El Faro de Tapia

Comunicado de AXUNTAR, asociación prá normalización del galego de Asturias en relación coa visita a Tapia da Conselleira de Cultura e Política Lingüística, Berta Piñán, pra anunciar el proxecto de acondicionamento del faro de Tapia como residencia artística, así como el nome de dita residencia: “Al Faru”.

Sin puer en cuestión el interés que  sen duda ten a iniciativa que se propoin levar a cabo as distintas Administraciois pra darlle un uso cultural al edificio, e considerando a importancia da cultura como un factor fundamental e imprescindible pral futuro da comarca, esta Asociación non pode pasar por alto el feito de que el nome proposto ningunea el idioma propio da comarca de Asturias onde el mismo se atopa, que é el galego-asturiano ou galego de Asturias. Sendo así, a denominación a utilizar sería, en todo caso, “Al faro”. Analogamente, se a instalación proxectada tuvera situada, por exemplo, en Candás ou en Llastres, é evidente que “Al faru”  resultaría ser el nome axeitado.

Non podemos tampouco pasar por alto lo seguinte:

  1. A proposta faila publicamente a Conselleira de Cultura de todos os asturianos e asturianas, da que cabe esperar (incluso á que cabe esixirlle) respecto a todas e todos os falantes dos idiomas propios de Asturias, non sendo un bon exemplo non respectar el idioma propio da comarca al hora de crear un novo espacio cultural nun lugar unde hai un absoluto consenso cientifíco sobre el carácter gallego-portugués del idioma propio. Queremos pensar que  a Conselleira non ten voluntá de deslexitimar al galego que se fala en Asturias e que se trata dun simple despiste.
  2. El gallego de Asturias é un Patrimonio inmaterial importantísimo de Asturias, pero tamén un idioma vivo minorizado que necesita úa espacial tutela e protección, e non debería haber institución pública na zona, especialmente as de carácter cultural, que non lo tuveran como idioma vehicular.
  3. Según  regulación legal das linguas propias de Asturias, inda carecendo de estatus legal de oficialidá, el galego de Asturias, igual que el asturiano, conta coa protección del reconocemento estatutario a través da Lei 1/1998 que desenvolve el Estatuto de Autonomía del Principado, e da tutela ou  contido que con valor de lei  ten a Carta Europea de Linguas Rexionales Minoritarias, según a interpretación da mesma feita recentemente  polo  TSX de Galicia e tamén polo  Tribunal Constitucional. Esa carta Europea, é un tratado ratificado polo Estado español e   contempla  el respeto del ámbito xeográfico de cada idioma rexional minorizado.
  4. A protección del ámbito lingüístico territorial de cada idioma (el galego e el asturiano)  non implica que non se lles poda reconocer  el rango de oficiales a nivel de Comunidá Autónoma, se así lo decide algún día a Xunta del Principado e el Parlamento del Estado e, polo tanto, non hai problema ningún, todo lo contrario, en que úa institución de ámbito asturiano radicada na Asturias de fala galega teña un nome acorde coel idioma propio del territorio.
  5. A Conselleira non desconoce todos os puntos mencionados, anque en Axuntar non teñamos asta el momento muitas probas de sensibilidá e aprecio de Berta Piñán  pola  nosa lingua (inda tamos esperando ser recibidos por ela, como nos comunicou el Presidente Adrián Barbón xa vei pra tempo -nun correo electrónico del 16 de decembro de 2021-). Temos que decir que  nas  respostas ás nosas comunicaciois  feitas ou firmadas pola conselleira, nunca utilizou el gallego de Asturias.
  6. A pesar de todo, reivindicando os nosos deretos como falantes, esiximos que a denominación proposta, “Al faru”, seña sustituida por “Al faro”, ou outro nome que poña en valor a toponimia en atención tanto á realidá lingüística, á legalidá e, en última instancia, al sentido común.
Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *