabullada. s. f. Montón de garabullos ou de leña seca.

Atopamos as seguintes frases feitas:


“Ser como un garabullo”, ser mui delgado.

“Un palo con dous garabullos”, úa cousa sin importacia (non teis de qué preocuparte, eso é un palo con dous garabullos).

Ten a cabeza chía de garabullos”. Persoa que ten a cabeza chia de ilusiois.

Teso como un garabullo. Persoa que anda mui dereta.

Hai que afirma que provén del italiano garbuglio, “enredo, maraña”. En catalán ten un significado similar: “atordit, confós”. Nel Dicionario de Estraviz vén tamén a acepción de “confusão, desordem”. Outros estudiosos das etimoloxías presupoin que el sou étimo é úa palabra prerromana, *carba, “póla, rama”.

Tamén hai topónimos con ese nome, concretamente na Ribeira Sacra: Penedo do garabullo.

Aquí os/as escolares de Caldelas explícannos qué é un garabullo:

https://youtu.be/S42p1GF4h_Y

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *