Por Begoña Martín Acero
Desde outro mar
Vivo nel Océano Atlántico -nel chamado golfo Ártabro- desde hai muitos anos.
Un mar que baña úa terra na que se fala úa preciosa lingua derivada del latín: el Romance galego-portugués.
Pero máis alló, noutro mar, nel Cantábrico, hai outra terra que tamén ten esa mesma lingua inda que pertenece administrativamente a outra Comunidá Autónoma. É precisamente esa terra a que me abriu multitud de portas: a un traballo, a úa vivenda, a úa familia, a amigxs, a compañeiros/as, al mar, al bosque atlántico, á escritura, á cultura… a toda úa vida. Desde aquí vei el meu agradecemento al Eo-Navia, a mía terra natal.
Estudiei en Boal (Eo-Navia, Asturias) durante a mía infancia e parte da mía adolescencia e, anque a mía lingua materna non foi el galego de Asturias (meus padres eran foráneos, “venideiros”), al meu alredor lo que se falaba e eu escuitaba ben atenta, era el galego. Os meus compañeiros e compañeiras de escola e academia (inda non existía el instituto que agora hai) que vían das aldeas cercanas al centro neurálxico que daquela era Boal, trían consigo os “bus días”, “peime que lo tein él”, “envolorteime núa bidureira”, “hasta llougo”, “baxamos por el carreirín”, “tirámonos al rebollón?”, “as nenas que choran chámanse choramicas”, “os cullaríos e os rascacheiros hailos por a Carballeira”… e tantas e tantas palabras e expresiois máis que iban quedando -al xeitín, “espacín”- nel meu interior.
Anos máis tarde fun estudiar á capital del Principado e allí fun “a gallega”, frente ás “a de Xixón”, “a da Cuenca minera”… Algo bulía xa na mía cabeza. E chegou un momento nel que decidín marchar a Santiago de Compostela e apuntarme na Facultá de Filoloxía pra rematar lo que tía comenzado en Asturias -Filoloxia Hispánica- e fer úa nova especialidá -Filoloxía galego-portuguesa-. Al chegar á comunidá galega dinme conta que ese era el meu lugar. Volvía tar na casa. Lingua, gastronomía, carácter, sentimentos, música, poesía, literatura, cultura…, todo me resultaba familiar. Non había fronteiras. Asta a retranca, que nada máis chegar atopei, érame conocida.
Gracias a non ter tido prexuicios lingüísticos na infancia e adolescencia, gracias a tar atenta a todas as palabras que escuitaba na calle, na escola e na mía propia casa a úa persoa mui querida e importante na mía vida, fun capaz de adaptarme sen problemas, de acabar úa especialidá preciosa, de saber que todo lo que estudiaba xa taba -ordenado, non descolocado- na mía cabeza. Todo taba dentro de min. E todo salíu, fluído, suave, “amodiño”.
É muito lo que lle debo a esta terra ártabra e tamén á terra que me indicou el camín pra chegar a ella, desde outro mar.
Begoña Martín Acero, 13-3-23